4.7613636363636 1 1 1 1 1 Rating 4.76 (88 Votes)

Dúas das maiores leyendas vivas do fútbol camariñán frente a frente: Juanillo e o mítico Jamela
Dúas das maiores leyendas vivas do fútbol camariñán frente a frente: Juanillo e o mítico Jamela

O Rincón de Jamela e Compañía

Contan os que máis saben que si algo distinguía a aquel FC Camariñas mítico de finais dos anos 70 era a posesión dun arma secreta, dotada dunha forza, tesón e coraxe descomunais, capaz de recién desembarcada directamente do mar hincharse a marcar goles, capaz nun partido (creemos recordar que en Cee) de meter á saída dun córner o balón, seis contrarios e ata o árbitro dentro da portería, capaz de devorar nunha mesma noite unha ducia de costilletas cas súas correspondientes bandexas de patacas degustando como entrante dúas racións de callos. Estamos a falar do lexendario Jamela, posiblemente o mellor punta da historia do fútbol camariñán, o home que se adiantou en vinte anos á creación do típico dianteiro tanque que despois  populizarían estrelas como Jancker, Lucarelli (El Toro de Livorno) ou Cristhian Vieri.  Por elo e anticipándose ao final de temporada e ao longo período estival orfo de fútbol que se aveciña, o Mago de Corea decidío recoller do maior goleador dos anales da Vila dos Encaixes todas aquelas anécdotas que dende hai anos circulan polos mentideiros de Camariñas nunha nova sección dentro do seu repaso semanal ao fútbol municipal que se chamará "O Rincón de Jamela e Compañía" como homenaxe á mellor xeración de xogadores da nosa historia.


Xornada a deste fin de semana donde hubo de todo en canto a resultados. Cabe destacar o derbi xojado entre o Porteño e o Camariñas de Veteranos no que levan lixeira ventaxa os homes de Gonzalo pero no que aínda queda o partido de volta. Polo demáis, resultados diversos que en aljúns casos fannos sejir ca insertidumbre do que pasará de aquí a finales de lija.

Temos unha novedad que esperamos que vos juste, a partir desta semana haberá unha sección chamada "O RINCÓN DE JAMELA E COMPAÑÍA". Unha sección na que o jran futbolista camariñán "Jamela", nos irá contando historias de tempos pasados nas que un servidor despois de que mas contara, estuvo reíndo 3 horas. Esperamos que vos justen. Desir que todas elas son verdadeiras e con testijos..........................

CERCEDA 1-1 OURENSE

Bo resultado a pesar do empate o que consejimos na casa diante dun dos jallitos desta catejoría, o Ourense que está luchando por quedar terseiro, unha luita mano a mano co Coruxo. Desir que o primeiro tempo noso non fui bo, comensamos con moitas dudas e con un Ourense que nos presionaba mui arriba e non nos deixaba dar 3 pases sejidos. Así nunha xojada a priori sin pelijro, o Ourense róubanos un balón edespois dun rechase de Cristopher, o noso porteiro, métennos o 0-1 resultado co cal chejaríamos ó descanso.
Tras o descanso cambiou o conto, empesamos a ter máis o balón e a faser que o Ourense correra máis hasta chejar a un punto que pejaron un baixón físico que o notaron moitísimo. Nós creábamos ocasións pero nondaba chejado o jol hasta que nunha xojada mui ben trensada na que Souto sédelle o balón a Fran que tras 2 rejates marca o 1-1. Despois do jol fomos un vendabal para o Ourense, a pena que non asertamos a marcar pero consideramos o resultado bo porque o Ourense queda a 7 puntos noso e tan solo faltan 3 jornadas.
Sejuramente e si non pasa ningunha desjrasia, vamos a quedar sejundos, plasa que nos leva a xojar a Copa do Rei, pois o Deportivo B non pode xojala. Desir que levo xa 2 partidos sejidos na misma semana e que pouco a pouco me leva a estar a tope. Para o próximo domingo visitamos Villalba para enfrentarnos ó Villalbés.

