3.8070175438596 1 1 1 1 1 Rating 3.81 (57 Votes)

Camarinas.eu estivo presente na nova victoria acadada polos Veteranos do FC Camariñas nesta xornada

Novo repaso completo e exhaustivo por parte do Mago de Corea á actualidade do fútbol municipal tras un fin de semana deportiva e socialmente demasiado intenso. Intentando poñer orde á unhas percepcións sensoriais seriamente alteradas entre todos os membros da redacción de camarinas.eu tras a asistencia á impresionante e caótica churrascada celebrada en Xaviña polos equipos percebeiros da Liga de Veteranos de Camariñas, Juanillo conta os segundos que restan para a súa reentré na despiadada competición oficial e cóntanos a impresionante victoria acadada polo histórico conxunto da Ponte do Porto no sureño campo de O Pindo (terra de antigas desdichas de camarinas.eu) que permite soñar cun cambio de rumbo que faga posible que a permanencia na categoría non sexa xa tan só un soño. Como sempre o repaso máis exhaustivo e a través da voz dos seus propios protagonistas na páxina líder da Costa Atlántica.

BERGANTIÑOS 2-2 CERCEDA

Partido de infarto o que disputamos en Carballo diante do Bergantiños e no que se nos escaparon 2 puntos no descuento. Novamente me tocou ver o encontro dende a grada e pasando uns nervios terribles, se todo vai ben este fin de semana si o adestrador quere xa poderei xogar.
Empezamos o encontro dominando e ao mesmo tempo con mala fortuna pois un tiro de Bautista vai o travesaño e minutos despois un dos mellores homes do partido, o meu compañeiro Xaco, tería que deixar o campo debido a un problema físico. O primeiro tempo acabaría con empate a cero goles no marcador. No segundo tempo continuaría a tónica do primeiro, dominio territorial noso pero que se vería truncado no minuto 50 cando o árbitro expulsa a Antonio e quedamos cun home menos, decir que no Bergantiños xogou de titular Jorge Vigo, fillo do Vigo, un xogador mítico do Camariñas e que tuvo unha actuación destacada. Marcaríamos o primel gol nunha xogada a balón parado por mediación de Fran.
O Bergantiños non lle perdería a cara ó encontro e empataríanos nunha xogada ven levada á contra. Cando parecía que todo iba a acabar en empate, no minuto 91 metemos o 1-2 por medio de Aitor a saida dun corner e xa cantábamos vitoria cando nun erro defensivo noso o Bergantiños empátanos o partido no minuto 93 e quedándonos con cara de parvos. Malo o resultado acadado en Carballo, pois o Depor B non pincha e xa nos saca 4 puntos. A próxima xornada recibimos ó Lalín, temos que gañar como sea para intentar facer bó o punto ante o Bergantiños e de paso esperar un pinchazo do Depor B.

CAMARIÑAS 0-1 VIMIANZO

Mazazo o que levou Papi e o seus homes diante dun Vimianzo que marcou o seu gol no minuto 8 de partido nunha posición moi dubidosa, pois parecía fora de xogo e a partir de ahí dedicouse a aguanar o resultado. Non está contento Papi cos seus homes e ten razón, pois de gañar o Camariñas podíase colocar a 5 puntos do Zas que pinchou na casa e desta forma queda a oito.
 
Tivo o empate no primeiro tempo Brais, que diante do porteiro non consigue acadar o gol do empate. No segundo tempo o Camariñas segui tocando e dominando e Roco ten un man a man co porteiro vimiancés pero non logra batilo. Papi arriegaria colocando só 3 defensas para intentar empatar pero non foi capaz o Camariñas. Foi o Vimianzo o que puido sentenciar á contra en 2 ocasións claras. Para a seguinte xornada o Camariñas de Papi xogará en Monte Louro, desexámoslle toda a sorte do mundo a este excelente adestrador e mellor persoa.

O PINDO 0-5 PORTEÑO

Tremenda a victoria conseguida polos homes de Rosky ante un rival directo por evitar o descenso. O Porteño necesitaba unha victoria nun partido trascendental e non fallou. Dinos Roski que o partido estivo moi igualado no primer tempo a pesar de que o Porteño adiantaríase no marcador por medio de Cousillas.
No segundo tempo continuaría a mesma tónica ata que O Pindo fallo unha ocasión clarísima e xa o di o refrán, o que perdoa acaba pagándoo e así foi, Juan o Vello marcaría o segundo tanto e a partir de ahí un festival do Porteño do Roski que conseguiría 3 goles máis por mediación de David Toja, Óscar e Piti. Tres puntos de ouro que lle dan un balón de osíxeno esperando que chegue o próximo partido no que recibirán no seu campo da Grixa ó colista, o Lira. Esperemos que o Porteño logre 3 puntos que o fagan subir na táboa clasificatoria como se merece e que o Roski siga coa súa boa traxectoria.

VETERANOS CAMARIÑAS 1-0 CLUB DO MAR

Costoulle Dios e axuda ó Camariñas de Gonzalo gañarlle ó colista. Non sería ata o minuto 93 cando Javier conseguiría o gol da victoria despois de 90 minutos de avasallo total por parte do equipo camariñán que vía como tiña ocasións e máis ocasións pero o gol non caía. Tivo que ser nunha última xogada de infarto, despois de rechaces e máis rechaces cando Javier empurraría o balón ó fondo das mallas. Continúa a racha triunfal dos homes de Gonzalo que están arrasando nesta segunda volta do campeonato.

 

Un saudo a tódolos usuari@s de CAMARINAS.EU, a páxina web independente e de tod@s os camariñáns
P.D: Decir que o Rubio non xogou ao seguir lesionado e pasou moitos nervios na grada vendo aos seus compañeiros.

 

Engadir un comentario