4.609756097561 1 1 1 1 1 Rating 4.61 (82 Votes)

Este sábado, Juanillo na TVG 2

Ninguén mellor que o xefe dos deportes de camarinas.eu para glosar os triunfos dos Veteranos do Camariñas
Ninguén mellor que o xefe dos deportes de camarinas.eu para glosar os triunfos dos Veteranos do Camariñas

Novo triunfo do Cerceda dun Juanillo que conta con ansiedade os segundos que lle restan para volver ás canchas de xogo. Deus mediante, o retorno do ídolo do Barrio de Corea producirase este sábado ante o Alondras nun encontro no que as cámaras da Televisión de Galicia 2 levarán ata tódolos fogares galegos a clase e a garra do mellor futbolista da historia desta Costa da Morte dos nosos desvelos.  Polo demáis, aplastante victoria dun FC Camariñas que volve á senda da victoria, neste caso ante un rival directo na liga  particular dos grandes portos mariñeiros: o Malpica; e derrota dun Porteño que vendío cara a súa derrota ante un dos todopoderosos da categoría: o Xallas. Finalmente, nada novo no horizonte dos Veteranos do FC Camariñas e nova victoria do conxunto dirixido pola man experta de Gonzalo, sabiduría futbolística en movimiento.


RÁPIDO DE BOUZAS 0-1 CERCEDA

Valiosísima a victoria acadada en terras viguesas diante do Rápido de Bouzas por cero goles a un que nos sirve para conseguir tres puntiños de ouro que nos afianzan no primeiro posto da clasificación e tamén nos sirven para ampliar a vantaxa ó noso perseguidor máis inmediato que é o Deportivo B que non pasou do empate a un gol diante do Ordes no seu campo.
Catro xa son os puntos que lle sacamos ó cadro coruñés a esperas do choque que nos enfrontará a eles o vindeiro xoves día 18 ás 19:00 horas en terras coruñesas, concretamente na Cidade Deportiva de Abegondo, un partido que si o gañamos serviranos para poñer terra de por medio na táboa clasificatoria. Non foi doado o partido, pois pese a adiantarnos no minuto 8 de partido por medio do noso goleador Felipe, o Rápido de Bouzas púxonos as cousas difíciles sobre todo no segundo tempo usando a táctica de xogar ó pelotazo pero por sorte para nós non lles dou resultado.
Unha semana máis non xoguei, espero que fora a última, pois estou entrenando xa con todos e este sábado no que recibiremos en Cerceda ó Alondras, partido que será televisado pola Televisión Galega 2 ás 16:30 horas, si non pasa nada a última hora xa estarei en disposición de xogar. Continuamos cunha dinámica gañadora que esperemos siga moitas xornadas máis para conseguir o obxetivo final que non é outro que quedar campións de liga.

XALLAS 3-0 PORTEÑO

Despois da excelente victoria acadada no derbi local ante o Camariñas onde foron xustos vencedores, os homes do Roski tiñan un miura en fronte deles esta semana, o Xallas, chamado a pelexarlle a liga ó Zas, e durante moitos minutos de partido mantiveron a raia ó conxunto xalleiro que só despois dunha xogada desafortunada e tras un par de rebotes veu como a diosa fortuna estaba do seu lado para acadar o 1-0.
No segundo tempo os homes do Roski tiveron unha inmellorable ocasión para empatar, Cousillas quedaría diante do porteiro rival pero o seu tiro sairía fora da meta defendida polo porteiro do Xallas. E como se di no fútbol, o que perdoa acábao pagando, e na seguinte xogada o Xallas metería o segundo gol co que sentenciaba o partido e antes do remate dos 90 minutos chegaría o terceiro que deixaba un resultado demasiado abultado para o que se veu no terreo de xogo. Decir que o Roski fixo debutar a 2 xuvenís como nota positiva do encontro, desta maneira, Brais da Esquipa e Martín do Allo tiveron os seus primeiros minutos da tempada.
Non empaña para nada esta derrota o excelente traballo que está a facer o Roski e o seu Porteño nestes últimos encontros e de seguro que este próximo domingo voltarán a senda das victorias cando se enfronten ó Castriz no campo da Grixa. Quero mandarlle un saudo especial a Carmucha, unha seguidora aférrima do seu Porteño querido.

CAMARIÑAS 6-1 MALPICA

Necesitaba o Camariñas de Papi unha victoria así para acabar cos malos resultados das últimas xornadas e sobre todo co último partido disputado, ese derbi no que perderan diante do Porteño, un Porteño que foi moi superior ó cadro camariñán. Tivo o xoves Papi unha charla cos seus futbolistas onde puxo os puntos sobre as íes e parece que dou resultado vendo o partido que fixeron diante do Malpica e no que gañaron por 6 goles a 1.
Xa ó descanso chegaríase co resultado de 3 goles a cero, David abriría o marcador e despois Gerardo en dúas ocasións conseguirían os tantos cos que se chegaba ó descanso do partido. No segundo tempo continuaría a mesma tónica do primeiro, un Camariñas que quería máis goles e fruto dese dominio chegarian 3 tantos máis obra de Breo e Ismael en dúas ocasións. Para Papi foi o mellor partido que fixeron os seus pupilos no que vai de campeonato e así o corrobora o marcador final.
Para a semana o Camariñas visitará Fisterra para enfrentarse o cadro local que de seguro lle van a poñer as cousas difíciles ó Camariñas de Papi, pero despois desta victoria que lles vai a dar moito empuxe ó conxunto palilleiro, van a traer 3 puntos para seguir aspirando a todo mentras as matemáticas o permitan.

VETERANOS FC CAMARIÑAS 3-0 BUÑO

Como unha apisonadora estanse a mostrar os homes de Gonzalo que non hai quen os pare nesta segunda volta de campeonato. Desta vez o rival que mordeu o polvo foi o Buño.
Partido moi completo o que fixeron tódolos homes que estaban a disposición de Gonzalo e no que nos é moi difícil xornada tras xornada destacar a un só. Mencionar que se estreou como goleador Vicente o Kiskel, un todoterreno que é mais dado a dar asistencias que a meter goles pero que nesta xornada foi o que abreu o marcador para o conxunto camariñán.
O segundo gol foi obra de Manolo de Gelines que se está destapando como goleador nestas últimas xornadas e facendo goles de alta escola como o que acadaou esta xornada e como non, non podía faltar a súa cita co gol o máxmo artilleiro do campeonato, Teodoro, que con este gol xa chega a trintena, unha cifra importante que non todo o mundo pode presumir de haber metido tantos goles.
Seguen os Diego do Snack, Arturo, Tono do Atlántico, Kiskel, Berto, Rubio, Manolo de Gelines, Teodoro, Javier, Faustino, Manolo de Arou e así hai que mencionalos un a un, imparables e demostrando que son o conxunto máis en forma da liga nestes momentos. Para a semana os homes de Gonzalo visitarán Ponteceso para enfrontarse o cadro dos da vila de Pondal.


Engadir un comentario