PORTEÑO 1-1 CARNOTA

Un puntiño o acadado polos homes de Roski que lle sirve para dar un pequeno paso para consejir a permanensia. Dinos Roski que foi un partido complicado, moi ijualado, xojado depoder a poder e no que o Porteño notou as baixas de Cousillas e sobre todo a do seu mellor home, Juan o vello. Adiantaríase o Porteño despois de que Piti (sobriño de Tono de Presiosa) tranformara un penalti moi claro que señalou o árbitro. Pouco lle duraría a alejría ó Porteño, pois 10 minutos despois o Carnota empataría e co 1-1 no marcador chejaríase ó final do primeiro tempo.
O sejundo tempo tuvo a misma tónica do primeiro, non chejaba con claridá o Porteño a meta visitante, e no minuto 90 aparesio Asiel, o Asiel que esperaban na Ponte do Porto. O árbitro señala penalti en contra dos homes do Roski e Asiel párao para que o Porteño consija un puntiño que pode ser moi valioso.
Fasemos un chamamento desde CAMARIÑAS.EU para que toda Ponte do Porto se volque no próximo partido que vai ser crusial para as aspirasións porteñas. O próximo domingo os homes do Roski resiben ó Esteirana no partido do ano, se jana o Porteño dará un paso firme para a permanensia, así que este domingo somos todos do Porteño: todos ó Campo da Grixa!!!!!.

CORME 3-2 CAMARIÑAS

Nova derrota dos homes de Papi que están a mirar máis a Copa da Costa que a lija. Dinos Papi que colocou na alineasión titular a homes que ó larjo do ano non tuveron muitos minutos para recompensalos. Debut de Pablo, neto de Visente Carril na portería como titular. O partido dinos Papi que o perdeu o Camariñas en 2 xojadas a balón parado e na falta de puntería.
Adelantaríase o Corme no primeiro tempo e con ese resultado de 1-0 chejaríase ó descanso. No sejundo tempo empataría Gerardo para o Camariñas. Pouco despois nun córner o Camariñas resibe o 2-1. Empataría de novo Javi para os homes de Papi, pero outro córner en contra sería o terseiro para os cormelláns. Tería o Camariñas ocasións para empatar e incluso janar, pero Javi entre outros non asertaría a ver portería contraria. Para a semana o Camariñas resibe ó Pindo, partido que sejuro os homes de Papi van a sacar adiante.

COPA DE VETERANOS: PORTEÑO 1-2 CAMARIÑAS

En muitos apuros puxo o Porteño ó Camariñas de Gonzalo nesta primeira eliminatoria da Copa de Veteranos. O primeiro tempo foi de total dominio dos homes do Porteño que estaban moi motivados ante un Camariñas que non sabía por donde lle viña o vendabal Porteño. Feito dese dominio os da Ponte do Porto adelantaríanse no marcador fasendo xustisia o que estaba acontesendo no campo. No sejundo tempo o Camariñas espabilou aljo a pesar de que o Porteño sejía dominando, e fui Teodoro, o joleador dos de Gonzalo quen poñería o empate a 1 jol no marcador.
Pasaban os minutos hasta que case ó final do partido, Manolo de Gelines salía ó rescate dos camariñáns para faser o sejundo jol pos homes de Gonzalo que demostraron un maior aserto de cara ó jol. Partido de volta que semella mui interesante o que haberá este sábado ás 6 da tarde no Campo Hermanas Patiño, no que o Porteño sejuro que vai vender mui cara a sua eliminasión e vai faser que hasta última hora non se sepa cal dos dous equipos vai a pasar a sijiente eliminatoria.

"O RINCÓN DE JAMELA E COMPAÑÍA".

