3.6938775510204 1 1 1 1 1 Rating 3.69 (49 Votes)

 ¡Ánimo Porteño!

No dique seco por tres semanas, Juanillo non falta á súa cita semanal cos lectores de camarinas.eu
No dique seco por tres semanas, Juanillo non falta á súa cita semanal cos lectores de camarinas.eu

Posiblemente, o maior coñecedor do deporte camariñán escribe en camarinas.eu, un home que con sorte algún día estará chamado a desenrolar para ben dos nosos fillos algunha clase de alta responsabilidade no deporte dun Concello pródigo en talentos deportivos pero sen embargo tan necesitado de patriotas camariñáns, de valiosos pedagogos que transmitan o talento infinito que atesoran a unhas xoves xeracións ansiosas de demostrar todo o que levan dentro; unha terra tan orfa de curtidos ex-profesionais do deporte coñecedores dos pormenores da competición profesional, aquela na que non valen medias tintas e o chau-chau.  Pero mentras Juanillo non retorne ao seu fogar de maneira definitiva para volcar toda a sabiduría deportiva que leva dentro, haberá que contentarse con seguir as súas sabias crónicas a través de camarinas.eu, a web que chegou aos 8.000.000 de visitas gracias a redactores como el. Juanillo, un dos nosos.

CERCEDA 2-2 CÉLTIGA

Mal partido o que fixemos este domingo diante do Céltiga e no que se nos escaparon 2 puntos no descuento. Partido no que non xogamos ben, pero pese a todo fomos capaces de adiantarnos no marcador por mediación de Óscar mediado o primeiro tempo. O gol dounos un pouco de tranquilidade, pois ata ese momento eran os visitantes os que dominaban sobre o terreo de xogo.
E como levamos todo o ano igual (que me crea Javier Cabrejo, pois pode leer as crónicas e ver vídeos do partido) o Céltiga empátanos o partido de panalti, pero un penalti que hai que ver para contalo, pois todos que estábamos na grada vendo o partido e incluso o adestrador deles como comentaría despois, pensabamos que iba a sacarlle cartón amarelo ó xogador visitante por deixarse caer na área, e tras un momento de dúbidas, o colexiado sinala o punto de penalti ante o clamor de todo o mundo que estaba na grada e no propio campo. Chegaríamos ó descanso co 1-1 no marcador.
No segundo tempo adiantaríamonos de novo por mediación de Aitor. e sería Aitor novamente o que conseguiría un gol que o árbitro anula a través do seu linier porque entende que foi un xogador do Cerceda o que toca o balón cando este xa iba a entrar, ¡¡¡pero non!!!, foi un xogador visitante que querendo despexar empuxa o balón ó fondo das mallas. Non pode ser a mesma canción tódolos fins de semana, sobre todo cando xogamos na casa.
A partir de ahí poidemos sentenciar o partido á contra pero non foi así, e no minuto 91 pasou o que ninguén esperaba que pasase, nun par de robotes na nosa área o balón cáelle nos pes dun contrario e acada o segundo gol para os visitantes que conseguían desa maneira o 2-2 final. Varapalo o que levamos e que non se esperaba, pero o fútbol é así. O Depor B sácanos 2 puntos de ventaxa e trataremos de recortar distancias o vindeiro domingo onde xogaremos en Vilalonga ante o cadro local.

CAMARIÑAS 2-0 CASTRIZ

Boísima a victoria dos homes de Papi ante o Castriz que estaba nos postos altos da clasificación. Está moi contento Papi co xogo mostrado polo seu Camariñas na tarde do domingo e na que a pesar das baixas cás que contaba (Antelo, Dela, Peski non podian xogar) o cadro Camariñán raiou a un alto nivel. O 1-0 conseguiríao  Javi no minuto 25 nunha gran xogada de David que fai unha gran xogada e cédelle o balón a Javi para que éste só o teña que empurrar ó fondo das mallas.
Pudo Javi novamente meter o segundo gol antes do descanso pero non estivo acertado de cara o gol. Tras o descanso, foi o Castriz que dispuxo dunha boa ocasión pero errou, e o mellor estaría por chegar, pois Ismael colleu o balón no centro do campo e tras irse por velocidade de todos cantos contrarios lle sairon ó paso logra o 2-0 nun dos mellores goles que seguramente se marcarán este ano na liga da costa.
Brais poido ampliar a ventaxe local pero non tivo fortuna. Destacar que Papi fixo debutar ó xogador xuvenil Diango que desta forma obtén un premio ó seu labor destacado que está a desenrolar cos xuvenís. Para a semana o Camariñas visitará a cancha do Baio que adestra o camariñán Tono do Atlántico.

