4.9193548387097 1 1 1 1 1 Rating 4.92 (62 Votes)

Maletíns en Carballo

Os Veteranos do FC Camariñas completaron unha impresionante segunda volta só empañada por unha derrota
Os Veteranos do FC Camariñas completaron unha impresionante segunda volta só empañada por unha derrota

Falan as malas linguas que maletíns a rebosar de cremoso e crujiente billete verde poden facer a súa aparición este próximo fin de semana en Carballo para tratar de suxestionar máis si cabe aínda a uns veteranos do Vietnam camariñán que si vencen ao Bergantiños e o San Román fai o propio no seu encontro, proclamarase este último vencedor da liga. Os Veteranos do FC Camariñas convertidos en xuices do campeonato por mor dunha deusa fortuna caprichosa e esquiva. Sen embargo os que así falan está claro que descoñecen o carácter gañador típicamente camariñán dos abuelos do balompié municipal que deixaranse a pel no campo a marxe de maletíns, mochilas e bolsos de señora. E si aparece finalmente o maletín, pois mellor, e para casa con el. Precisamente, o redactor en xefe dos deportes de camarinas.eu estivo este sábado nun reluciente e flamante Estadio Hermanas Patiño para asistir ao partido dos Veteranos contra o San Román e captou unha impresionante galería fotográfica dunhas cuantas leyendas futboleras en acción deportiva e dunha aficción completamente volcada e aos bordes mesmos do delirio.


O CERCEDA tocounos descansar esta semana na cal perdemos o lideratodespois de caer ante o Depor B o xoves por 1-0 e descansar o fin desemana. Agora estamos a 2 puntos do líder, o Depor B. Este vindeiro domingo recibiremos en Cerceda ao Negreira que leva 6 victorias consecutivas. 

CAMARIÑAS 2-4 SAN LORENZO

Cando mal empeza unha cousa sole decirse que mal acaba e o Camariñas de Papi comezou mal e mal acabou. Moitos erros individuais cometeron os homes de Papi que se convertironen goles en contra. Se ademais temos en conta que no minuto 10 departido o Camariñas perdía 0-2, pois un losa moi grande era a quearrastraban os xogadores locais como para remontar.Non tivo o seu día o cancerbeiro local Rubén, que viña de facer bospartidos pero que ante o San Lorenzo cometeu erros que se convertironen goles. Ao descanso chegaríase co 0-2 no marcador.
No segundo tempo o Camariñas parecía reaccionar e cando mellor estaba oárbitro sinala penalti en contra, os xogadores Camariñáns din que nonfoi pero o 0-3 subeu ao marcador. Chegaría o 0-4 despois dun errodefensivo. Papi coloca 3 defensas e o Camariñas acorta distancias por medio deBrais. Nico consigue o 2-4 e o Camariñas de Papi ten varias ocasiónspara incluso empatar, pero non pude ser. Para a semana os homes de Papi visitarán ao Zas. Seguro que van facer sufrir ao líder.

BAIO 1-1 PORTEÑO

Punto de ouro tal e como nos conta Roski, o adaestrador do Porteño, que veu como o seu equipo se adiantaba no minuto 5 de partido pero que 5minutos despois ve como Piti é expulsado e pasa a cousa a complicarseun montón. A partir dese instante o Porteño adícase a defender oresultado diante dun Baio que empeza a acosar continuamente a porteríaPorteña.
Pasaban os minutos e o equipo comandado por Tono do Atlántico seguíaatacando e atacando pero o Porteño defendéndose con uñas e dentesconseguía que a súa porteria estivera a cero. Tras o descanso máis do mesmo, o Porteño agazapado atrás, intentandosaír á contra e o Baio que cada vez se volcaba máis e máis na árearival. Cando parecía que o Porteño iba a conseguir a victoria, chegou o gol doBaio no minuto 85. Xa se di que tanto vai o cántaro a fonte............
Tivo Roski que xogar dabido as numerosas baixas coas que conta o seuequipo, así dende dentro do campo trataba de poñer orden defensiva quedeu bo resultado. Para a semana o Porteño ten unha auténtica final, recibe ao Vimianzo,se gañan os homes de Roski rebasarán a un rival directo e darán ungran paso de cara acadar a permanencia. Terá que sumar as xa baixas consabidas de Varela, Robertito e demais a de Piti, expulsado este domingo. Recuperará a Óscar.
Seguro que o Porteño vai acadar unha victoria porque nos momentos claves sempre responde.

VETERANOS CAMARIÑAS 1-2 SAN ROMÁN

E na penúltima xornada chegou a primeira derrota do Camariñas de Gonzalo nesta segunda volta!!! Venderon moi cara a derrota os xogadores que adestra Gonzalo que forongañando o partido durante 80 minutos e que viron como o segundoclasificado, o San Román lles arrebataba a victoria en tan só 10minutos.
Tiña baixas Gonzalo neste partido, non poido contar co gardarredesDiego do Snack (hai que decir que Javier estivo impresionante debaixodos paus), Tono do Atlántico, Xuxo e Pepucho entre outros, baixasimportantes pero que a garra e a calidade do resto do plantel fixeron quenon se notaran. Asi, Arturo, Vi, Manolo de Gelines, Teodoro, Berto ecompañía fixeron un traballo sobresaínte que ao final non se veurecompensado. Bo equipo este San Román que está loitando polo campeonato ligueiro eque poido vencer un encontro no que tivo que sudar sangue para gañalo.
Manolo de Gelines demostrou que está en estado de gracia marcando o goldo Camariñas dende case o centro do campo, unha pena que ao final nonservira para polo menos empatar. Arturo sigue sendo o xefe da zaga, ben respaldado por Manolo de Arou ecompañía. Vi segue demostrando que os anos non pasan por él, faikilómetros e kilómetros en beneficio do equipo e a pesar de que nonmarcou hai que nombrar a Teodoro, era o pichichi, pero goles e máisgoles que están baixo sospeita, anotados por Litos do Vimianzo,desbancárono dun lugar dende nunca debeu caer.
Pese a todo Chapeau!!! por este partido, por esta segunda volta e por todo o campeonato. Para a semana o Camariñas de Gonzalo pode arrebatarlle o título aoBergantiños: se o Camariñas gaña e o San Román tamén éstes últimosserán os campeóns. Así que admítense primas por gañar, a ver se apareceun bon maletín............................

Un saudo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web orixinal, independiente, de ideas propias.

{multithumbs}

Comentarios   

jose de marta
-1 # RE: A cronica do Mago de Corea 21-3-2010jose de marta 24/03/2010 17:48
Vale roncero estas a tope,informando de todo canto pasa sobre a nosa city.
Responder | Denunciar ante o administrador
Amparo
0 # GarroteAmparo 25/03/2010 03:17
No me fastidies Juanito, como quieres que ganen los veteranos del pueblo, llevando la publicidad de "Garrote" en las camisetas....es e pesado lastre hace que las huestes de Camariñas pierdan esa punta de velodidad que todavía les quedan..
Un abrazo también a José de Marta, que es el revulsivo que realmente necesita este equipo...aunque eso sí vestido de Messi.
Responder | Denunciar ante o administrador