- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 05 Xullo 2010 05 Xullo 2010

Uns rudimentarios graderíos dos anos 80 permiten á aficción contemplar a maxia futbolística do FCB
Da mesma maneira que o santuario espiritual dos indios Hopi atópase nas mesetas desérticas de Nuevo México ou o da Tribu dos Navajo nos cumes nevados de Arizona, o gran templo sagrado do fútbol camariñán radica no Monte do Cotro: un descampado na marxe dereita das alturas que levan ao centro urbano do Lugar do Cotro polo que prácticamente pasaron tódalas xeracións balompédicas da Vila dos Encaixes. E nembargantes pese a toda esta traxectoria gloriosa e antiga continúa o abandono e descoñecemento das diversas administracións públicas ante o máis histórico dos estadios da Costa da Morte. Nestes tempos nos que diversos e remozados campos de herba artificial brotan como fungos por toda a Costa Atlántica ou no que a Xunta de Galicia vai a invertir un millón de euros nun Campo de fútbol en Caión, tivo que ser a propia Federación de Buría a que tomara cartas no asunto para que a cada vez máis numerosa hinchada do Football Club Buría (FCB) dispuxera duns rudimentarios graderíos dende os que poder seguir tódolos domingos as evolucións maxestuosas, preñadas de fútbol de toque e clase, dos héroes fútbolísticos buriáns. Uns bancos de madeira, certamente destartalados, daqueles que inundaron as rúas de Camariñas nas épocas do Bautista alcalde e que seguramente languidecían nalgún oscuro e lóbrego depósito municipal foron o lugar ao que, seguindo as tradicións das tribus indias da meseta norteamericana, acudío este domingo 4 de xullo de 2010 unha agradecida camarinas.eu para realizar a correspondente ofrenda espiritual pola gloriosa clasificación por vez primera na historia da Selección Española a unhas semifinais dun Campeonato Mundial asistidos polo auténtico Hombre-Medicina (Medicine Man), o gran chamán, do fútbol camariñán: o noso querido amigo Pino, que en funcións de porteiro exhibío toda a súa maxia, increíble demostración de hechicería balompédica, baixo os paus.
Comentarios
Pano de pirata nos miolos
Coa sua mirada de gloria perdida?
No horizonte agarda a embestida,
Por si arremeten con anacos de bolos.
Mais? rexeita a retaguardia, confiado,
Dos ataques que planea a piratería,
E, polas silveiras quedará a sangría,
Correndo polo campo escarallado.
Antonio Puertas
Ao meu amigo PINO pa que non se fie.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.