4.1538461538462 1 1 1 1 1 Rating 4.15 (78 Votes)

Buxa Sénior e Buxa Júnior, dúas vidas entregadas ao máis sagrado e adictivo dos deportes, o fútbol
Buxa Sénior e Buxa Júnior, dúas vidas entregadas ao máis sagrado e adictivo dos deportes, o fútbol

Comando Bóer

Corría o derradeiro cuarto do século XIX cando nos Estados Libres de Transvaal e Orange, na actual Sudáfrica, un puñado de granxeiros e campesinos de orixe holandesa e relixión calvinista (os chamados bóers ou afrikáners) chegaron a poñer en xaque a máis de 500.000 soldados do Imperio Británico en dúas implacables contendas bélicas que acuñaron unha nova forma de facer a guerra e que necesitaron para ser aplastadas da aplicación de métodos criminais por parte de Lord Kitchener, Comandante en Xefe das Tropas Británicas en Sudáfrica. Aquela táctica novedosa era a do comando, grupos pequenos de soldados non profesionais que mediante continuas e devastadoras actuacións guerrilleiras levaban a cabo unha guerra de desgaste que causaba enormes quebrantos aos británicos. Precisamente esa forma de entender o combate é a que se aplica nunha liga, agora Copa, de Veteranos na que non valen arrogancias altivas nin glorias pasadas, onde hai que loitar por cada balón cun coitelo entre os dentes e na que, a semellanza duns colonos neerlandeses que acabaron conseguindo do Goberno Británico concesións inimaxinables en ventaxosos tratados de paz porque querían máis que nadie aquel recuncho de terra africana, acabará vencendo aquel que máis ame este sagrado xogo chamado Balompié. Unha forma de amar o fútbol como a que profesa o noso querido amigo Pedro "O Buxa", un home adicado ao deporte e a súa familia, querido por todo o mundo,  sempre con unha sonrisa na cara, que acaba de sufrir unha nova lesión que o aparta do xogo que constitúe a súa vida. ¡¡ÁNIMO!!


Asunto: 3º XORNADA 

Todo o conxunto da organización quere solidarizarse e apoyar a Pedro Buxa pola súa lesión que o deixa de novo apartado de seu único vicio, o vicio sano do que todos como el padecemos que é o de practicar o deporte cos amigos, deseámoslle unha pronta recuperación, paciencia e que todo saia ben e pode ter por seguro que a hora de repartir os trofeos a organización acordarase del.
 
Ao largo da semana presentáronse varias reclamacións de distintos equipos as cales serán tratadas na próxima reunión que o comité de sabios ten a ben facer cando a axenda destes teña un huequiño, a fecha inda esta sin determinar, pero que todos os presis teñan por seguro que serán tratadas, esclarificadas e solucionadas unha por unha.
 
Xornada donde se viron dous partidos duros, intensos e igualados. O do Carpintería Alberto co Ámeal fui un partido tan igualado que hasta o último minuto reflexaba o marcador un empate, dous equipos que a o final seguramente estean entre os primeiros clasificados. No outro duelo tamén intenso os da Beiramar do Campo (Arnela)  ganáronlle ao equipo de Buría (Moleda/Dario), os cales ao final da contienda non apareceron pola grada sur para debatir o pospartido como suele ser habitual en aljún dos seus membros. O Bar Victoria doulle un repaso aos de Xaviña, que xa empezan a ocupar a plaza de descarte para a siguiente ronda: ou empezan a espabilar ou cando se den de cuenta xa pasou o tren do renjanche. No último partido os de Punta Capelo siguen na súa línea habitual ganando co mínimo esforzo e sin autoalabarse nin decir que esta copa es mia, pero para todosos  entendidos son claros favoritos.

A tabla de máximos goleadores está encabezada polo noso querido amigo de tertulias do estudio estadio ante y pospartido Nando, con once goles, seguíndoo de cerca Piché con oito e Oscar do Victoria con seis. O mellor gol e mellor xogada da xornada protagonizouna Jhon do Moleda, unha media vaselina que levantou ao publico dos seus asientos. Como anécdota da xornada decir que nos alegrou ver un reporteiro da Voz de Galicia ca súa cámara no pabellón, e inda que o contrato millonario e exclusivo de esta copa e con Camariñas.Eu, tamén nos agrada que se acorden destes vellos trastos outros medios.
 
RESULTADOS
 
Carpintería Alberto - Expert Ámeal 5-6
Moleda/Dario - Puerto Arnela 2-5
Bar Victoria - Xaviña 9-0
Punta Capelo - Lago /Trinidad 7-1
 
CLASIFICACIÓN
 
1º-Puerto Arnela - 7
2º-Moleda/Dario - 6
3º-Punta do Capelo - 6
4º-Expert-Ameal - 6
5º-Bar Victoria - 3
6º-Os Boliños - 3
7º-Lago/Trinidad - 3
8º-Carpinteria Alberto - 1
9º-Xaviña - 0
 
PRÓXIMA XORNADA
 
Capelo - Boliños
Arnela - Xaviña
Moleda - Victoria
Lago - Alberto

Descansa Ámeal


 

Comentarios   

diegoalfr
+1 # Vamos Buxa!!diegoalfr 12/03/2010 13:00
Ánimo Pedro! xa verás como pronto te recuperas e volves a ser o gran xogador que sempre fostes. Un saludo e a cuidarse muito!
Responder | Denunciar ante o administrador
Juan Camariñan
+1 # RE: Terceira Xornada da Copa da Liga de VeteranosJuan Camariñan 13/03/2010 10:56
Eu tamen quixera dsde aqui dar animos a Pedro e desearche que a recuperacion sea o mais breve posible.
Responder | Denunciar ante o administrador