4.4067796610169 1 1 1 1 1 Rating 4.41 (59 Votes)

O 21 de marzo a gran competición de masas do Concello de Camariñas sufrirá un parón por mor da Mostra
O 21 de marzo a gran competición de masas do Concello de Camariñas sufrirá un parón por mor da Mostra

Trofeo Zamora 

Primeiro fui Ricardo Zamora, "El Divino", un porteiro dos de gorra con visera, fortes rodilleras, acostumado a saír a hombros dos estadios e gañador dunha medalla de plata na Olimpiada de 1920. Despois ven o barcelonista Ramallets, porteiro daquela España que vencera á Pérfida Albión e rematara cuarta o Mundial de Brasil 1950. O seu legado sagrado foi recollido polo agora peneuvista "Chopo" Iríbar, impagable naquel minuto de silencio en honor á morte do Xeneral en partido xogado en Escocia; por Mariano García Remón, "El Gato de Odessa", e finalmente, polo felino Arconada, sempre ca sospeita por aquel desdichado gol na final da Eurocopa de 1984. Entre eles, unha impresionante nómina de porteiros galegos: Amador (ollo, non confundir), gardameta que foi do Real Madrid e do Barça; os madridistas Miguel Ángel, Agustín, sempre co porte aristocrático dun lord inglés, e por encima de todos, o xenial Paco Buyo, o máis grande arqueiro que baixo uns paus vío o redactor que o presente suscribe. Esta gloriosa tradición foi continuada polos porteiros dunha Liga, agora Copa, de Veteranos, que cada semana xóganse o físico con paradas antolóxicas que abraian ao público da gran competición de masas de Camariñas. Unha competición que por mor da XX Mostra do Encaixe sufrirá un parón ligueiro. Aproveitando este ínterin, dende estas páxinas humildemente propoñemos que a liga se traslade con toda a súa impedimenta e sempre co permiso da Federación de Buría, lexítima propietaria, ao Estadio do Cotro, como homenaxe ao máis histórico e antigo dos campos do Concello.


Asunto 4ª Xornada

Xornada protagonizada polos juardamallas ou que dirían os máis finos: os porteiros ou tamén como din os da diáspora os arqueros. Increíble as paradas e o protagonismo que están a coller os arqueros en esta Copa, aqueles que sempre levan a culpa de todo e sin embargo son a peza que constitulle o 60% do equipo, xóganse o físico en cada salida e en cada parada, e sin embargo cando se jana ninguén se acorda deles pero cando se perde sempre se mira de reollo para eles decindo que podian facer aljo más en aqueles joles. Un puesto infravalorado, rebaixado e inxusto esto de ser porteiro. E por eso que en esta edición queremos premiar con un trofeo ao mellor porteiro, premio que será votado por todos os presidentes e máis o colegiado do torneo perteneciente a o Colexio de Linjunde.

O Capelo e máis o Boliños iniciaron o partido sin porteiro ningún deles, e o partido transcurría de poder a poder. No segundo tempo aparecio de no se sabe donde pero se sospecha, Tono, o juardamallas oficial e titular dos ahora chamados Boliches e ao momento decantouse o partido para eles. No Arnela-Xaviña estaban os dous porteiros, e os dous fixeron paradas providenciales, Tito do Arnela ca súas xa habituales estiradas sempre ao límite do imposible, rozando o poste e xogándose a orella a diario, e no outro lado o Rojo, o porteiro debutante do Xaviña cas súas paradas tipo Iríbar fixo que os delanteros contrarios en ocasións se desesperaran.  O Moleda restaurou o equipo e puxo de novo ao reconvertido delantero Fran de juardamallas titular, ¿Que pasará cando lle veña o outro porteiro? Xa veremos. No Lago/Trinidad un rexuvenecido Manel fui infranqueable por raso con paradas de escoba ao estilo Miguel Angel, paradas que lle deron categoría e calidad ao equipo dos redeiros, tamen no  mismo partido o porteiro do C.Alberto, Amigo, sacou da súa manga unhas paradas a bocaxarro e continuadas que por un momento chejaron a deixalo grogui sin el mismo creer que fixera semejantes paradóns, outro que  promete espectáculo para próximos  partidos.

Comunicado da Casa Grande.

Desde a Secretaría de Deporte comunicaronnos que podemos dispoñer do pabellón hasta o dia 21 do mes corrente, despós abra que deixalo para facer a máis famosa Mostra do Encaixe, e mentres nos descansaremos hasta novo aviso.

RESULTADOS

Punta Capelo - Os Boliños: 3-4
Pto.Arnela - Xaviña FS: 5-2
Moleda/Dario - Bar Victoria: 6-2
Lago/Trinidad - Carp.Alberto: 3-4

CLASIFICACIÓN

1º- Puerto Arnela - 10
2º- Moleda/Dario - 9
3º-Punta do Capelo - 6
4º-Expert Ámeal - 6
5º-Os Boliños - 6
6º-Carp.Alberto - 4
7º- Bar Victoria - 3
8º- Lago /Trinidad - 3
9º- Xaviña FS - 0

PRÓXIMA XORNADA

Ámeal - Bar Victoria
Moleda-  C.Alberto
Pta Capelo - Pto.Arnela
Boliños - Xaviña


Engadir un comentario