4.2 1 1 1 1 1 Rating 4.20 (55 Votes)

A  gran final do torneo de masas da Costa da Morte terá lugar este sábado ás 20:00 horas
A gran final do torneo de masas da Costa da Morte terá lugar este sábado ás 20:00 horas

A atraínte estética das derrotas gloriosas  

Visto o acontecido na derradeira xornada da Liga, agora Copa, de Veteranos de Camariñas cómpre recordar unhas verbas da principal persoaxe saída do maxín de Don Ramón María del Valle-Inclán, aquel Don Juan católico, feo  e sentimental  que era o Marqués de Bradomín. Creemos que no terceiro volume das "Comedias Bárbaras", unha vez achegado pola súa terra para ver de vender unhas leiras cas que financiar a moribunda causa militar que se desangraba alá no norte, depois dunha longa vida de amores desgarrados e fatais, de exilios e vagabundeos polo mundo e de derrotas bélicas sucesivas e pírricas, amargamente recordaba que "en mi juventud me enseñaron que una derrota gloriosa equivale a una victoria". Tal vez desta maneira, avellentado e derrotado, pretendía xustificar os descalabros militares eternos do Carlismo, a causa sacrosanta que se quedou sempre ás portas da nada, lastrada por derrotas bélicas imposibles, por decisións políticas descabelladas; a que convertío nun baluarte os territorios das Provincias Vascongadas, Navarra, Cataluña, e o Maestrazgo; a de "Dios, Patria y Rey"; a causa da rama lexítima da Familia Real; a da reinstauración dos fueros medievais; a que foi quen de gañar en Montejurra e Oriamendi; a dos vistosos uniformes militares: boina bermella, borla dourada colgante; a que foi dirixida polo maior militar que viron os séculos, Tomás de Zumalacárregui, ata que unha fatal bala perdida, rebotada nun balcón e disparada por un soldado ferrolán, cortou en seco nos primeiros días do sitio de Bilbao as evolucións dun estratega chamado a facer historia; a da expedición invicta ao longo de toda España do Xeneral Gómez, seguida a diario, rodeado do seus edecáns, do seu Alto Estado Maior, dende un laberíntico palacio peterburgués por un admirado Zar Nicolás I; a do sanguinario e felino Ramón Cabrera, "El Tigre del Maestrazgo", o caudillo que fixo correr ríos de sangue polo Reino de Valencia... A estética da derrota gloriosa foi o amargo consuelo que se viron forzados a degustar os equipos caídos ás portas do título do gran torneo de masas da Costa da Morte, os que oliscaron a gloria por un intre, como aquel que chegou a errar ata catro penais nun mesmo partido de semifinais. Nembargantes da causa dos mesmos non quedará nada ante a historia. Recordos que levará o vento.

CRÓNICA 

Por muitos anos que leves xogando a calquer deporte muy poucas veces tendrás opcións de chejar a unha final. Varios cúmulos de circunstancias teste que atopar no teu camiño, en principio contar con un bo equipo, conseguir que todos se leven ben, facer un conxunto, non un grupo de individualistas, despós de todo esto, que che respeten as lesións, e si consigues todo esto ven o máis difícil: o factor suerte, si careces deste ben báixanche as posibilidades de conseguir algo un 40 por cen. Unha final é o premio máis grande que pode ter calquer deportista que se precie, solo uns poucos teñen o previlexio de estar ahí, e inda que quedes as portas, e digas, para o ano si que chegamos, non e así, cada ano que pasa será máis difícil chegar, e cada ano pensarás en aquel ano que pudestes e non o conseguistes, pensarás si cheja ser hoxe correría o doble, mataríame máis, pero, pasou o día e pasou a romería, a lo hecho pecho. Dentro de uns anos de esta copa solo se recordará a final e os finalistas, e dentro de algúns anos máis tan solo se recordará o campeón da final, quedará na memoria tan solo o que alzou a copa, e preguntarase algún: ¿e a quen lla ganou?, e nadie recordará o finalista que a perdío.
Un achegado meu... meu fillo, un ganador nato e un mal perdedor (como todos os bos deportistas que se precien) sempre me di que os segundos son os campeóns dos perdedores, eu para consolalo dígolle que para ganar ten que perder aljén, pero no fondo sen que ten a razón, dos perdedores nadie se acorda, así que desde aquí animo a todos que van a disputar o máis importante partido de este ano, que den todo canto teñen, o premio pagará todos os esforzos, moitos deles seguramente non volverán a xogar outra final, ou quizas si, pero como esta asegúrovos eu, non, esta é, e seá a primeira, non a do medio nin a de despós, sinón a primeira.
MORO-AMEAL-DIEGO-AMERICO-PERILLA-J.RAMON-JAVIER E JOSE, por parte do Expert Ameal, e NANDO-PANKY-LITO-FRAN-DARIO-JHON e ROLANDO, por parte do Moleda/Dario, terán o privilexio de disputar a final da primeira Copa de Veteranos de Fútbol-sala de Camariñas. SUERTE TOREROS.

PARTIDOS VOLTA SEMIFINAL

Puerto Arnela - Expert Ameal 2-4 (4-6)
Moleda Dario - Capelo Kerubin 3-1 (9-2) 

3º-4º PUESTO E FINAL (SABADO 29/5/2010)

19.00 h. 3º y 4º PUESTO: Puerto Arnela - Capelo kerubin
20.00 h. FINAL: Moleda/Dario - Expert Ameal
Antes, ás 18.00 h. xogarán os Boliños co Bar Victoria 

POSCRÓNICA

Os equipos eliminados xa están pensando na próxima temporada, polos corrillos do malecón corren nombres, traspasos, cambios e planeamientos de cara a reforzarse inda máis si cabe para a temporada que ven. Decir desde aquí, que a organización ten pensado facer cara septiembre a segunda liga de veteranos, sempre e cando o concello teña ben a permitirnos usar de novo o pabellón. As reglas estarán pendientes de unha reunión entre os presidentes, entre elas discutirase o tema do menor e tamén o permitir entrar na liga aos veteranos do futbol, cousa que adelanto, vexo difícil. Todas as decisións serán por votacións e tan solo votarán os presidentes da primeira edicion (Liga non Copa) pois gracias a eles leváronse a cabo estas, tamén se dictarán novos estatutos, e en eles aclararanse as sancións, expulsións e veto a liga por insultos a todos os participantes inda que estén de público. Do que salga de esta reunión, que será no próximo mes, informarase na páxina oficial da liga: CAMARIÑAS.EU.



Comentarios   

samsam
0 # RE: Semifinais da Copa da Liga de Veteranos. Voltasamsam 28/05/2010 08:27
si señor somos internasionales , o sabado pola tarde futbol e despois pola nuite sena e movida jejejejejejejej
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.