4.0625 1 1 1 1 1 Rating 4.06 (96 Votes)

O Expert Ameal, semifinalista por dereito propio no gran torneo de masas da Costa da Morte
O Expert Ameal, semifinalista por dereito propio no gran torneo de masas da Costa da Morte

Comisión de Sabios Expertos 

Foi Napoleón Bonaparte o que tras unha intensa vida de inacabables reunións de sobremesa, de intrigantes corrillos en gabinetes ministeriales e sucesivas campañas militares victoriosas chegou a unha acertada conclusión: "Si quieres que algo se demore eternamente, nombra una comisión". Esta frase atribuida ao vencedor de Leipzig, Jena e Austerlitz ven a suliñar o carácter directo, resolutivo e executivo da decisión individual do héroe, do caudillo, frente á indecisión, maniqueísmo e irresolución característica dos órganos colexiados. Sen embargo errores garrafais nambas formas de actuar a historia mostra unhas cuantas e así, por poñer un caso, na Campaña de Rusia de 1812 atopamos como aquelo que os franceses querían conseguir a toda costa, a conquista de Moscú, foi a súa perdición (exemplo de decisión personalísima e intransferible), mentres que o que os rusos trataron de evitar por tódolos medios, abandonar Moscú á súa sorte, foi a súa salvación (caso de decisión de órgano colectivo representado no Alto Mando Militar dirixido por Kutúzov). Probablemente nestas ironías do destino iría reflexionando amargamente Napoleón mentres retornaba polos campos xeados de Rusia tras arruinar un exército de 691.000 homes. Aquí en España temos exemplos tanto de gobernantes que practicamente en solitario levaron ao país á quiebra, como de comisións de cráneos privilexiados que para nin escombro valeron. Así, estaban os casos da Comisión de Investigación do 11-M ou o da comisión de sabios que tiña por obxecto elexir o modelo que reorganizaría RTVE. A estas dúas ven de sumárselles este último domingo unha incluso de maior relevancia: o comité de sabios expertos formado polos membros de todos aqueles equipos xa eliminados no Campo de Batalla de O Areal, que dende uns ateigados graderíos puxéronse a ponderar os méritos duns e outros e lograron evacuar  un sesudo dictamen do alí visionado. Con todo, este veredicto non agradou en toda a súa magnitude ao membro da Organización que foi quen de poñer en marcha o maior éxito deportivo en décadas no Concello de Camariñas (exemplo de decisión de órgano unipersonal), para despois, entre todos, lograr o maior exemplo de éxito mediático-deportivo da historia da Costa da Morte (exemplo de decisión de órgano colexiado).