SOFÁN 4-1 PORTEÑO

A can fraco todo son pulgas. Non sale dunha o Porteño e métese noutra. Tan só 13 homes estaban a disposición do Porteño de Pepucho que finalizou o mesmo con 9 por expulsión de Varela (foi a clave do encontro) e de Chino. Así e todo hai que animar o Porteño e esperemos que este domingo gañe para romper unha dinámica de resultados moi malo que están a levar ó equipo da Ponte a  asomarse os postos de descenso.
Empezaría o Porteño moi ben e adiantaríase no minuto 4 por mediación de Óscar. Non só iso, senón que Varela, Juan o Vello poideron ampliar claramente o marcador e deixalo sentenciado se lograsen acertar en algunha das ocasións cas que se atoparon. E como non, tras un erro arbitral monumental, o Sofán empataría o encontro antes de chegar ó descanso nuha xogada en claro fora de xogo.
Tras o ínterin aparece a xogada clave, Varela é expulsado por doble cartón amarelo e a partir de ahí acabouse o partido e o Porteño recibiría 3 goles máis que poideron ser máis para acabar co resultado final de 4-1. Antes do remate do partido expulsarían ó xogador do porteño Chino por parar cá man o balón cando iba a entrar na portería. Teñen que animarse os porteños e cambiar o chip para conseguir 3 puntos vitales o próximo domingo ante o Corme.

(Indicar que tras este encontro a Directiva decidío destituir a Pepucho e colocar ao frente dos destinos do histórico conxunto da Ponte do Porto a Ángel Insua Rial, o Rosqui.)

VETERANOS DE  CAMARIÑAS 6-2 BAIO

Continua a racha triunfal do Camariñas de Veteranos que logrou endosarlle ó Baio na mañá do domingo unha goleada. Estaría igualado o tanteador no primeiro tempo, no que Teodoro, o máximo goleador da liga conseguía os 2 tantos camariñáns cos que se chagaría ó descanso con empate a 2 goles no marcador.
O segundo tempo o Camariñas pasou como un vendabal por encima do Baio, e foi o Rubio quen conseguío desempatar o encontro tras unha boa xogada de conxunto e no que o seu disparo toca nun defensor do Baio e cólase para dentro das mallas. Serían 2 asistencias de O Rubio e unha de Manolo de Gelines, as que servirían para que Teodoro por dúas veces e Faustino conseguiran acadar o 6-2 final no marcador.
Xogou ben o Camariñas que conta con homes como Tono do Atlántico, Arturo de Genucha, Pepucho, O Kiskel entre outros (teríamos que mencionar a todos que o merecen) que lle dan un plus de calidade ademáis dos anteriores mencionados.
Teodoro cos seus 4 goles conseguidos, amplía a ventaxa sobre os seus seguidores na táboa de máximos realizadores. Para a semana o Camariñas visita ó Bértoa, difícil a saída pero non imposible para os homes que adestra Gonzalo.

 

Comentarios   

juanillo
+4 # RE: A Cronica do Mago de Corea 24-01-2010juanillo 28/01/2010 11:16
Queria decir sobre a destitución de Pepucho como entrenador do Porteño que non estou de acordo en absoluto cá diretiva do Porteño ca decisión tomada.
Respétoa claro está, pero non estou de acordo por moitos motivos, Pepucho este ano tivo mil problemas para dispoñer de toda a plantilla, lesións, sancións,xogado res que se marcharon este ano a outros equipos, os arbitrajes que están sendo totalmente en contta, moi inxustos etc, etc, poderiamos estar nombrando moitos mái, fan que o Porteño non esté ocupando nestes momentos un posto na tabla clasificatoria como se merece.
Tamén recordar que foi Pepucho o que o ano pasado levou a este equipo( os xogadores tamén tuveron o seu mérito) a acabar entre os primeiros clasificados cun equipo humilde.
Os resultados son os que mandan para a directiva do Porteño, pero eu creo que foron inxustos cá decisión.
O novo adestrador será o Roski, un bó amigo meu ó que lle desexo toda a sorte do mundo e ojalá os resultados lle acompañen para que o Porteño, un club tan entrañable e carismático non pase apuros no que queda de liga.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+1 # Non é xustodiegoalfr 28/01/2010 12:43
Eu tamén quero dar todo o meu apoio a Pepucho e mostrar o meu desacordo ca directiva do Porteño polos motivos que tan ben expoñe Juanillo. Foron moitos os atrancos que tivo esta temporada pepucho pero a súa labor foi exemplar. Xa sabemos como é o fútbol das grandes alturas pero unha directiva dun equipo humilde da costa non pode mirar o exemplo deses clubs de galacticos. supoño que os proxectos son bos cando todo vai ben pero cando fallan ainda que sexan polos motivos que sexan sempre se culpa ao entrenador. en fin pepucho, ánimo e tamén desexarlle sorte a noso amigo Roski.
Responder | Denunciar ante o administrador