Corrían alá os anos 70, máis tirando para os finales, cando en Camariñas aínda non había equipo e uns cuantos camariñáns encabesados por Jamela eran tanteados por un tal Evaristro Castro, un comprador de peixe de Laxe que convensío ós nosos vesiños e lojrou que Jamela, Juan de Penedo, Moncho do Piruco e Eduardo de Lisa entre outros firmaran polo Laxe para xojar unha temporada na lija da costa.
Partido en Caión o que tiñan Jamela e compañía para enfrentarse ó Club del Mar. Evaristo Castro, presidente do Laxe cheja a un acordo cos nosos vesiños no cal pajaría os viaxes e o primordial, ¡¡a comida!!, cousa que Jamela and company aseptaron de boa jana. Pensaba Evaristo Castro que lles iban a salir baratos estes fichajes camariñáns, e que equivocado estaba ese pobre home!!!!!.
A volta do partido contra o Club del Mar en Caión no cal o Laxe janou 1-7, a espedisión camariñana cheja a Laxe, en concreto ó Restaurante A Sardiñeira rejentado por un tal Toreano. Os nosos compatriotas entran no restaurante e Jamela vai direto a Toureano (dueño do local) a prejuntarlle si ten comida sufisiente para 4 homes de verdá que veñen con fame. Toureano casi ríndose, dille a Jamela que non se preocupen que hai comida dabondo e que se vaian sentando. Jamela insiste en desirlle que ten que ter muita e que hai de menú.
Primeiro cheja Toureano desindo que hai callos e Jamela dille que traia callos pero en abundansia, de callos comen os nosos vesiños 2 rasións cada un ante a atenta mirada de Toreano que empesa a quedar pasmado. De bebida estes camariñáns piden champán, acompañan a comida bebendo champán. Levántase Jamela e dille a Toureano que empese a fretir costilletas hasta nova orden.
Empesa a salir unha fuente con 8 costilletas, Toureano pensaba que con 2 cada un xa lle chejarían xunto cas súas respetivas fuentes de patacas fritas, pero todo o contrario, nada máis pousalas na mesa Jamela pásalle a fuente para un compañeiro e dille a Toureano que eso é para un, que saque outra fuente para cada un deles. "Toureano quedou ca boca aberta e me empesou a fretir costilletas como un tolo, ó final caeron  50 costilletas, recorda Jamela que él comio 12 e os demais  (Juan de Penedo, Duardo de Lisa e Moncho do Piruco) máis ou menos".
Toureano non daba crédito o que estaba vendo, despois do postre, cafés e chupitos, asércase a Jamela e dille que comeron a comida dun bautiso. Os nosos compatriotas, mentras tanto e cas barrijas cheas marcharon para Camariñas e a factura do restaurante de Toureano chejou a mans do presidente do Laxe, Evaristo Castro, que pensou que se equivocara Toureano, pois 50 costilletas e 8 rasións de callos non podían sersólo para catro............................ahí queda o conto..............................para a semana a continuasión cas historias que me conta Jamela, un auténtico crack!!!!


Comentarios   

zhúkov
0 # O Rincón de Jamela & Co.zhúkov 20/04/2010 22:22
Bueno, xa era hora de que alguén puxera voz, plasmase por escrito, todas as historias e anécdotas que sobre o mellor Camariñas da historia, aquel mítico de finais dos 70, levan tantos anos circulando polos mentideiros futbolísticos camariñáns. E si o encargado de levar a cabo esta tarea é o mellor xogador da historia de Camariñas e ademáis con esta gracia,con este saber narrar, contar, unha historia, pois mellor que mellor.
Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # PARA RONCEROjose de marta 21/04/2010 00:00
Algo interesante que empesastes a faser Roncero estes contos estan demasiado,avant e con eles e non pares.
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # RE: A Cronica do Mago de Corea 18-04-2010rubiasexy 21/04/2010 13:27
ESO TEN RASON JOSE ADIANTE VIVA CAMARIÑAS SEFA EOS PEDROS
Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # GenialMikel 21/04/2010 13:33
Esto está demasiado Juanillo...Nora boa polo acerto máis q merecido a estes homes....nn viria mal unha entrevista a Jamela ou mesmo a teu pai..Juan de Penedo...outro mítico ou de onde pensas ti q heredas o teu talento?(jeje). ..en serio...sigue con esto e desembucha como ti sabes primo......as fotos moi ben tamén recordalas...au téntico todo,si señor
Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # GenialMikel 21/04/2010 13:35
Jamela hoxe no mercado canto valdria?...q xojadores eran e nn se di por desir........pa ra a historia do noso fútbol.......
Denunciar ante o administrador
bibelon
0 # o noso mago de coreabibelon 21/04/2010 22:39
vamos animo que podemos
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.