4.3384615384615 1 1 1 1 1 Rating 4.34 (65 Votes)

Rematada a liga regular, chegan os cuartos de final do maior éxito deportivo en décadas en Camariñas
Rematada a liga regular, chegan os cuartos de final do maior éxito deportivo en décadas en Camariñas

La Conjura contra América 

Dentro do xénero literario da política-ficción (que houbera pasado si...) unha das obras máis logradas fui a escrita en 2004 polo gran escritor norteamericano Philiph Roth "The Plot Against America", basada no suposto de que nas eleccións norteamericanas de 1940 Franklin Delano Roosevelt fora derrotado por Charles Lindbergh cas consecuencias que elo suporía para a poboación xudea dos USA. Charles Augustus Lindbergh, o Gran Héroe Americano, o primer piloto en cruzar o Atlántico a bordo dun monoplano nun vo sin escalas, o candidato á presidencia en 1940, o maior partidario de Adolf Hitler en América, o home que abogaba pola non intervención dos USA na II Guerra Mundial, en definitiva, o Héroe Solitario do que falaba o excelso film de Billy Wilder. Algo de héroe solitario, de outsider, de home que vai por libre, ten o xogador que botou patas arriba nesta derradeira xornada o gran torneo de masas da Costa da Morte. Provinte do único edificio de estética soviética do Concello de Camariñas, aquel que remeda a arquitectura dos infinitos bloques de edificios prefabricados que foron levantados a todo correr nas aforas das grandes urbes da URSS nos tempos de Jruschov e Brezhnev, cunha xogada heroica a vinte segundos do final do partido que disputaba este home tirou por terra unha conxura nacida de escuros pactos entre os equipos contendentes, facendo así prevalecer a legalidade insobornable pola que a Organización da Liga, agora Copa, de Veteranos xurou loitar ata o seu último alento. ¿Abriralle o seu equipo un expediente administrativo? ¿Unha regularización de emprego? Nese caso, ¿defenderá a Organización a este auténtico campeón da legalidade? ¿Xerará todo elo entre a numerosa hinchada do seu equipo un clima de violencia que, a semellanza do que levou a Lindbergh a abandonar América en 1935, obrigue  ao noso Héroe Solitario a exiliarse do paradigmático e inimitable Barrio das Malvinas?


Asunto: 9 xornada (final do Torneo Apertura)

O Jol de Orlando

Era normal... seguramente a gran mayoría de xente que estaba no pabellón o Domingo 25 de Abril dirá que non é normal, pero eu despos de ver o que vin na liga, que se decidío todo no último minuto da última xornada, estón cocido, refrito, queimado e pasado de volta, e todo o que pase ahora en esta copa a min xa no me colle de sorpresa nin me poñe dos nervios. O vivido este Domingo no pabellón sería de serie B, pero das de antes. Último partido da última xornada da liga de apertura para a clasificacion que decidiría os enfrentamientos dos equipos na eliminatoria en cuartos de final. O Lago Lin gana por sorpresa ao Moleda, os dous equipos contentos, o Moleda pola parexa que lle toca e o Lago Lin porque se clasifica a última hora, todos os presis na grada facendo contas co rival que lle toca enfrentarse, o árbitro relaxado e mirando para o marcador esperando o pitido final, o que máis e que menos marchando das gradas cara o cuadro de emparexamentos para ver os horarios do próximo partido, os da mesa facendo a clasificacion e enparellando os vindeiros encontros, osease todo cocido para servir en mesa… pero a falta de dez segundos cando nadie miraba xa para o partido aparecío un tal Orlando, e non é o do tomate frito , sinón un das Malvinas que milita no Moleda e que en toda liga non marcou un gol nin por casualidad e que ese día, en ese partido de contrastes, faltando tan solo dez segundos para acabar todo, colle o balón na sua área, fai unha internada pola banda, acércase a portería de Manel, e xusto cando se dispón a tirar, todo mundo da grada e de seu equipo grítalle que non tire, pois todo presente estaba contento cos emparexamentos, el vai e péjalle semejante cañonazo que lle clava todo o balón pola escuadra ante a sorpresa de toda a grada, de seus compañeiros e do árbitro que estaba xa relajado e falando co presidente de mesa. A partir de ahí todo para o carallo, todo mundo a facer contas de novo, e a mirar os emparexamentos novos, un rompecabezas máis para o último segundo, do último partido, da última xornada do torneo de apertura. A partir de hoxe recordarase como a Copa do Jol de Orlando.
Cambiando de tercio a xornada dou varias sorpresas, pois o Lago Lin fui quen de empatarlle ao Moleda a pesar do famoso jol de Orlando, o Ámeal vapuleou aos Boliños, o Xaviña levou un repaso do Capelo e o Victoria janoulle ao Cap. Alberto. A partir de ahora empezan as eliminatorias, desde aquí pedimos a todos os xogadores e presidentes que se siga ca misma armonía e caballerosidad que disfrutamos hasta ahora.
Como xogador cinco estrellas, Oscar do Victoria, o pichichi da semana, e como mellor Zamora, Lito do Moleda.
Campeon do Torneo Apertura: Punta do Capelo.

RESULTADOS

XAVIÑA - PUNTA CAPELO 0-8
AMEAL - BOLIÑOS 5-3
BAR VICTORIA - CARP.ALBERTO 9-5
LAGO LIN - MOLEDA/DARIO 6-6

CLASIFICACION

1º- PUNTA DO CAPELO 19
2º- PUERTO ARNELA 19
3º- MOLEDA/DARIO 19
4º- OS BOLIÑOS 15
5º- EXPERT AMEAL 13
6º- CARP.ALBERTO 7
7º- BAR VICTORIA 6
8º- LAGO LIN 4
9º- XAVIÑA F.S. 4

CUARTOS DE FINAL

02/05/10 (partido de ida)

16/H.-PUNTA DO CAPELO - LAGO LIN
17/H.-PUERTO ARNELA - BAR VICTORIA
18/H.-MOLEDA/DARIO - CARP.ALBERTO
19/H.-OS BOLIÑOS - EXPERT AMEAL
09/05/10 (partido de volta)

16/H.-OS BOLIÑOS - EXPERT AMEAL
17/H.-MOLEDA/DARIO - CARP.ALBERTO
18/H.-PUERTO ARNELA - BAR VICTORIA
19/H.-PUNTA DO CAPELO - LAGO LIN

Engadir un comentario