4.219512195122 1 1 1 1 1 Rating 4.22 (82 Votes)

Comandados por un sabio estratega como o Estudiante, o Lago Lin acadou unha impresionante victoria
Comandados por un sabio estratega como o Estudiante, o Lago Lin acadou unha impresionante victoria

Príncipes da Estratexia

Corrían os últimos días de dominio do Imperio Otomano sobre Palestina cando un 20 de maio de 1915 nun kibbutz a orillas do Mar de Galilea nacía un rapaciño, fillo de inmigrantes ucranianos, ao que seus pais deron en chamar Moshe Dayan. O home do parche no ollo (fruto dunha ferida durante a 2ª Guerra Mundial), o militar que mediante audaces golpes de estratexia,  intrépidos e sorprendentes movementos tácticos, levaría aos exércitos do Estado de Israel a arrasar aos seus moito máis numerosos e armados enemigos árabes en catro guerras sucesivas: a da Independencia de 1948; a Campaña do Sinaí, na que en sete días de 1956 as súas tropas ocuparon a  enorme península exipcia; a Guerra dos Seis Días, na que o exército israelí en seis xornadas do mes de xuño de 1967 ocupou Gaza, Cisxordania e os Altos do Golán, e reocupou o Sinaí, causando enormes e non superadas pérdidas a Exipto, Xordania e Siria; e a Guerra do Yom Kippur, na que en 18 días de outubro de 1973 baixo o seu mando Israel repelío o ataque  inicial, chegando a lograr novas conquistas territoriais e logrando situar os seus blindados a 100 km de Damasco, a 80 km de El Cairo. Algo da sabiduría do gran xeneral hebreo, deberon aplicar os mandamases tácticos e estratéxicos do Puerto Arnela na súa contundente e humillante victoria sobre Os Boliños no gran derby percebeiro camariñán. Asemesmo, notouse por vez primeira a presenza nesta Liga, agora Copa, de Veteranos dun hábil estratega como Juan Esteban Campaña Carril, o Estudiante, que nunha intervención fulgurante e sorpresiva levou ás tropas do Lago Lin a unha impresionante victoria ante o Bar Victoria.

ANTECRÓNICA 
 
Xornada protagonizada unha vez máis polos porteiros: exhibición do Rojo debaixo dos tres paus defendendo ao conxunto do Xaviña; nova lección de veteranía de Manel, o cal gracias á súa seguridade dou a victoria aos de Lago-Lin; innumerables palomitas de Tito, o juardamallas do Arnela; sorprendente debut de Jose do Victoria, un porteiro de circunstancias que ca talla do traxe engañada víose volar polos aires en muitas ocasións, e finalmente, do conxunto dos Boliños o mellor fui o porteiro, como siempre un baluarte por baixo. Muy difícil vai estar o de elegir o digno campeón do trofeo Zamora.
Anécdotas tamén as houbo no pabellón porteño no cal se pode comer no medio da pista pola limpeza existente. Unha señora amabilísima a encargada do recinto, que se vío sorprendida polos numerosos fieles que se xuntaron nas gradas, emigración de todos os incondicionales dunha copa que está aberta a calquer persona que queira participar. Calquera que se queira quitar a espiña de non xogar nunca está diante de súa oportunidade: aquí non se queren Zidanes nin Ronaldos, aquí queremos que participe xente da calle, mariñeiros, panadeiros, albañiles, camareros, fontaneros… todos, e si nunca xojaron a ningún deporte, non pasa nada, mellor valoraremos os seus esforzos. Non todos tuveron o privilexio que teñen agora os nosos fillos de ter á súa disposición tempo libre, medios e entrenadores. Falamos de todos aqueles que xa a edade temprana en vez de estar correndo polos campos, corrían polas cubertas dos barcos ou polas placas cun caldeiro de masa: para todos eles esta é a súa liga, a liga máis laica, terrenal, original e social de todas as existentes, a lija que se fixo porque se pudo e porque se quixo.
Como xogador estrella da semana nombramos a Juan Esteban (Estudiante) polas ganas que lle puxo e polos numerosos aplausos que lle brindou o público asistente.

CRÓNICA

O Carpintería Alberto perdío nos últimos cinco segundos o partido diante do Capelo, increíble o deste equipo que xa leva varios encontros perdendo asi. Aos sete magnificos dos Boliños, equipo que sempre perde por demérito deles e non por mérito de quen lle gana, non tuvo nada que facer diante do bo planteamento estratéxico do Arnela. O Bar Victoria cos efectivos mui escasos perdío diante dos redeiros do Lago-Lin que xa suman seis puntos, e os de Ámeal solo puderon empatar diante dos xaviñáns de Pablo.

RESULTADOS

Carp.Alberto - Punta Capelo 4-5
Puerto Arnela - Boliños 4-0
Bar Victoria - Lago-Lin 1-4
Expert Ámeal - Xaviña 1-1

CLASIFICACIÓN

Puerto Arnela - 13
Moleda/Dario - 12
Punta Capelo - 12
Expert Ámeal - 10
Os Boliños - 9
Lago Lin - 6
Carp. Alberto - 4
Bar Victoria - 3
Xaviña F.S. - 1

PRÓXIMA XORNADA

Xaviña - C.Alberto
Moleda/Dario - Punta Capelo
Pto Arnela - Ameal
Boliños - Lago/Lin

Unha vindeira xornada na que a gran competencia de masas da Costa da Morte, despois do éxodo da última semana motivado pola XX Mostra do Encaixe, retorna ao Pabellón Polideportivo de O Areal.

Comentarios   

reira
0 # O que mas me gusta e o escudo de Manuelreira 08/04/2010 17:33
Estades todos moi ben pero a camiseta de manuel e o que mas destaca a mayoria da xente penso que esta rezandolle o escudo salu2 campeons
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.