3.8888888888889 1 1 1 1 1 Rating 3.89 (45 Votes)

Un fin de semana pleno de fútbol vibrante

Tres leyendas do fútbol da Costa da Morte unidas pola súa páxina emblemática: camarinas.eu
Tres leyendas do fútbol da Costa da Morte unidas pola súa páxina emblemática: camarinas.eu

Nova entrega da crónica semanal dun redactor en xefe dos deportes de camarinas.eu que este domingo vibrou como o que máis no Pabellón de O Areal ca resolución taquicárdica e angustiosa no último minuto da que foi a Primeira, única e auténtica Liga de Veteranos de Camariñas. E sen embargo nesta xornada xogábase un importante duelo en Baio no que o equipo local, adestrado por un dos mellores futbolistas da historia do noso concello, Tono do Atlántico, medíase cos seus compatriotas camariñáns. Por outro lado, os vetustos muros de bobadilla do mítico pero destartalado Estadio da Grixa da Ponte do Porto vían o estreo dun novo adestrador, O Rosky; e finalmente, os Veteranos do FC Camariñas vapuleaban a un novo rival. Todo elo é analizado polo miudo por un Juanillo que incapaz de superar o seu mono, pide xa que lle inxecten en vena unha nova dose da Liga das Viejas Glorias esta vez en versión copera: QUE EMPECE O TORNEO DE COPA XA!!!!!!!

VILLALONGA 0-1 CERCEDA.

Tres puntos cruciales os que conseguimos na nosa visita a Villalonga que fan que sigamos de cerca ó Deportivo B que gañou o seu partido con moita polémica (pois expulsaron a 3 xogadores do Cultural de Areas sen merecelo según a prensa). Partido que tivo un dominio alterno ainda que as ocasións máis claras foron por parte do equipo local.
Tivemos que sufrir moito, pois o gol da victoria non chegou ata o minuto 92, despois de que Xaco botara maxistralmente unha falta ó borde da área que entrou pola escuadra. Cabe destacar que neste encontro debutou Pablo (procede do Montañeros), un recente fichaxe ao que tamén hai que unirlle o de Luisito, un rapaz de Fisterra que xogaba no Dumbria.
Para a semana recuperamos a Noé que estaba sancionado, Franqueira que se recupera da súa lesión e a Louro que tamén tivo problemas físicos. Tan só quedamos por reaparecer Rodrigo e máis eu, esperamos facelo nun par de semanas como moi tarde. Para a próxima xornada xogaremos un derbi territorial en Carballo ante o Bergantiños, que de seguro nos vai a poñer as cousas difíciles.

BAIO 3-0 CAMARIÑAS

Se ten unha cousa Papi é a de ser honesto e recoñecer as cousas como son. Dinos o adestrador do Camariñas que o Baio que adestra o camariñán Tono do Atlántico foi completamente superior ao seu equipo e polo tanto merecedor da vitoria. Papi non lle encontra explicación ó que lle pasou ós seus homes, pois dende o primer minuto ata o último, o Camariñas non apareceu polo campo e en ningún momento puxo en apuros ao Baio que no descanso xa gañaba por 2-0.
Parece que Tono do Atlántico tiña moi claro como xogarlle ó Camariñas tal e como se demostra no resultado final. No segundo tempo o Baio marcaría un gol máis chegando a conclusión do encontro co resultado final de 3-0. Para semana o Camariñas recibe no campo de Hermanas Patiño ó Vimianzo, seguro que os homes de Papi querán resarcirse desta derrota.

PORTEÑO 2-2 CORME

Non se cumplio o dito de a entrenador novo victoria segura, pois Roski, o novo adestrador do Porteño non pudo debutar cunha victoria pero seguro que as conseguirá. Cóntanos que antes do encontro tomou unha decisión que eu concretamente valoro porque alineou no once inicial a xente que lle foi a entrenar o viernes, a pesar de que contaba con homes importantes no banquillo.
Comenzaria pegando primeiro o Corme, pero empataría o Porteño por mediación de Cousillas e antes do descanso Juan o Vello marcaría o segundo para os da Ponte do Porto chegando ó descanso co resultado provisinal de 2-1. No segundo tempo empataría o Corme e según nos di Rosky, os últimos 15 minutos foron interminables, pois o Corme xogando a contra tivo varias ocasións para gañar o encontro. Para a semana o Porteño visita a O Pindo, nun partido trascendental que de seguro os homes de Rosky van a sacar adiante.

VETERANOS: BÉRTOA 0-3 CAMARIÑAS

Fágome unha pregunta: ¿en que posto estaría o Camariñas sólo con ser un pouquiño máis regular nos seus partidos da casa durante a primeira volta?. Respondo eu, primeiros e destacados.
Nova victoria dos homes de Gonzalo que están nunha racha inmellorable e que ogallá continúe moito tempo. Contaba o Camariñas ca baixa de última hora de O Rubio, debido a un problema físico de última hora non podería xogar este encontro. Os goles do Camariñas conseguiríaos Manolo de Gelines, todo un golazo según me contan e que xa firmarían para eles xogadores de talla mundial. Chegaríase ó descanso con 0-1.
No segundo tempo, Tono do Atlántico (un xogador fundamental neste equipo) anotaría o segundo e como non, o pichichi Teodoro marcaría o terceiro chegando desa maneira ó resultado final de 0-3. Destacar ó porteiro camariñán Diego que non tuvo moito traballo pero o que lle chegou solucionouno de maravilla.
 
PD: Todo o fin de semana  estábase a falar en Camariñas da última xornada da liga de futbol sala, a liga das "VIEJAS GLORIAS"  na que se iba a decidir os 4 primeiros postos e o que é máis importante, decidíase o honor.
CAMARINAS.EU quixo estar presente alí, donde todos eses equipos que participaron con tódolos seus membros, merecen ser destacados, desde o primeiro hasta o último.

QUE EMPECE O TORNEO DE COPA XA!!!!!!!


Engadir un comentario