3.9705882352941 1 1 1 1 1 Rating 3.97 (68 Votes)

Un Porteño épico vence con facilidade no derby

Emulando aos xogadores daquel mítico plantel que gañou a Copa da Costa, o Porteño arrasou no derby
Emulando aos xogadores daquel mítico plantel que gañou a Copa da Costa, o Porteño arrasou no derby

Nin siquera na levantina Cartaxena, a onde se tivo que desplazar esta última semana, se olvidou o redactor en xefe dos deportes de camarinas.eu da súa cita semanal cos centos de seguidores da sabiduría futbolística do mellor xogador da historia da Costa da Morte e así envíanos unha nova edición da súa crónica futbolera na que repasa a épica victoria dun Porteño imbatible no derby camariñán, consolidando desta maneira unha impresionante remontada que o alonxa dos postos de descenso. Asemesmo, pasa revista a unha nova victoria dos Veteranos do FC Camariñas e ao empate dun Cerceda que segue a sacar dous puntos de ventaxa ao Deportivo B. Como sempre, a mellor crónica da gran victoria do histórico Porteño no seu mítico e lexendario Estadio da Grixa en camarinas.eu da man de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, O Mago de Corea.


Antes de nada, pedir disculpas pola miña parte pola tardanza da crónica desta semana, o motivo non foi outro que estiven fora, en Cartagena, arranxando uns problemas que tiña co club e non foi ata o dia de onte, venres, condo voltei de novo e repito, as miñas disculpas sobre todo para os aficionados do Porteño que esta semana gañaron merecidamente ó derbi ó Camariñas e que ata o dia de hoxe non poideron ver noticia algunha na nosa web.

CERCEDA 0-0 CORUXO

Empate que nos sabe a pouco, pois non aproveitamos a derrota do Deportivo B ante o Somozas para poñer puntos de por medio entre eles e nós na tabla clasificatoria. Partido onde tivemos moito respeto, tanto nós como o Coruxo que é o actual cuarto clasificado, e o normal foi chegar ó remate do partido con empate a cero goles.
Non houbo moitas ocasións durante os 90 minutos e as poucas que tivemos non as supemos aproveitar. Seguimos líderes, sacámoslle 2 puntiños ó Depor B e esta semana viaxamos a Vigo para xogar contra o Rápido de Bouzas, un conxunto que nesta segunda volta está sendo dos mellores equipos.

PORTEÑO 2-0 CAMARIÑAS

Magnífica a victoria do Porteño de Roski ante o Camariñas de Papi nun campo da Grixa que rexistrou a mellor entrada do ano para ver o derbi. CAMARINAS.EU alí estivo e fixo a súa propia crónica, por ese motivo non chamamos nin a Papi nin ao Roski, adestradores de ámbolos equipos.
Repito que o único motivo da tardanza desta crónica foi que non cheguei ata onte venres a Galicia por motivos que antes explicaba e non hai outros motivos que poidan pensar sobre todo os aficionados do Porteño que pensen que por perder o Camariñas xa non quixen sacar a crónica e non é así, volvo a pedir disculpas e a destacar o magnífico e merecido triunfo do equipo da Ponte do Porto.
O Porteño foi o merecedor da victoria, pois dende o primer minuto de partido sairon a por todas e foron a polo partido creando numerosas ocasións durante o primeiro tempo pero atopáronse con Marcos, o guardameta Camariñán que foi o mellor xogador do Camariñas e con iso podemos facernos unha idea de quen foi o dominador do encontro, non seria outro que o cadro local, o Porteño.
No segundo tempo continuaría a mesma tónica do partido e non sería ata o minuto 70 cando Juan o Vello anotaría o 1-0 despois dun disparo que se colaba ó fondo das mallas facendo xusticia ó que se estaba vendo no terreo de xogo. O Camariñas tería unha boa ocasión pero Piti salvaría debaixo dos paus o que poido ser o gol visitante. Sentenciaría o Porteño no minuto 81 por mediación de David Toja que colocaba o 2-0 e que a postre sería o resultado final.
Victoria merecida e importantísima para os homes de Roski que dende que colleu as riendas do Porteño está a sacar uns números espectaculares e que de seguro de aquí a final de tempada vai a subir postos na tabla clasificatoria. Pola contra o cadro de Papi está nun bache de resultados que ben seguro van a sair este domingo no que intentarán gañar para cambiar a dinámica de malos resultados.

VETERANOS CORCUBIÓN 0-1 CAMARIÑAS

E xa van non sei cantas xornadas que o Camariñas de Gonzalo segue sen coñecer a derrota. Non queremos ser cansinos, pero onde estría o Camariñas de non perder partidos na primeira volta e no seu campo ante equipos que están afundidos na clasificación??....................
Nova victoría para afianzarsse na terceira plaza e de paso avisar para que non se despisten os dous primeiros clasificados. Dende Camarinas.eu queremos destacar a tódolos componentes do equipo asi como o seu adestrador e corpo directivo pola tempada tan boa que están a facer.

Comentarios   

rubiasexy
+4 # RE: A Cronica do Mago de Corea 28-02-2010 rubiasexy 07/03/2010 14:08
BUENO JUANILLO ASI VIVA JUANILLO E O SEU EQUIPO ASI FISESTES VEN IR ACARTAGENA MIMA AS FOTOS CANTOS ANOS ESTAN MUY BONITAS BEUNO SALUDOS AFAMILIA QUE VEN ESTAS EN GALISIA PUFFF QUEN PUDERA JAJA SEFA EOS PEDROS
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+3 # RE: A Cronica do Mago de Corea 28-02-2010 jose de marta 08/03/2010 18:10
Eres o maximo roncero xa podes faser carreira de periodista jajaja.
Responder | Denunciar ante o administrador
tonecho
+2 # son os millorestonecho 08/03/2010 20:30
os do porteño son a ostia, con ganar o camariñas, xa estanmos contentos ajajajjaja
Responder | Denunciar ante o administrador
picosacro
-2 # felicidadespicosacro 08/03/2010 20:53
El mejor reportage de las últimas semanas sin duda,un abrazo Cabrejo.
Responder | Denunciar ante o administrador