3.8888888888889 1 1 1 1 1 Rating 3.89 (54 Votes)

Cenas de Campeonato 

A imaxe do escándalo: o xuiz de mesa festexa o trofeo do tercer clasificado ante unha prensa muda
A imaxe do escándalo: o xuiz de mesa festexa o trofeo do tercer clasificado ante unha prensa muda

Cando cara ás 21:00 horas do sábado 29 de maio de 2010, o mesmísimo Alcalde de Camariñas entregaba a Álvaro O Moriño o trofeo que convertía ao Expert Ameal en campeón indiscutible do torneo copeiro máis multitudinario e esixente da Costa Atlántica, dábase oficialmente por finalizado o primeiro ano de existencia da Liga, despois Copa, de Veteranos de Camariñas, e algúns dos diversos equipos contendentes decidiron festexar por todo o alto a súa participación na edición pioneira do maior éxito organizativo do deporte camariñán en décadas. Este foi o caso dos dous finalistas, o Moleda/Darío e o Expert Ámeal, que celebraron unha cea conxunta de confraternización no bodegón por excelencia de Buría, pero sobre todo a enchenta definitiva ca que o Presidente do tercer clasificado, o Puerto Arnela, recollendo o mellor do legado de grandes estadistas e visionarios do fútbol mundial como Ramón Mendoza, Jesús Gil ou César Augusto Lendoiro, decidío agasallar aos seus esforzados pupilos. Unha festa culinaria na que diversos e infinitos mariscos de area e pedra fluiron pola mesa da mesma forma que as paradas antolóxicas de Tito ou os pases de la muerte do Rocco, o Gran Maestro del Bon Vivir, deslumbraban sobre o campo e que fan difícil imaxinar o que o Presidente tería preparado para os seus chavales si estos chegan a gañar a Copa. Con todo, e ante as diversas sospeitas surxidas nestes últimos tempos e o clima de corrupción xeralizada que preside esta España destartalada dos nosos días, surxen unha serie de inquedantes incógnitas: ¿que facían na citada cea o responsable de mesa e o xuiz de línea da final e das semifinais? ¿estamos ante un escándalo de corrupción masiva e múltiple que fai necesaria a intervención urxente da Fiscalía do Estado? ¿e a presencia dun representante do medio de comunicación oficial do torneo? ¿destinada a semellanza dos medios afíns aos grandes partidos políticos a tapar mediáticamente os diversos escándalos cunha programación basada en vodas, bautizos e comunións? ¿foi a cea do 29 de maio o fin do xornalismo independente en camarinas.eu? ¿vendíose a alma do líder mediático da Costa Atlántica por unha suculenta mariscada? Eso poderían reflexar as imaxes dunha opípara cea á que, lamentablemente, só lle faltaron uns habanos cos que recrear as palabras do polémico Stoitchkov: "Fuma Mendossa...".

 

Engadir un comentario