4.8367346938776 1 1 1 1 1 Rating 4.84 (49 Votes)

A peor xornada do ano

O Cerceda de Juanillo está a acusar seriamente a baixa do mellor futbolista da historia da Costa da Morte
O Cerceda de Juanillo está a acusar seriamente a baixa do mellor futbolista da historia da Costa da Morte

Coincidindo ca semana na que se recordan os sufrimentos do Noso Señor Xesucristo, pode resumirse como de pasión o acontecido nesta derradeira xornada ligueira. Derrota contundente dos veteranos do Vietnam camariñán en Carballo ante o que finalmente resultou ser o campeón da competición, o Bergantiños. Derrota dun Cerceda que acusa seriamente a baixa de Juanillo e ve como os benxamíns do Deportivo da Coruña se distancian na táboa clasificatoria. E sendos empates do FC Camariñas e do Porteño. Tan só destacar a meritoria victoria dos veteranos porteños. Pero como non só de fútbol vive o home mellor será seguir os sabios consellos do redactor en xefe dos deportes de camarinas.eu, olvidar esta xornada maldita centrándonos na celebración da nosa XX Mostra do Encaixe. 


A peor xornada do ano en canto a resultados a que se dou este fin de semana para os equipos de Veterenos do Camariñas, Porteño, FC Camariñas e Cerceda. Tan só o Porteño de Veteranos foi o único equipo que gañou nesta fin de semana. Esperemos que coa xornada de descanso a deste fin de semana de Semana Santa (valga la redundancia), os equipos collamos forzas para tratar de acabar a liga do mellor xeito posible.
Os VETERANOS do CAMARIÑAS non deron a sorpresa en Carballo diante do campeón, o Bergantiños. Caeron os homes de Gonzalo por 6 goles a 2. Non empaña para nada esta última derrota os méritos dun equipo que acaba terceiro e que foi o mellor da segunda volta. Moitos ánimos para tos eles, pois a Copa de Veteranos xa está a piques de comezar e seguro que van a facer un papel digno.
O PORTEÑO do Roski non pasou do empate a un gol ante o Vimianzo. As baixas estanlle a afectar moito ó Porteño, terá que aproveitar esta xornada de descanso o Roski para recuperar a homes que seguro van a ser moi importantes neste derradeiro tramo de liga. O seu próximo partido será en Louro, onde se enfrontará ó equipo local, o Monte Louro, un rival que está por debaixo na tabla clasificatoria e que os homes de Roski van a sacar adiante seguro.
Pola súa parte o CAMARIÑAS de Papi empatou na casa do líder, o Zas. Un meritorio resultado que acaba cunha racha de derrotas que viñan acompañando últimamente ó equipo camariñán. Demostra de novo o Camariñas que pode dar moito de si cando se pon toda a carne no asador. A próxima xornada os homes de Papi recibirán ó Sofán, seguro que nese partido o Camariñas comezará unha boa racha de victorias.
Desastre é o calificativo do partido do CERCEDA. Despois dun primeiro tempo no que o rival non nos pasou do medio campo pensábamos que todo iba ser igual no segundo e non, todo o contrarío, o Negreira que leva 7 victorias consecutivas, dounos unha lección de que non se hai que fiar, e que como se di habitualmente, o que perdoa acábao pagando e así foi. Dolorosa a derrota, non só polo resultado se non tamén porque vemos como o Deportivo B xa nos saca 5 puntos e tan só restan 6 xornadas. Moito temos que cambiar, pero estou convencido de que ó final estaremos loitándolle o primeiro posto ó Depor B. Tamén descansaremos este vindeiro domingo e si Dios quere, para o próximo xa xogarei (que xa é hora).
Destacar a victoria dos VETERANOS do PORTEÑO nesta última xornada de liga.

Esto foi todo canto dou a xornada, fixémola un pouco máis resumida do normal posto que a redacción desta humilde web ten que poñer os 5 sentidos nesta semana tan importante, na que temos a XX edición da Mostra de Encaixe.

Un saudo a todos/as usuari@s de CAMARINAS.EU, a Web máis importante da Costa da Morte, a de ideas propias.

 

Comentarios   

jose de marta
+1 # RE: A cronica do Mago de Corea 28-03-2010jose de marta 01/04/2010 00:11
Vale roncero xa sei que vas aproveitar ben a mostra ,dalle duro,muitos saludos.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
-1 # ANIMOBeldoña 01/04/2010 21:01
Xa virán bos tempos.
Un saludo, Juanillo
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
el_jefe
0 # RE: A cronica do Mago de Corea 28-03-2010el_jefe 04/04/2010 16:02
un abrazo Juanillo,tú si que vales,eres uno de los orgullos de Camariñas,lo azmiro Cabrejo. ;-)
Responder | Denunciar ante o administrador