Jose, Marcos, Pedro, Diego e Jose Antonio, os integrantes do Fondo Norte do Café Bar Arnela
Jose, Marcos, Pedro, Diego e Jose Antonio, os integrantes do Fondo Norte do Café Bar Arnela

Un soño feito realidade

Un redactor que o presente subscribe tivo o seu bautismo futbolístico de fogo contemplando a esperpéntica actuación de España no lexendario Mundial de 1982 e ao longo dos anos fui asistindo entre impotente e cariacontecido ás sucesivas e inevitables eliminacións da Selección Española nas grandes citas mundialísticas e eurocoperas, case sempre adobadas de motivos chuscos e ridículos, polo que nunca creío que os seus xa mui allados ollos puideran ver un día o que viron cara ás 10:15 do mui histórico 3 de xullo de 2010 no Café Bar Arnela. España clasificándose para unha semifinais do Campeonato Mundial. Nembargantes, dous anos antes nese mesmo local paradigmático do Distrito de Corea contemplou como España vencía a potente Alemania na final dunha Eurocopa.

Efectivamente nas grandes citas cumpre envolverse no ambiente máxico, especial, do Café Bar Arnela. Rodeados dun sabio senado futbolístico, formado en parte por ex-xogadores míticos do fútbol da Costa, como por exemplo un Manolo do Panadeiro que soubo profetizar no partido que enfrontaba a Uruguay con Ghana que un xogador tan desprestixiado futbolísticamente por estes lares como Washington Sebastian Abreu (aquel que formou unha letal dianteira do Deportivo xunto ao Manteiga Martínez) tiraría o seu decisivo penalty ao estilo Panenka; ou do noso querido veciño de Corea J.A., o gran animador das citas decisivas; ou do canciño talismán Bénder: todo fui ir bicalo e marcar ipso-facto Villa. E todo elo logrouse tras un partido no que sufrimos como condenados e no que os epítetos e adxetivos calificativos referidos ao árbitro guatemalteco (¿?) e a un novamente desdichado Fernando Torres inundaron o local. Parte do soño de toda unha vida está cumprido. Agora toca Alemania ás 20:30 horas do mércores 7 de xullo de 2010, festividade de San Fermín. No Café Bar Arnela,obviamente

Comentarios   

Duane Duke
+2 # RE: Mundial Sudafrica 2010: España-ParaguayDuane Duke 04/07/2010 13:22
Pois si señores, así fui, un soño feito realidade, supoño que muitos me ganarán en tempo de espera por estas semifinais mundialistas pero dende que teño uso de razón levo apoiando a nosa España a todos os eventos que vai e canto peor é o equipo noso mais animo e mais toleo, o de onte fui unha noite máxica, a noite de San Iker Casillas (¡Ke 2 paradas me cago en ñossss!) ou a do gol de David Villa. Solo espero que o mellor Fernando Torres (meu ídolo futbolero) apareza apartir de ahora porque nese partido a vida ou morte contra a temible Alemania de Low vainos facer falta toda a nosa artillería. ¡Vamos España! ¡Seguide facéndonos soñar!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
+2 # RE: Mundial Sudafrica 2010: España-Paraguaykinos 04/07/2010 14:07
de momento estamos entre os 4 mellores do mundo,somos os campeons de europa.ahora xa todos nos temen
Responder | Denunciar ante o administrador
jesus
+2 # somos os cuartos do mundojesus 04/07/2010 20:19
por ahora somos os cuartos do mundo que esperemos que seamos os primeiros pero si non pasamos as semifinales nonme queixo almenos quitamos a meija de non pasar de cuartos esperemos que o mundial sea de españa que o meresemos eu xa me conformo estar por diante dos grandes como inglaterra italia francia argentina brasiil e faltanos alemania e holanda que estan en semis aver si pasamos
Responder | Denunciar ante o administrador