3.969696969697 1 1 1 1 1 Rating 3.97 (66 Votes)
Despois da forte aposta inversora acometida pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas no Estadio Hermanas Patiño, tocaba inaugurar oficialmente as novas instalacións unha vez rematadas as obras e que deixan un recinto espectacular para a práctica do rei dos deportes. E o momento elexido foi este xoves santo, segundo día da Mostra do Encaixe 2010,  cun encontro que enfrontaba a un combinado de xogadores do FC Camariñas e o Porteño contra os Veteranos do Deportivo da Coruña.  Comandados polo entrañable Arsenio Iglesias, o Zorro de Arteixo, e con viejas glorias do deportivismo  nas súas filas como Donato, Paco Jémez ou o ex do Extremadura Manuel, os coruñeses acabaron impoñéndose á selección camariñana por un contundente 3 a 0. Nembargantes, si deixa o Trofeo da Mostra do Encaixe 2010 para a historia un recordo en términos estrictamente futbolísticos, este foi o protagonizado polo impresionante saque de honor "ao estilo Panenka" executado cunha  maestría exquisita e un escorzo perfecto polo Alcalde Pichurri, que desta forma reverdecío por un momento vellos laureles futboleros olvidados. Camarinas.eu non podía faltar á inauguración oficial do gran estadio municipal de Camariñas e captou unha galería fotográfica de 135 imaxes.

 

Comentarios   

Beldoña
0 # NORABOABeldoña 01/04/2010 20:57
Noraboa a organización polas novas instalacións, así como aos protagonistas desta boa realidade.
Fotos que se gardarán para a historia do pueblo.

Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador