4.8 1 1 1 1 1 Rating 4.80 (45 Votes)

Derrota en Fisterra no último minuto 

Imaxe de arquivo dun dun duelo típico da Liga da Costa, o que enfrenta ao Camariñas co Fisterra
Imaxe de arquivo dun dun duelo típico da Liga da Costa, o que enfrenta ao Camariñas co Fisterra

¡¡Ay, si a Liga da Costa de Veteranos durara cinco xornadiñas máis que tíñamos un equipo campeón!! Nembargantes dúas son as datas que restan para finalizar unha competición onde os veteranos do Vietnam camariñáns completaron unha espectacular segunda volta reconvertida en paseo militar. Polo demáis, nova victoria dun Cerceda de Juanillo que se verá este xoves as caras co seu máis directo perseguidor, os benxamíns do Deportivo da Coruña, e mala xornada para os equipos con sede no Concello de Camariñas: derrota in extremis dos pupilos de Papi en Fisterra no último minuto e dos de Rosqui no seu mítico pero un tanto destartalado Estadio Municipal da Grixa. A crónica polo miudo de canto dou de sí a xornada de fútbol federado camariñán nunha sección impecable e imprescindible, a que escribe semanalmente o xefe dos deportes de camarinas.eu: Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Mago de Corea.

CERCEDA 2-1 ALONDRAS

Nova victoria nosa e moi traballada, pois o Alondras é un equipo que persoalmente me gusta moito e dos que mellor xoga ó fútbol e demostróunolo unha vez máis como ocurrío na primeira volta donde empatamos sen goles, pero esta vez tivemos a sorte de cara e gracias a un Óscar Martínez que estivo maxistral, conseguimos sacar o partido adiante a pesar da actuación dun colexiado (que gracias a Televisión Galega todo o mundo o pudo ver) que nos desquiciou bastante e nos deixou cunhas baixas importantes de cara ó partido importantísimo que temos este xoves 18 de marzo diante do Deportivo B. En definitiva, tres puntiños máis que serven para que manteñamos a ventaxa de 4 puntos ante o Deportivo B que gañou o seu partido e que pase o que pase en Coruña este xoves serviranos para manter o liderato.

FISTERRA 1-0 CAMARIÑAS

Dolorosa a derrota sufrida polos homes de Papi en terras fisterranas por como sucedeu. Estaba a puntiño de acabar o partido, rondaba o minuto 90 cando despois dun mal despexe da zaga camariñana, o balón caía en pes dos fisterráns que conseguían o gol da victoria.
Dinos Papi que o partido comezou con 2 ocasións claras para o Fisterra que por sorte non acabaron en gol. Non tardaría en reaccionar o Camariñas e sería Javi o que tería unha boa ocasión para marcar pero non tivo puntería e así chagaríase ó descanso nun campo que parecía de todo menos un campo de fútbol. No segundo tempo debido ó mal estado do terreo de xogo, os dous equipos non encontraban como facer dano ó rival, moito centrocampismo pero nada máis e así ata que apareceu a xogada desafortunada na que o Fisterra acabou por levar o gato á auga.
Para a semana o Camariñas de Papi recibirá no Hermanas Patiño ó San Lorenzo de Verdillo, esperemos que os homes de Papi consigan gañar un encontro a priori moi complicado.

PORTEÑO 0-2 CASTRIZ

Non tiveron sorte os homes de Roski nun partido no que os erros individuales e arbitrales tiveron moito que ver no resultado final. Para o adestrador porteño o partido non tiña un dominador claro ata que chegou unha xogada desafortunada na que participou o porteiro local Asiel que non consigue atallar un balón fácil que introduxo él mesmo na súa portería. Mala sorte para Asiel que é un gran porteiro pero como humano que é tamén ten dereito a fallar.
Intentou o Porteño de Roski acadar o empate pero non conseguía crear ocasións claras. Notou en demasía a falta de homes importantes o Porteño como Varela, Chino e Robertito que están mancados. No segundo tempo e sen un dominador claro e como é costume esta tempada, aparecería o árbitro para non pitar un penalti que o vería ata o máis cego do mundo e o que son as cousas, aínda se estaba a protestar a acción ó árbitro, cando na seguinte xornada marca o Castriz o 0-2 e sentencia o partido. Seguen a castigar ó club máis humilde este colectivo arbitral que debería de ser imparcial pero non o é.
Para a semana o Porteño do Roski iaxará ata Baio para enfrentarse ó equipo que dirixe o camariñán Tono do Atlántico que está a facer unha tempada impresionante.

PONTECESO 2-3 VETERANOS FC CAMARIÑAS

Suma e segue o Camariñas de Gonzalo que unha xornada máis voltou a gañar un encontro donde hai que destacar a figura de Teodoro, o máximo artilleiro da liga, que conseguíu un hat-trick que fan que o Camariñas siga lanzado neste final de tempada. A pena que só queden 2 partidos de liga porque de quedar máis seguro que o Camariñas sería o campeón.
Vai a ser xuiz da liga o Camariñas que este próximo domingo recibe ó San Román, o actual segundo clasificado que estalle a pelexar o título ligueiro ó Bergantiños. Partido por todo o alto que se xogará o domingo pola mañán no campo Hermanas Patiño donde alí estaremos.

Un saudo a tódolos usuari@s de CAMARINAS.EU, a web independiente e de ideas propias.

Engadir un comentario