4.0425531914894 1 1 1 1 1 Rating 4.04 (94 Votes)

Buría versus Santa Mariña

O universo colectivo da Liga de Veteranos posiblemente verá o seu desenlace este domingo 24-01-2010
O universo colectivo da Liga de Veteranos posiblemente verá o seu desenlace este domingo 24-01-2010

Aínda que poda parecer extraño, Buría e Santa Mariña (sedes do Frío Darío/A Moleda e do Punta Capelo, respectivamente) son dous lugares que non deixan de ter unha serie de características en común: terras de xentes acostumadas aos traballos duros e fatigosos, se ben no caso de Buría pódese chegar a casos extremos; terras elevadas, situadas nas alturas, dende as que sen embargo se ve un non moi lonxano océano, o que permite aos seus habitantes levar unha vida a cabalo entre o campo e o mar, se ben en Buría o que é traballadores adicados ao marisqueo nunca hubo moitos e si de furtivos propiamente falamos pois... Ejem, perdón, acabamos de citar unha realidade inexistente no noso concello... O caso é que eses dous mundos, esas dúas realidades acaban de entrar nunha colisión de proporcións cósmicas e veranse as caras con todos os seus extracomunitarios este domingo 24 de xaneiro no Pabellón de O Areal no duelo que posiblemente resolverá de forma definitiva a Primeira, Única e Auténtica Liga de Veteranos de Camariñas. Despois, todo xa dará igual. O planeta poderá explotar.

ANTECRÓNICA
 
Ahora que xa estamos ás portas de finalizar esta emocionante liga de veteranos toca facer balance do feito e ir deixando cabos atados para vindeiras edicións, e posto que o último artículo será o dedicado a clasificación final e en especial a un completo reportaxe do campeón, en estas dúas semanas deixarase todo claro en canto a contas e responsabilidades.
A actual organización da por feito o traballo que desde un principio pretendío facer, que era a reactivación da liga de fútbol sala en Camariñas, e  dándose por satisfeito no seu traballo pese as continuadas críticas e reprendes, a organización e en concreto eu, Soto, deixo o meu cargo como un dos organizadores ao finalizar o día 31 do mes corrente o andar de esta liga. Despós de esta fecha queda a disposición de quen queira facer a copa a laboura do agradable traballo de organizala, fago esto porque penso que cada edición debería de estar organizada por dous presidentes  distintos, e así saber o traballo que se fai, que non rajar por bares e corrillos, xente que todos os días che está decindo como se ten que facer, ahora teñen a oportunidad de demostrar a súa valía e aplicar o seus masters balompédicos a favor do pueblo. Xente que sabe as reglas de pe a pa e como aplicalas pero que non sabe donde está o punto de penalti, ahora pode emplear a súa inteligencia e habilidades no mundo da organización e do traballo altruista e contribuir ca sua sabiduría ao ben de todos os que participamos. Ingenieros do arbitraxe, peritos en justicia, expertos en faltas e aplicación destas, Ronaldos, Iniestas, Guardiolas... todos eles ahora tocalle saltar ao ruedo para emplear os seus múltiples conocimientos, e poden ter por seguro que serán recompensados con creces en agradecementos varios e vivas de multitudes, ou polo menos de este que escribe.
Para a vindeira semana presentaremos as oito copas que se repartirán, das que todos os equipos teran a súa, tamén se presentará o balance de cuentas, e os cartos que sobraron devolveránselle en proporción a cada equipo.
 
CRÓNICA DA  12º XORNADA
 
A xornada fui un calco da anterior, ganaron os catro equipos de arriba, e o Punta Capelo é o único equipo que aguanta o tirón do líder e sigue deixando xunto co Moleda do amigo Panki a decisión de quen vai levantar a copa de campeón para a última xornada. O xogador estrella da semana é para este que escribe Fernando de Quinolo do equipo Expert Ámeal. A su humildade, característica que este que escribe máis valora, fai del un xogador de equipo admirable. Debaixo dos paus, Sergio do Victoria fui o mellor.
 
RESULTADOS
 
BAR MOLEDA - CARPINTERIA ALBERTO  4-3
BAR VICTORIA - OS BOLIÑOS  1-5
PUNTA CAPELO - LAGO LIN  7-2
EXPERT AMEAL - PUERTO ARNELA  1-2
 
CLASIFICACIÓN
 
BAR MOLEDA - 29
PUNTA CAPELO - 28
OS BOLIÑOS - 22
ARNELA - 19
EXPERT AMEAL - 16
BAR VICTORIA - 11
CARPINTERIA ALBERTO - 09
LAGO LIN - 06
 

Comentarios   

pepe de tilluca
+1 # nos tamen somos de buriapepe de tilluca 20/01/2010 23:08
Queria comentar que hay xojadores do punta do capelo que tamen son de buria por parte materna, en cocreto coco,luis e eu mismo ademas de xente de camariñas como pedriño. xa vedes que somos un equipo de hermandad entre santamariña,cam ariñas e camelle. aproveito pa dar as jrasias a todos os que partisipan neste campeonato, son un ejemplo a sejir para xente da misma edad e tamen para os mais novos. jrasias tamen a orjanisasion e atodo o mundo que fai posible que praticar deporte estea o alcanse de todo aquel que queira.e un plaser xojar con vos cada domingo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Rubén lema
+4 # RE: Duodecima xornada da Liga de VeteranosRubén lema 20/01/2010 23:24
Ainda que poda parecer extraño buria ten pabellon o normal seria que as carateristicas en comun foran camariñas con laso por que non teñen pabellon nin pista cousa que buria e santa mariña teñen e teñen donde xogar sin ter que xogar nas terras altas de laso nin no pobo camariñas
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+4 # RE: Duodecima xornada da Liga de VeteranosMikel 21/01/2010 12:23
Este é o segundo comentario que verto nestas sensacionais letras que se contemplan cada semana....unha, porque o redactor,sempre estivo moderado e outra porque sempre estivo realista e sabedor de todas as cuestións...... Saludo a Soto e comparto con el.que os que critican,teñen agora a oportunidade de facéreno eles,ou elas.........a Suso,o árbitro,decirll e que fallos tuvo..e que?...acaso os árbitros galácticos de España non teñen eses fallos e peores?...tranq uilo Suso...eu de ti,algún teria que estar expulsado do campionato,nn do partido....e que máis von decir eu que vós nn sepades,os que cada semana viñestedes ver esa liga de viejas,escarran gladas e artísticas do balompé..de todo hai.....o público portouse estupendamente, asistio masivamente(doa lle a quen lle doa)..pasamos un rato entrañable...pr acticamos deporte...nn nos poñemos con nadie....e quen sabe...quizás algún de nós,a partires dos cuarenta ou cincuenta cheguemos a vivir do fútbol.....un abrazo Juancamariñan
Responder | Denunciar ante o administrador
pili_camariñas
+1 # jajajajpili_camariñas 21/01/2010 16:50
menudos xojadores ai eh jajajja
Responder | Denunciar ante o administrador