3.8032786885246 1 1 1 1 1 Rating 3.80 (61 Votes)

Máis campeóns camariñáns

Aníbal e Jordi posan felices e orgullosos cas medallas que os acreditan como campeóns provinciais
Aníbal e Jordi posan felices e orgullosos cas medallas que os acreditan como campeóns provinciais

Se ben tradicionalmente o Concello de Camariñas foi unha terra que sempre dou excelentes xogadores de fútbol ("Camariñas e Fisterra, as vilas onde saen futbolistas de debaixo das pedras") e balonmán, non soía ocurrir o mesmo cun dos deportes que maior número de seguidores ten no noso país: o baloncesto. Esta situación ven de ser remediada nos Campeonatos Provinciais disputados na Coruña este sábado 8 de maio de 2010, onde un habitual das nosas páxinas deportivas se ben na categoría dos deportes de vela ata o de agora, Aníbal Pasantes, fillo da porteña Estela e do camariñán Ramón de Dulia, se proclamaba campeón provincial de baloncesto co equipo do Compañía de María de Santiago de Compostela. Prácticamente ao seu carón, nun día glorioso para o noso deporte proclamouse no ámbito do balonmán asemesmo campeón provincial co equipo da Escola Municipal de Camariñas Jordi de León, fillo de Luis de León veciño de O Allo na Ponte do Porto e de Beatriz, un título que  consolida aínda máis si cabe a hexemonía dos nosos no ámbito da Costa da Morte. Alí, no lugar e día de autos atopábase a nosa querida usuaria Estela que non deixou pasar a oportunidade de inmortalizar dous dos momentos máis importantes das vidas destes dous xoves campeóns camariñáns.

{multithumbs}
Image


Comentarios   

seran7989.
0 # RE: Campeonatos Provinciais A Coruña 2010seran7989. 23/05/2010 23:28
Noraboa os dous e que sijades recollendo medallas.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.