3.6451612903226 1 1 1 1 1 Rating 3.65 (62 Votes)

Un camariñán no Deportivo da Coruña

Javi Valencia, xunto co seu irmán, un amigo e unha leyenda do futbol español, o xogador do Depor Fran
Javi Valencia, xunto co seu irmán, un amigo e unha leyenda do futbol español, o xogador do Depor Fran

En toda a Costa da Morte é ben sabido que a canteira futbolística de Camariñas é un recurso caseque inesgotable levando a dicir a moitos adestradores da zona aquela famosa frase que rezaba o seguinte: "en Camariñas salen os xogadores de debaixo das pedras". Nas mentes de gran parte dos aficionados desta franxa atlántica están presentes os míticos equipos daquel poderoso FC Camariñas dos anos 70 e 80 que conseguío chegar a Rexional Preferente cun equipo composto exclusivamente por homes da Vila dos Encaixes. Tamén podemos nombrar aquelas dúas Copas da Costa consecutivas que gañou un dos mellores equipos habidos e por haber na Costa da Morte: o FC Camariñas dos 90 formado por leyendas vivas do fútbol  da costa como Juanillo, Jose de Marta, Guillermo, Gerpe, Gonzalo, Pepucho, Tono do Atántico e outros tantos crakcs que conseguiron elevar un pouco máis o listón deixado polos Jamela & Company cun fútbol espectacular cheo de maxia e remate goleador. A partir desta xeración  dos 90 ben poucos éxitos se poden contar no fútbol camariñán sin que ninguén sepa moi ben cal foi a causa aínda que poda sospeitarse.

A escepción nesta estadística procede da prolífica canteira que "As Baleas", dirixida polos nosos queridos amigos Vicentiño, Gerpe e Faus, posúe en plantilla con moitos rapaces destacados no Deporte Rei. Unha das máis preciadas perlas que colleitaron os responsables de As Baleas chámase Javi Valencia Vigo que, tras pasar pola aprendizaxe da canteira do clube camariñán como porteiro, foi fichado polo elitista equipo do Calvo-Carballo e desde o cal dou o salto definitivo fai unhas semanas ao Deportivo da Coruña Benxamín, no cal está nunha temporada de proba duns 2 a 3 meses. Este rapaz, fillo de Mary Vigo do Taller Unión e do seu marido Joaquín de Muxía, aínda que a veces se mostre un pouquiño nevioso polo trascendental desta proba-fichaxe polo deportivo xa xogou o seu primeiro partido e podemos dicir que cunha gran actuación e facendo paradas de gran mérito. O caso é que gracias á labor altruista dos adestradores  e responsables de As Baleas así como do apoio dos pais dos rapaces que xogan neste clube camariñán moitos pequenos poderán aprender a xogar a este gran deporte e poderán tamén algún día seguir Conservando así o legado dos míticos equipos de Camariñas daquelas tres décadas de ouro: 70, 80 e 90. Sorte Javi!!!

Comentarios   

lee
+2 # RE: Javi Valencia Vigo, Xogador do Deportivo da Corunalee 23/06/2010 18:52
ANIMO CHAVAL, HE SUERTE QUE VOA FALTA FAY .PODES CONSEGUILO NON SOLO OS DA CORUÑA SABEN XOGAR
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+2 # RE: Javi Valencia Vigo, Xogador do Deportivo da CorunaMikel 23/06/2010 20:59
Xa era sabido...o q nn se sabia é cando o acabarian chamando porque este chabal é un fenómeno..ten madeira de porteiro de pez a cabeza....sorte Javi e un saúdo a teus pais(pode ser q algun q outro poida despuntar nesta xeración de pequenos do balompé)...q o deporte perdure sempre de novo,moitissima sorte JAVI
Responder | Denunciar ante o administrador
Enrique
+2 # javi valencia vigoEnrique 25/06/2010 13:42
Javi, son rique o teu chofer preferido, deseo
que teñas muita sorte na tua proxima etapa,
e xa nos veremos por eses campos de dios porque
sejuro que asi sera.SUERTE JAVITO ATI E A TEUS
PAIS.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # RE: Javi Valencia Vigo, Xogador do Deportivo da CorunaBeldoña 26/06/2010 00:16
ANIMO CHAVAL, que tes que chejar moi lonxe.Me alegra que os rapaces do meu pueblo triunfe.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
juanesteban
+2 # javi valencia vigo xogador da coruñajuanesteban 26/06/2010 09:53
vamos javi qe ti
podes
Responder | Denunciar ante o administrador
ramos22
+2 # Javiiiramos22 04/07/2010 18:51
Son jorge teu primo enoraboa vas chejar alto xa veras veña k ti podes
Responder | Denunciar ante o administrador