4.1525423728814 1 1 1 1 1 Rating 4.15 (59 Votes)

O combate entre Rocky Balboa e Iván Drago non será nada comparado co que se verá este domingo no Areal
O combate entre Rocky Balboa e Iván Drago non será nada comparado co que se verá este domingo no Areal

Pasa xusto o contrario do que decía aquel verso do Tombstone Blues de Bob Dylan: "...but the town has no need to be nervous..." (o pobo non ten necesidade de estar nervioso). Pero si que está nervioso. E muito ante o acontecemento deportivo máis importante en décadas nun concello que saboreará por un día a tensión electrificante da competición de masas. Primeiro, a partir das 17:30 co derby entre o Puerto Arnela e Os Boliños, que definirá o campeón percebeiro mundial e na que membros renombrados da xeración camariñana da doble "o" (Soto vs Socho) resolverán contas dunha vez e para sempre. Sangue e honor en xogo nun duelo a muerte do que incluso circula polos mentideiros e malecóns futbolísticos camariñáns unha porra na que se aposta o minuto de partido no que será suspendido o derby.

A continuación, sobre a 18:30, terá lugar a resolución final e definitiva do campeonato futbolístico máis disputado e multitudinario en décadas: o organizado por un puñado de varóns de mediada idade desarraigados das pistas por unha xuventude que finalmente non estivo á súa altura e no que se reivindicaron definitiva e maxestuosamente. A final entre A Moleda do Panky e Nando e o Punta Capelo do Chocolate e Pedriño permitirá á súa vez redimir a dous lugares con identidade propia e, ao xuizo dalgúns, soxuzgados polo imperialismo camariñán e xaviñán respectivamente: Buría e Santa Mariña, sedes dos dous máis grandes conxuntos futboleros da veteranía desta Costa da Morte dos nosos pecados. O campeón poderá reinvindicar parroquia propia.


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.