4.2112676056338 1 1 1 1 1 Rating 4.21 (71 Votes)

Camarinas.eu fixo un importante esforzo este domingo para captar todas as imaxes dun día histórico
Camarinas.eu fixo un importante esforzo este domingo para captar todas as imaxes dun día histórico

Camarinas.eu procede a publicar a segunda parte da súa reportaxe adicada ao día máis importante na historia do balonmán camariñán, aquel no que a selección da mesmísima Inglaterra chegou a disputar nas nosas terras un encontro internacional contra un combinado galego e faino cunha superreportaxe da máxima calidade integrada por 250 fotografías que recollen todos os instantes dun día máxico e pola crónica dun dos mellores xogadores españois de balonmán e peza clave da Selección Galega: Víctor Vigo. Porque tan só o líder intratable deste pequeno recuncho illado chamado Costa da Morte podía ser quen de chegar a ter infiltrado nun evento do calibre do disputado este domingo ante uns graderíos ateigados do Pabellón de O Areal a un dos seus redactores, o cal aproveita para finalizar a súa crónica felicitando a Industrias Cerdeimar polos seu 125 anos de existencia, aniversario que ven a ser o feliz corolario de toda unha vida adicada a contribuir decisivamente ao desenrolo de Camariñas como concello e do balonmán como deporte. Felicitacións ás que se une a redacción de camarinas.eu.

Palabras para o Torneo

Importante iniciativa por parte de Industrias Cerdeimar e do concello que fixeron posible a realización dun torneo de gran categoría, onde se puido ver un balonmán de certo nivel e tamén a calidade de xogadores contrastados no deporte. Extradeportivamente, a xente que participou na convivencia, rematou contentísima co trato e ca vivencia en si, xa que pasamos un día moi ameno e divertido visitando os recunchos máis característicos do noso pobo.

Camariñas – OAR Coruña

Un bo partido do Boya, que estivo tanteando cun equipo da parte alta da primeira nacional. O aspecto físico foi a clave dun encontro que os camariñans levaban ben encamiñado ata que se lle acabaron as forzas. Os coruñeses máis acostumados nestas batallas viron esa fenda aberta pola cal lle fixeron moito dano e así gañar o partido. Destacar tamén a participación de Fabián e Cristian no conxunto coruñés, que xogaron a un gran nivel como o levan facendo todo o ano e ademáis tendo papeis principais no seu equipo.

Selección galega – Gran Bretaña

Aínda que comezamos moi ben o encontro, cun parcial abultado, a selección isleña, á que se lle vai notando a melloría a marchas forzadas xa que son bastante novos neste deporte, presentounos bastante guerra. Gracias os seus sistemas defensivos, moi profundos, e a intensidade que marcaban, foron capaces de reducir a diferencia e así ao descanso marchamos cun marcador axustado. Na segunda metade gracias o axuste defensivo e o gran día que tiña a nosa portería, fomos capaces de romper o partido e levalo con máis tranquilidade ata o remate do encontro. Así poideronse ver xogadas máis espectaculares cas que o público disfrutou de grata maneira.
Para rematar desexarlle un feliz 125 aniversario a Industrias Cerdeimar e en especial aos seus responsables Andrés Cerdeiras e familia que tanto fixeron por Camariñas e polo balonmán. Moitas felicidades e esperamos que polo menos cumplades outros 125 anos máis.


Comentarios   

Mikel
-1 # Noraboa fenómenosMikel 27/05/2010 14:39
quero felicitar a conservas Boya por este aniversario e por poder achegarnos iniciativas como as que poidemos presenciar no pavillón este fin de semana...non suelo ir moito a ver partidos de balonmán pero nesta élite deportiva,quede i asombrado co nivel da nosa selección galega...como non,o que máis me chamou a atención foron catro puntos en concreto;...un, a maneira de xogar de Victor Vigo(o camariñán por excelencia),a elegancia e entendemento cos seus compañeiros facendo amagos de tiro e deixando en bandexa o balón para o seu compañeiro libre de marca...o empuxe limpo e afinado co balón...nn me extraña q esteas na selección chabal,eres un fenómeno nesto.....o segundo,o tiro con enorme efecto en bote do número 10 q xogaba pola banda esquerda....o terceiro,o número 21 deles,da selección inglesa..o carácter q tiña e a rapidez ca q salia do equipo cando atacaban os seus e cando entraba para defender...asi mil veces durante o partido...por cuarto e último,o gran porteiro da selección galega...q fenómeno....par abens a tod@s
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.