CRÓNICA 

Vamos indo catro, vamos indo camiñando cara a final de Copa, atrás quedaron grandes promesas do futbol, grandes ilusións e muitos cabreos. Este domingo xogáronse os partidos de ida da semifinal da copa mais xogada (en tempo, xogo e partidos) de todas as copas, a temporada fui muy larga para os noventa participantes que deixaron sudor e lágrimas pola pista dos Areales, as forzas flaquean, e as lesións son cada vez máis habituales.
A primeira semifinal, que enfrentou ao Moleda/Dario contra o Capelo/Kerubin, caracterizouse polos fallos do juardamallas Luis Carballo, cousa rara en el, que normalmente é un baluarte debaixo dous tres paus, porteiro que xunto co Moro, Titin , Manel e Fran é un claro favorito para o Trofeo Zamora. O partido rompíose con unha incursión pola banda dereita do xogador Litos do Moleda, que en xogada personal recorrío todo o campo e parte da acera de enfrente para encasquetarlle un trallaso con todas da ley que sorprendío por baixo ao porteiro, aos xogadores, ao árbitro, ao sobriño do árbitro, ao irmán do da mesa, ao presidente da mesa e a un rapacillo que andaba por ali comendo unha piruleta de fresa e nata, a partir de ahí sanseacabó o partido e o Moleda de Nando paseouse polo campo deixando no marcador que reina a parede de bloque antihumedad fondo noroeste do pabellón o resultado contundente de 3-1, que os deixa pe e tres cuartos de perna na final de copa.
Na seguente semifinal que enfrentaba aos de Ameal co Puerto Arnela pouco teño que decir, pois a pe de pista non se ve o transcurrir do partido de igual forma que sentado na grada, comento pipas e bebendo CocaCola en botella de plástico que Tiendas Rocio ten a ben de surtirnos na máquina enxaulada e encarcelada de golosinas y bebidas varias que ten en concesión no pabellón, decia eu, que este partido non o podo redactar, pero según alguns entendidos da grada sur o Ameal tuvo mais ocasións de gol que o Arnela, polo que merecío ganar por diferencia de ocasións e de xogo. Cabe decir que para estes entendidos de futbol xoga en contra das súas sabias opinións que ahora mismo están sentados na grada e eliminados desde xa fai tempo, e a súa sabiduria e visión de xogo non lle valío máis que para sentarse e ver os partidos desde a grada, e como non xogar de teloneiros dos catro mellores equipos da copa. O partido acabou en empate e deixa a decisións de quen xogará a final para o partido de volta.
Comentar que o domingo varios rapaces que solen xogar detrás do telón do fondo, descargaron un extintor contraincendios, o que lle costou a este que escribe a consiguiente bronca por parte do Concello, bronca máis que merecida, polo que desde hoxe mismo pedímoslle aos pais dos rapaces que vixíen un pouquichiño máis aos fillos de cada un, ou de cada quen, e tamén a partir de hoxe queda totalmente prohibido xogar a nada nin con nada detrás das lonas, escribo, digo y ordeno.

SEMIFINALES IDA

Capelo Kerubin - Moleda Dario 1-3
Expert Ameal - Puerto Arnela 2-2

SEMIFINALES VOLTA

(Sábado 22/05/2010)
17:00 h. Capelo Kerubin - Moleda Dario
18:00 h. Expert Ameal - Puerto Arnela.

Antes, as 16.00 horas xogaran o partido no seu particular triangular entre Os Boliños- Lago Lin. 

 

