3.8461538461538 1 1 1 1 1 Rating 3.85 (52 Votes)
A Liga de Veteranos convertío O Areal no maior centro de peregrinación deportiva da Costa da Morte
A Liga de Veteranos convertío O Areal no maior centro de peregrinación deportiva da Costa da Morte

Graceland

Foi o compositor norteamericano Paul Simon o que consagrou na súa canción Graceland, pioneira de fusión pop-rock con ritmos étnicos sudafricanos,  a mansión sureña testigo da vida e pasión de Elvis Presley como santuario de peregrinación para as masas desarrapadas norteamericanas: "Poorboys and pilgrims with families and we are going to Graceland". Efectivamente, rapaces pobres e peregrinos e familias enteiras acudían devotamente baixo o sol abrasador cara Memphis, Tennessee. De igual xeito, o pobo humilde e traballador camariñán, aquel ignorado nos seus divertimentos polas cuantiosas subvencións públicas e polos potentados muchimillonarios municipais, acudirá relixiosamente en masa cada domingo a un Pabellón de O Areal, convertido en centro de peregrinación deportiva. Porque estamos a falar dunha liga, agora Copa, cun logotipo propio protexido por tres leis norteamericanas anticopia (C, R, TM) e na que, tal e como rezaba a canción do xenio xudeo de Newark, New Jersey, hai sobradas razóns para crer que todos seremos ben recibidos: "Maybe I've a reason to believe We all will be received In Graceland". 

 
Asunto: XORNADA inagural
 
Comenzou a Copa da Liga máis importante e si non máis impactante da Costa da Morte: a única, genuina  e auténtica Liga de Veteranos da costa máis abrupta, inigualable e inimitable de todas cantas se poñan diante e das que quedan por atrás, a Copa da Costa da Morte dos Veteranos de Camariñas, donde hasta antonte xogaban catro clubs e que ahora se xoga desde o venres, día que precede ao sábado de borrachera que ao mismo tempo se antepoñe ao domingo de tapeteo, resaqueo e liguero nun pabellón ahora xa multifamoso por mor de que en esa tarde de eructos riojanos e salsas multicolores de tapas, o enchen as multitudes que se acostuman a dar nos baretos camariñáns… e máis aínda desde que o antonte de onte surxío no último minuto da última hora do último día un novo equipo que participará na máis variopinta e apabullante copa de tódolos tiempos, en concreto e sin nomes terciarios nin medias tintas nin pelitos de jaitas, apuntouse o XAVIÑA co reto de chejar san e salvo hasta a final de tan traballada copa, comandado e dirixido polo gran amigo de todo a organización Pablo do Caracol, que por cousas da vida e dos amores fui recalar a puerto sin mar a pesar de que a súa trincheira e traballo habitual sije sendo na mítica, destartalada e deconstruida Lonxa do Curbeiro e aledaños.
Esta copa empezou con un sorteo no bar/sede do campeonato, o Arnela, donde unha man inocente, virxen sejún el e sin intereses de ningun tipo como fui a de Vicente, o mítico porteiro do mellor Camariñas C.F., sacou as papeletas que deron os primeiros encontronazos de este xa pasado Domingo futbolero que a continuación detallamos punto por punto.
 
 1ª CRÓNICA
 
O Xaviña de Pablo empezou con mal pe a andaina por esta Copa, primeiro porque tocoulle co campeón da liga o Bodegón A Moleda, e segundo porque levou doce no cesto, e todo a pesar das grandes intervencións de seu jardamallas "O Rojo". O Lago Lin cos seus novos fichajes multimillonarios perdío co Ámeal, e no mellor partido da xornada o Alberto empatoulle ao Puerto Arnela nos últimos sejundos, mentras os Boliños janaron a jatitas ao Victoria de Zacarías e Cia, todo esto mentras o  Punta Capelo tiña o seu día de descanso.
 
Como xogador cinco estrellas nombramos a Ramón do Meu Lar, polos 3 goles que puxo e a asistencia do 4º.
 
Na táboa de máximos goleadores reza Nando con sete, sejíndolle Darío con catro e Ramón con tres.
 
Decir como posdata que para esta edición temos o apoio indiferente e incondicional do tecnico de deportes, o cal se comprometio ao que faja falta dentro das suas posibilidades a que o pabellon este disposto pa estas viejas glorias cantos domingos lle pidamos, meu agradecemento desde aquí.
 
PRÓXIMA XORNADA
 
BAR VICTORIA - PUERTO ARNELA
XAVIÑA - LAGO/TRINIDAD
MOLEDA/DARIO - OS BOLIÑOS
AMEAL - PUNTA CAPELO

DESCANSA CARPINTERÍA ALBERTO
Image 
---------------------------------------------------------------------------------------------

Comentarios   

dani 11
0 # pon aqui o calendari e horarios dos partidosdani 11 27/02/2010 23:11
deberiase poñer o calendario aqui, horarios, etc
Denunciar ante o administrador
bibelon
0 # campeonsbibelon 28/02/2010 20:11
siiiiiiiiiiiii
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.