3.9464285714286 1 1 1 1 1 Rating 3.95 (56 Votes)

As xogadoras do CB Femenino afrontan o reto de saír victoriosas dos dous choques deste fin de semana
As xogadoras do CB Femenino afrontan o reto de saír victoriosas dos dous choques deste fin de semana

O Club Balonmán Encaixe-Camariñas retoma este fin de semana o pulso da liga femenina despois da contundente derrota ante o poderoso Porriño por 32 a 7 cunha nova xornada dobre que medirá ao noso equipo aos conxuntos de Calfoncal Lavadores e BM Tui entre o sábado e o domingo e cun lapso horario inferior ás 20 horas de diferencia. Aquí en camarinas.eu non sabemos quen elabora estos horarios tan destartalados e incomprensibles, pero o caso é que con semellante período de recuperación entre partidos non creemos que cara o encontro matutino do domingo haia que ser excesivamente optimistas. En fin, seguro que as nosas rapazas crécense ante a adversidade e tratarán ata o límite das súas posibilidades de saír victoriosas de ambos choques. ¡¡VAMOS ALLÁ, CHICASSS!!


O BALONMÁN FEMININO ENCAIXE – CAMARIÑAS CAEU CONTUNDENTEMENTE FRONTE AO PODEROSO PORRIÑO

O Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas caeu derrotado fronte a un dos claros favoritos ao título ligueiro na presente campaña, o Balonmán Porriño. As do Encaixe partían cara a comarca de Vigo coa única premisa de seguir evolucionando no seu xogo, xa que as numerosas baixas e o incómodo desprazamento ( domingo pola mañá) facían presaxiar un encontro máis que complicado.

Finalmente, confirmáronse os pronósticos, as de Porriño saíron moi metidas nun encontro sen historia, xa que as visitantes, cunha primeira liña moi mermada, non acadaban boas opcións de lanzamento; as numerosas perdas de balón transformáronse en rápidos contragolpes das locais ante os que nada puido facer a meta camariñana Sara.

Ao descanso, a diferencia xa era moi abultada , polo que o adestrador camariñán Bruno López aproveitou para dar minutos a tódalas xogadoras e probar novos sistemas de cara ao tramo final da liga, cabe salientar as gañas e o ímpetu amosado polas menos habituais no esquema no Encaixe, que a pesar de non ter moita fortuna de cara ao lanzamento, non se arrugaron en ningún momento. O resultado final foi de 32 – 7 a prol das locais, que neste caso é o menos salientable dun encontro no que os obxetivos de ambos clubes era claramente distintos.

Bruno López: “pola nosa parte, non foi un bo partido con respecto ao xogo, pero si o aproveitamos para que moitas xogadoras collan máis confianza de cara aos próximos partidos nos que si teremos opcións de victoria; ante a escaseza de primeiras liñas probamos novas opcións como a de Sheila no central ou Alicia no lateral dereito; ademáis, Vero, que ata o de agora viña desenvolvendo as funcións de delegada, tamén tivo os seus minutos, xa que está a adestrar co equipo e a mellorar a pasos axigantados, sen dúbida e a pesar do resultado creemos que estas cousas foron moi positivas para a evolución do equipo”.

Os árbitros, Pablo León e Patricia Comesaña, estiveron moi ben na súa labor, favorecendo o bo desenrolo do encontro e cunha actitude moi positiva de cara a tódalas xogadoras e oficiais, sen dúbida dous dos mellares colexiados da categoría.

O Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas disputará ésta semana de novo unha dobre xornada en Camariñas debido a os aprazamentos por mor do temporal, recibirá o sábado ás 17:00 horas ao Calfoncal Lavadores e o domingo ás 12.30 ao BM. Tui.

Cabe destacar, que as xogadoras do Encaixe, Laura Rodríguez e Cristina Barreiro se desprazarán este domingo a Cáceres a disputar o Campionato de España Universitario de Balonmán, respresentando á Universidade de Santiago de Compostela, donde se enfrontarán a equipos de Andalucía, País Vasco, Cantabria,…

Comentarios   

Superstardivina_15
+1 # A POR TODAASS!!Superstardivina_15 10/03/2010 14:16
A por todas nenaass!!
Machote
+1 # a por todasMachote 10/03/2010 17:44
esto habia que miralo e xa non e o primeiro equipo que protesta po los dous partidos seguidos non e normal hay que denuncialo si non acaban cas nosas rapazas,pero como son de pura cepa pos luchan contra o que lle poñan

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.