Chuny Bermúdez entregará as medallas este sábado no CNC

Na entrega de medallas deste sábado estará presente o navegante menos que Chuny Bermúdez de Castro
Na entrega de medallas deste sábado estará presente o navegante menos que Chuny Bermúdez de Castro

Dende a directiva do Club Náutico de Camariñas envíannos unha nota de prensa na que se nos informa sobre a vindeira etapa da Liga de Vela Costa da Morte e que será celebrada este sábado 26 de xuño nas augas da Ría de Camariñas. Nesta edición cabe destacar que participarán os equipos de regata dos clubs náuticos máis importantes desta costa cunha notable igualdade e co equipo de regatas do CNC a tope. Ao finalizar a carreira os participantes poderán desfrutar dun máis que merecido ágape nas instalacións do CNC e despois terá lugar a entrega de medallas presidida por Chuny Bermúdez de Castro, un experto navegante cun impresionante curriculum que de seguro que será un perfecto exemplo para motivar máis aínda aos nosos rapaces. Pulsa na imaxe para ler a nota que nos envían dende o CNC.

Nota da web do CNC

O vindeiro sábado, 26 de xuño, celebrarase en augas de Camariñas a Regata CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS, pertencente á liga Costa da Morte, na que participarán os principais Clubs Náuticos desta parte da Costa Atlántica. A organización da regata conta cun invitado de excepción, o regatista coruñes de fama internacional, Roberto Chuny Bermúdez de Castro, que entregará as medallas aos gañadores e intercambiará con todas as tripulacións as impresións e experiencias acumuladas ao longo dunha xornada de navegación que se promete tan intensa como competida.

A biografía de Chuny e a súa palmarés como navegante é sinxelamente espectacular: Catro voltas ao mundo, dúas veces participante na Copa América, unha Olimpíada (Atenas 2004), campionatos do mundo, os seus éxitos como regatista na clase *Star, medalla de prata na Semana Olímpica de Barcelona en 1999, varias Copas do Rei e as regatas máis importantes da vela de alta competición, ademais de Capitán do equipo Caixa Galicia, que tantas satisfaccións deu á vela galega en probas importantes.

Pola súa banda, o Club Náutico de Camariñas, que este ano estrea equipo de regatas renovado e comandado pola instrutora Fátima Campaña, espera continuar a súa liña ascendente e de bos resultados cultivados ata a data.

Tras a entrega de medallas, prevista para o cinco da tarde, ofrecerase un merecido ágape a todos os participantes e asistentes.

Fonte: Web do Club Náutico de Camariñas


 

Engadir un comentario