- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 03 Xuño 2010 03 Xuño 2010
Amplio e variado foi o repertorio de persoaxes interpretadas polo actor Robert Redford ao longo da súa carreira: fuxitivo en "La Jauría Humana", xoven esposo namorado en "Descalzos en el Parque", bandido profesional en "Dos Hombres y Un Destino"... ata que en 1984 e da man do director Barry Levinson tocoulle dar vida a unha veterana estrela do deporte profesional no film "El Mejor" (The Natural). Tratábase da historia dunha xove promesa do baseball americano, Roy Hobbs, que tras un desgraciado percance que bota a perder nos seus inicios a súa carreira só reaparecerá tras unha misteriosa desaparición de 16 anos para probar, xa maior, sorte nas Ligas Maiores, logrando facer campeón este veterano debutante ao seu equipo os New York Knights. Algo de reinvidicación do varón de mediana e avanzada idade que desperdiciou futbolísticamente a súa xuventude tivo o torneo que logrou convertir cada domingo durante un ano o Pabellón de O Areal nun xeriátrico futbolístico. Templo ao que as masas acudían gozosas para contemplar as evolucións maxestuosas duns veteranos dos que na maioría dos casos nada se soubera en termos futboleiros ata o día no que lograron ateigar graderíos e ser os grandes protagonistas de artísticas crónicas deportivas. Dase por finalizada a primeira edición dun torneo que foi un pracer retransmitir para o gran público da Costa da Morte, concebindo en colaboración ca Organización as crónicas como un divertimento, que se plasmou nunha serie de noticias que acumularon decenas de miles de visitas, que chamaron a atención dos grandes medios e que tivo como fermoso epílogo unha xusta homenaxe aos veteranos do mellor FC Camariñas da historia encargando a tres dos mesmos entregar uns trofeos que convertían ao Expert-Ameal en campeón. Campeón da Liga, agora Copa, de Veteranos de Camariñas. En definitiva, O Mellor do que falaba aquel film de 1984. O Mellor do maior éxito deportivo no Concello de Camariñas en décadas.
En fin despos de estas reflexións idiotas vamos ao tema que en verdad nos importa. O tercer e cuarto posto fui un partido sin demasiadas ambicións, a falta de aljén que puxera lume ao asunto xogouse un partido entre amigos, amigos de pachangas e que acabou sin unha sola falta no casillero. Ganou o Arnela como podía ganar o Capelo, pouco importaba o resultado donde os dous equipos que disputaban o partido xa estaban satisfeitos por haber chegado a semifinales. Para ningún xogador dos que ese día xogaron fui un fracaso ou unha vergonza disputar o tercer posto.
A final fui o clásico partido entre dous equipos que se xogaban a temporada: o favorito, O Moleda, adiantouse no marcador por medio de Nando, pero pronto os homes de Ameal que correron máis ao longo de todo o partido se adiantaron no marcador a base de esforzo e empeño. Os dous equipos tíñanse respecto e os dous nadaban e gardaban a roupa, o Moleda dispuxo de un doble penalti que non aproveitou e inda que faltando dous minutos púsose a un gol do empate non dou tempo a máis e o colegiado do encontro, Papucho, pitou o final do partido e da temporada. O Expert Ameal e xusto vencedor da Copa de Veteranos, deixando polo camiño a equipos tan importantes como Os Boliños, Arnela e na final o candidato ao doblete o Moleda/Dario.
PICHICHI: Nando (Moleda)
MELLOR PORTEIRO: Tito (Arnela)
MERITO DEPORTIVO: Papucho (Colegio de Lingunde)
Hotel Puerto Arnela – Capelo Kerubin 4-3
Bar Moleda/Dario - Expert Ameal 2-3
CAMPEON: Expert Ameal
2º CLASIF.: Moleda/Dario
3º CLASIF.: Puerto Arnela
4º CLASIF.: Capelo Kerubin
Comentarios
Jrasias Diego pola foto 120,mima que sobriña más juapa teño...un abraso camariñans.
Viva o Moro y la madre que lo pario.
Saludos desde Argentina.
Sobre as nominacións a mellor porteiro,xogado r revelación, tal e cual..haberá opinións para todos os gustos pero a un tiñalle q tocar..Tito é un espectáculo velo tanto baixo os paos como diante..está feito un toro...por ejemplo para min,o pouco q entendo de fútbol,o xogador q máis destacou(a parte de Nando claro está,nn solo polo q xoga senn polo q coloca as lineas do equipo),foi Piché ou incluso Alberto de Pta Capelo(pola súa técnica),pero xa dixen,opinión dun q nn sabe muito desto...Felicid ades Ameal e tamén aos q organizaron e fixeron posible esta competición...a li se pasaron moi bos momentos e sanos deportivamente falando...Firma Mourinho
Pero grasias o Moro por luchar para formar o equipo, pero tampouco non quero deixar atras a Ameal por patrocinar o equipo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.