3.7922077922078 1 1 1 1 1 Rating 3.79 (77 Votes)

Comenzan as obras de rehabilitación do Campo do Cotro

O albor dos novos tempos parece por fin chegado ao Campo do Cotro ca instalación das porterías
O albor dos novos tempos parece por fin chegado ao Campo do Cotro ca instalación das porterías

Tras longos e escuros anos de total abandono, parece que as distintas administracións comenzan a dar os primeiros pasos para proceder a remodelar o máis histórico e antigo dos Estadios do Concello: o Campo do Cotro. Este xoves 22 de abril de 2010, víspera de San Xurxo, a redacción de camarinas.eu na súa puntual visita semanal ao gran santuario espiritual do fútbol camariñán, o Monte do Cotro, puido comprobar cáseque con bágoas nos ollos e un tremor de emoción agarrotando a gorxa como dúas porterías aptas para a práctica indistinta de futbito y/o balonmano  foran instaladas no mítico estadio propiedade da Federación de Buría e futura sede do FCB (Football Club Buría). O cal, obviamente, plantexa unha serie de inquedantes incógnitas: ¿constitúe este o punto de partida para o desembarco no auténtico templo futbolístico de Camariñas dunha inversión muchimillonaria destinada a paliar décadas de abandono administrativo? ¿Veranse estas porterías acompañadas da construcción dos indispensables graderíos? Neste último caso e dado o escaso do terreo dispoñible ¿optarase a semellanza do Estadio Vicente Calderón pola construcción dun túnel baixo a grada para facilitar o tránsito automovilístico cara ó centro urbano do Cotro? ¿O carácter unisex (futbito/balonmano) das porterías permite pensar nun estadio multiusos? ¿Veremos ao Conservas Boya xogar os seus partidos sobre o firme impecable do Buríastadium? Finalmente, e dado as datas nas que nos atopamos ¿quedará toda este despliegue nunha sinxela (aínda que necesaria) homenaxe ao noso Santo Patrón?

Comentarios   

kinos
+1 # RE: San Xurxo 2010: Campo do Cotrokinos 22/04/2010 19:26
qen non xogou un partido neste estadio!!! :D
Denunciar ante o administrador
reira
0 # Stadio despois do colegioreira 24/04/2010 14:16
A verdad que todos os rapaces ou a mayoria deles pasamonos poe ese estadio a facer campeonatos acordome que un capitan era "o chileno" e o outro o hirman de mikel "esteban" ahi pasabamos o tempo despois da escola e chegabamos entrando a noite a casa e as veces sin merendar nin nada e cos pantalon rompidos de caer ou do que fose ,chejabas a casa e despois escoitar os berros de donde ves fillo do demo jajjajaque tempos aqueles estaria ben que o reformasen si señor pos nenos cando salen da escola animo chavales adiante jajaj que ahi si non se fay mal a nadie e pasae pipa.
Denunciar ante o administrador
o cantante
0 # Buriastadiumo cantante 24/04/2010 23:28
Bonito homenaje o jran estadio de Buria,os partidos dos sabados pola tarde contra os "da aldea".Podian arrejlalo un pouco pa que xojaran os rapases.Un saludo.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.