3.8571428571429 1 1 1 1 1 Rating 3.86 (63 Votes)

Tenerife, 07/06/1992

O que faltaba: o Puerto Arnela, equipo organizador do maior éxito deportivo no noso concello en décadas
O que faltaba: o Puerto Arnela, equipo organizador do maior éxito deportivo no noso concello en décadas

Si existe unha data emblemática para o paroxismo hitchockniano, para o suspense elevado á máxima potencia en canto a finales de campeonato se refiere, esta ven constituida pola xornada ligueira do 7 de xuño de 1992 cos sucesos tristemente acaecidos no Estadio Heliodoro Rodríguez López de Tenerife. Tratábase dunha liga á que chegaban á última cita prácticamente igualados en todo un dos mellores Barça da historia (Koeman, Stoichkov, Laudrup...) e un Real Madrid dos máis lamentables que se recordan, dirixido por un adestrador xa en retirada (Leo Benhakker) e protagonizado por un puñado de viejas glorias en declive evidente e perpetuo (Míchel, Butragueño, Sanchís...). A irrupción no escenario do ínclito García de Loza só servío para engadir maior carga dramática á crónica dunha morte anunciada.

Por elo, esta data acude á mente do redactor que o presente subscribe á luz dos sucesos históricos que este domingo 31 de xaneiro de 2010 acaecerán no Pabellón Municipal de O Areal.  En primeiro lugar polo derby a morte entre cuñas da mesma madeira protagonizado polo Puerto Arnela e Os Boliños: 3º e 4º posto en xogo e o honor de proclamarse o mellor conxunto percebeiro mundial. Despois, a apoteosis, o desiderátum, o duelo final e definitivo entre un líder (A Moleda) que cotiza á baixa despois dunha segunda volta demasiado errática e un segundo, o Punta Capelo, que ven devorando distancias e grados de separación famélica e desesperadamente. Igualito que o acontecido aquel triste e soleado domingo de inicios de xuño do ano do Noso Señor de 1992.

JORNADA 13 E PENÚLTIMA
 
Como si de unha película de Alfred Hitchcock se tratara o suspense de esta xa mítica liga de veteranos convertíose en un thriller que non terá resposta hasta o último minuto da última xornada  do último domingo de enero. Primeiro porque ese día no penúltimo partido da xornada enfrentaranse o PUERTO ARNELA e Os BOLIÑOS nun derbi a vida o morte donde xa non solo se xoga o tercer puesto, sinon que se xoja o orgullo e a posterior humillación do perdedor. Despós xa para colmo da perfección no último partido que enfrenta A MOLEDA do Panki co PUNTA DO CAPELO de Chocolate saldrá o mismísimo campeón de esta venerada e aclamada liga, liga que como non podía ser de outra forma deixou todo para o último partido da última xornada do último domingo do mes, e despós dos contratiempos de pasar por cierres a cal e canto; por tan solo un vestuario para cuarenta homes en pelotas, cabreados, sudorosos e enfrentados; despós de multitud de lesións múltiples; por árbitros nobeles; por pelotas grandes e balóns deshinchados; por  todo esto e máis cousas que eu quixera contar e non me atrevo, pois despos de todo esto, os directores da incondicional páxina de CAMARIÑAS.EU a seguiron, a apoyaron e a fotografiaron para que os camariñáns que están dentro e fora de esta terra verde, grande, hermosa e de magnos paisanos puderan seguir as andanzas de familiares, amigos e veciños da porta de enfrente ou do Terceiro B.
É precisamente por eso mismo, por ser eles os de CAMARIÑAS.EU os únicos que creeron en esta organización destartalada e sin nada claro nin nada predeterminado, queremos agradecerlle o xesto pedindo que sean eles e solo eles, e ningún político de turno, nin ningún empresario muchomillonario, nin ningún camariñán do ano, nin ningún ilustre emprendedor, o que entregue os trofeos da Liga de Veteranos. Polo tanto, Don Diego de Alonso e Don Marcos de Perrúa en muestra de agradecemento  da organización serán os padriños de esta competición, recaendo en eles a patriótica misión de entregar o Domingo día 31 e despós do último partido os trofeos que acreditan a participación nesta histórica liga de veteranos que será recordada polas vindeiras xeneracións e que quedará registrada xa de por vida en este medio de comunicación ao sevicio de Dios, de Paco, de Jose e todos os camariñáns mundiales. Desde aquí agradecémoslle unha vez máis aos dous o seu apoio incondicional a este que relata a máis absurda, destiñida  e ilógica crónica deportiva semanal.
Señores y señoras, miembros y myhembras, si aljén recorda unha liga tan igualada donde o último clasificado tan solo lle ganou ao primeiro, e donde o primeiro solo perdío co último, donde a decisión final quedou para o derradeiro partido da derradeira xornada que veña e nolo diga, e si é verdad... nos devolverémoslle o diñeiro.
 
RESULTADOS DA 13º XORNADA
 
OS BOLIÑOS - PUNTA CAPELO 1-3
LAGO LIN - CARP. ALBERTO 3-6
EXPERT AMEAL - BAR MOLEDA 3-6
BAR VICTORIA - PUERTO ARNELA 2-3
 
CLASIFICACIÓN 

BAR A MOLEDA - 32
PUNTA DO CAPELO - 31
PUERTO ARNELA - 22
OS BOLIÑOS - 22
ESPERT AMEAL - 16
CARP. ALBERTO - 12
BAR VICTORIA - 11
LAGO LIN - 06

Engadir un comentario