3.8292682926829 1 1 1 1 1 Rating 3.83 (41 Votes)

Novos triunfos da vela camariñana 

Daniel contento e feliz no acto de entrega de medallas celebrado na Casa do Concello de Muxía
Daniel contento e feliz no acto de entrega de medallas celebrado na Casa do Concello de Muxía

Relativa á cuestión esta de "Muxía, final do Camiño", pois aquí non queremos ser irrespetuosos, tal vez non sexa a nosa guerra, pero por unha mera cuestión de sentido común... en fin... O caso é que este sábado 28 de maio de 2010 celebrábase polo Club de Mar e Náutico de Muxía dentro da Liga da Costa da Morte de Vela a regata "Muxía Porto Xacobeo" e alí participaron os representantes de Fisterra sen maiores problemas e incluso posteriormente no acto de entrega de premios celebrado no Salón de Plenos da Casa Consistorial, o noso gran amigo Félix Porto, alcalde muxián, tivo unhas acertadas palabras ao respecto: "Non pode haber tensións por nimiedades". Aquí dende camarinas.eu, como web líder do ciberespacio atlántico, reincidimos nesas palabras facendo unha chamada ao irmanamento entre todos os concellos desta illada e olvidada Franxa Atlántica. Xa polo que respecta á actuación dos nosos, a tripulación formada por Helena Ramos Campos, Jaime Busto Espasandin, Marcos Amigo Rial e Adrián Barcia Pensado obtivo o primer posto en Clase Omega, engadindo un novo triunfo ao seu plamarés. Na Clase Optimist, Carlos González Pasantes e Daniel Lado Campaña quedaron en segundo e cuarto posto respectivamente. Todos eles foron felicitados efusivamente polo alcalde muxián cunhas agarimosas palabras unha vez finalizado o acto de entrega de medallas.

Engadir un comentario