Comentarios   

futbol
+1 # liga de veteranosfutbol 21/05/2010 14:47
vamos arnela qe podemos
Responder | Denunciar ante o administrador
Peteke
+1 # Para SotoPeteke 22/05/2010 00:09
En primer lugar quero decir,que non son Luis de Carballo,son Luis de tilluca,segundo ,para meu entender so fallei no primeiro gol,non entendo o de "caracterizouse polos fallos",en terceiro,non entendo como fixestes os cruses para que se enfrentaran dous cabesas de serie nunha semifinal,cuart o non sei porque non falas na túa crónica da antedeportivida d,rozando a obsesión,que ten a estrella da Moleda con meu irmán,con patadas que lle deixaron a perna destrozada con espinilleras,co n codazos ó peito,en todos os partidos nos que nos enfrentamos,per o claro entre o árbitro,ti e el tedes todo planeadito....e dijolle unha cousa xa llo fai a quen llo fai porque si mo fai a min,ese espabilado non volve a xojar o fútbol na súa vida.Xa tedes todo como queredes,asi que que vos aproveite,que ainda janando morre de envidia...porqu e pa chulo EU!
Responder | Denunciar ante o administrador
mamy
-1 # para petekemamy 23/05/2010 13:33
en primeiro lugar eres fillo de Pepe de carballo e non podes renunciar a quen eres.No tema do que dixo Soto,solo dixo que tuberas un fallo pero que eras un gran porteiro asi que falou ben,se cantas e problema teu non de Soto.Eu tamen vin o partidos vosos e de limpios e educados non tendes nada(a John cocerono a patadas e ninguen dixo nada,Koko esta siempre incordiando o arbitro,etc)hay que falar con feitos e os feitos tan ahi,a Moleda/Dario demostrou ben claro que son mellores que vos,e de Nando non falamos porque solo un energumeno coma ti o cuestiona.E non vaias por ahi de maton que eres un cajon eso si pa chulo ti!eso si que e verdad!.Quero decir un ultimo comentario pareceme lamentable a actitud da xente da grada incordiando a pepucho o que o faga mellor que colla o pito.E por ultimo agradecerlle a soto a organizacion desta liga ten as suas cousas mal pero el fixoa que nunca antes nadie o fixera eso si nunga liga de veteranos non poden xogar menores de 30 anos eso non ten xeito!
Responder | Denunciar ante o administrador
Pepe de Tilluca
0 # Un poquito de porfavor mamyPepe de Tilluca 26/05/2010 15:20
Primeiro disir que si Luis desea que lle chamen asi esta no seu dereito.Asi como hay:Tono de Elena,Jose de Marta,Manolo de Gelines etc.Tamen podera ser Luis de Tilluca e eso non significa renunciar a quen es.Mamy dis que xojando non somos "limpios e educados".Si entendes un pouco hay unha jran diferensia entre xojar con"intensidad" e xojar con "ajresividad" hay faltas e FALTAS.Ecreo que o arbitro non hubo nin un equipo que non lle protestara o que pasa e q pa uns hay tarjetas e pa outros non.Tes rason que hay que falar con feitos e si me ves a perna terias feitos abondos,imagina te como estaria xusto acabar o partido prejuntalle a quen ma vio.Tamen tes rason que a moleda e mellor equipo co noso pero non me jode perder sinon chejar a traballar coxeando.Ademas non solo perdemos ca moleda tamen con ameal e cos boliños pero ca moleda e cos que mas patadas sin xeito levo por eso me queixo.En canto a Nando,nadie cuestionou si xoja ben ou mal,sinon a actitud ajresiva asia sertos xojadores apesar de ir janando.con outros equipos non o fai, ¿porque?.A xente da jrada pode opinar de quen queira,non se lle pode impoñer sobre quen si ou quen non.Aqui non hay INTOCABLES e sobre todo porque parte da peña da jrada puxo cartos pa poder xojar e que a lija se fixera asi que poden opinar de xojadores, arbitro,utiller os,recollepelot as ou do que queiran como fas tamen ti cando vas.Por ultimo de maton tes mas pinta ti co de:"CAJON","ENE RGUMENO"etc aqui opinase e defendese as ideas de cada un dando a cara e con palabras e non insultando e ajachandose.OPI NA e NON INSULTES como fasemos os de mas que somos educados. UN SALUDO AMIJO
Responder | Denunciar ante o administrador
Peteke
0 # RE: Semifinais da Copa da Liga de Veteranos. IdaPeteke 25/05/2010 02:25
eu son un cajón pero non me escondo mamy...
Responder | Denunciar ante o administrador
lucas
0 # para pepelucas 26/05/2010 21:56
Ti xa razonas Pepe,Quizais os insultos sobraban,pero e que llas pedia o corpo a teu irman.El non pode ir amenazando pola vida,nin decir o que dixo de que estaba todo amañado e poñerlle a culpa a soto e o arbitro,hay que saber perder!asi que manteño o que dixen.Eu non dijo quen son porque non me justan estas chorradas!pero jodiome o que dixo teu irman.Para non ajacharse hay que dicir as cousas na cara.non por internet eu cando dija quen son dijollo na cara.Sinto por ti,de verdad pero non se pode ir pola vida de "pa chulo eu" "si o collo eu non xoga mais o futbol""xa esta todo como queriades""Eu non son luis de carballo"por favor!.Este tio e o que ten educacion?estam os listos!.Chao e cuidate!
Responder | Denunciar ante o administrador
lucas
0 # RE: Semifinais da Copa da Liga de Veteranos. Idalucas 26/05/2010 22:02
quero felicitar o equipo de ameal que nadie contaba con el,todo o mundo o queria pos cruces e metiolla doblada.Vai ser unha final bonita!
Responder | Denunciar ante o administrador