Trinta camariñáns, maiormente percebeiros, reuníronse nunha impresionante cea para celebrar o éxito da liga

En principio tratábase dunha invitación do Presidente do Puerto Arnela si o derby que enfrentaba ao seu equipo co dos Boliños na final percebeira mundial acababa sin jaleos, precaución innecesaria xa que o que se presentaba con tintes de cruenta guerra civil resultou ser un duelo de guante blanco que parecía por momentos xogado entre cabaleiros pertencentes á Orde do Imperio Británico. Pero ao final apuntáronse tamén aficcionados, xornalistas, admiradores e algún outro que pasaba por alí e así este sábado 6 de febreiro tivo lugar a un nivel decibélico inusualmente alto e cunha treintena de participantes unha churrascada nun coñecido ristorante xaviñán que permitío (según comentou un dos presentes) que "en Camariñas esta noite a xente poda durmir cas portas das casas abertas..."

Por outro lado, camarinas.eu non podía deixar de lado ao Bodegón A Moleda, xusto campeón do gran torneo de masas do Concello de Camariñas e presentouse no fogar do mesmo para tomar nota da cena de homenaxe aos héroes. Club de Veteranos que sen dúbidas tomará parte na gran Copa que xa se ven anunciando e da que ese ente descoñecido e secreto, intrigante e ameazador, chamado Organización envía a camarinas.eu a Convocatoria Oficial da Copa de Veteranos de Camariñas. Polo tanto aquí tedes tres noticias en unha: Cena de equipos percebeiros, cena do Moleda e Convocatoria Oficial. Ah, e con vídeos e fotos.

Asunto: Convocatoria de copa

En calquer xogo e mui importante saber perder, pero muito máis importante e saber facer perder aos outros. Esto oíno eu nunha ocasión a un entrenador cando o seu equipo estaba empatado nunha eliminatoria que de antemán xa daban por perdida. Antes, no vestuario, xa pronunciara a famosa frase que este que escribe sempre lle di aos seus pupilos: Si non nos marcan ningún gol, non perdemos.

Anteriormente se pedío formalmente que si alguén estaba interesado en organizar a Gran Copa de Veteranos que dera un paso ao frente e que mostrara a súas habilidades de organización, pero polo visto nadie se atrevío a tal desafío, polo tanto a solución de dicho problema pasa unha vez máis pola misma organización da liga.

Queda aberta a inscrición de calquera equipo que queira participar na próxima Copa de Veteranos ca condición de que reúna os requisitos que desde un principio se puxeron xa na liga pasada: o de non participar en ninguha outra liga e  o de ter de 30 a 65 anos.

A organización sabedora dos poblemas dos equipos para reclutar xente ca que facer unha plantilla mínima de sete xogadores buscou outras vías alternativas para encontrar xogadores. Baraxouse a posibilidade de poder inscribir a un xogador federado, pero ao final desestimouse; baraxouse tamén o de baixar a edad, pero non frutificou a idea, polo tanto as novas medidas que se tomaron foron as de que os xogadores que cumplan os trinta anos no presente ano 2010 non ocuparan plaza de menor, e o máximo de xogadores por equipo sera de oito. Con estas dúas medidas preténdese acadar un maior número de equipos, e como tamén queremos adecuarnos aos tempos de unha vez por todas, en esta edición aplicaranse as normas do futbol sala reglamentarias, tales como sacar a fóra de banda co pe, que o porteiro poda marcar gol ou a regla do doble penalti (sete faltas).

A Copa constará de dous grupos na que tras enfrentarse entre eles pasarán tres equipos de cada grupo que despois xa terán que eliminarse a doble partido, dos que queden fora da primeira ronda, repescarase un, a competición empezará canto antes e aínda que seguramente se interrumpirá pola Mostra do Encaixe seguirá ao finalizar esta. Haberá cabezas de serie que saldrán dos primeiros clasificados na Liga, e o sorteo será diante dun notario en nun bar público, os dous inda sin designar...

O teléfono adonde podedes chamar tan solo en horario de oficina e non as tres da mañan como fixo algún, cando un xa está sobrevalorado e pensa comer o mundo el solo, é o 610972577.

Comentarios   

samsam
-1 # RE: Cena Veteranos/Convo catoria da Copa de Veteranossamsam 08/02/2010 19:23
que empece a copa xa para faser outra sena
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
-2 # RE: Cena Veteranos/Convo catoria da Copa de Veteranosmantida 08/02/2010 21:36
Pa proxima ves que cante farol, dadellle aljo pa afinar a vos, non llle deixedes beber cubatas con llelo que lle estropea a jarjanta.
Responder | Denunciar ante o administrador
THOR
-1 # VIVA O FAROLLLLLLLLTHOR 08/02/2010 22:21
QUE BEN O PASAN VIVA O FAROOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOOO OOOOOOOOOOOOOLL LLLLLLLLLLLLLLL L
Responder | Denunciar ante o administrador
adry
+5 # RE: Cena Veteranos/Convo catoria da Copa de Veteranosadry 08/02/2010 22:23
Farol fai a festa él solo, que risas co video, bonitas fotos!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
meris
+1 # RE: Cena Veteranos/Convo catoria da Copa de Veteranosmeris 09/02/2010 13:59
eso sike e deporte e folklore aupa falete
Responder | Denunciar ante o administrador