4.2173913043478 1 1 1 1 1 Rating 4.22 (46 Votes)

Dúas derrotas e unha lesión

Os encontros dos Veteranos do FC Camariñas formarán parte da crónica semanal de Juanillo
Os encontros dos Veteranos do FC Camariñas formarán parte da crónica semanal de Juanillo

Xornada catastrófica para os equipos camariñáns que foron vapuleados nos seus encontros respectivos excepto para un Cerceda que ca importante victoria acadada en Santa Comba continúa de líder intratable da Terceira División. Victoria sen embargo que trouxo consigo un pinchazo nun muslo do Mago de Corea que pode retiralo tres xornadas dos campos de Fútbol. Un Juanillo por outra parte que non se olvida dos seus compañeiros de xeración, aqueles que formaron un dos FC Camariñas máis gloriosos da historia e que agora integran un plantel do Veteranos do Camariñas cuios encontros serán analizados semanalmente polo maior experto que se pode atopar a día de hoxe en canto a fútbol se fala na Costa da Morte: o que fui o mellor xogador da súa historia.

SANTA COMBA 0-1 CERCEDA

Magníficos tres puntos os que conseguimos este domingo en Santa Comba para non perder a estela do Deportivo B que xa ganara o sábado o seu partido e desta maneira continuamos líderes empatados a puntos con eles. Por outro lado, mala sorte a miña xa que no segundo tempo retireime por un pinchazo no muslo e, á espera de que me fagan unhas pruebas esta semana, seguro que estarei de baixa polo menos tres semanas.

Partido xogado nun campo no que era imposible case manterse en pé, posto que estaba todo enlamado, foi o mesmo campo no que o dia anterior xogou o Camariñas o seu encontro diante do Xallas. O primer tempo foi un toma e daca constante, no que o Santa Comba tivo dúas claras ocasións que o noso porteiro Christopher atallou moi ben.
Tamén nós dispuxemos de unha ocasión clara que o porteiro local conseguio evitar que anotásemos gol. Tras o descanso continuou a mesma tónica do primeiro tempo e foi o Santa comba o que tivo a ocasión máis clara pero afortunadamente para nós non entrou o balón na portería. Fixéronnos un penalti moi claro que o árbitro non quixo ver e non foi ata o minuto 85 onde conseguiríamos o gol da victoria despois de que Louro marcara un claro penalti por mor dunha clarísima man dentro da área que non admite descusión algunha. Para a semana recibiremos ó Céltiga e esperemos continuar a boa racha de resultados destas dúas derradeiras semanas.

XALLAS 3-0 CAMARIÑAS

Caeu o Camariñas de Papi en terras xalleiras e nun campo que como antes mencionaba estaba máis para que pastaran as vacas que para xogar ó fútbol. Non foi a derrota a única mala noticia, pois ata 4 lesionados por parte do conxunto camariñán houbo no transcurso do encontro: Antelo, Moriño, Roco e Peski non poideron acabar o partido, algún deles non xogou nin 5 minutos e esperemos que o alcance das lesións non sexa grave, desta forma, o porteiro suplente do conxunto que dirixe Papi tivo que xogar de dianteiro durante o segundo tempo. O partido tivo un dominador claro que foi o Xallas que se adaptou mellor ó patacal e pese a todo chegaríase ó descanso con 0-0. Foi no segundo tempo onde o Camariñas notaría as lesións e onde o Xallas lle endosaría os tres goles cos que se chegou ó resultado final. Para a semana o Camariñas recibe ó Castriz nun partido que Papi pode ter moitas baixas.

PORTEÑO 0-4 ZAS

Notouse a superioridade do Zas nun encontro no que a pesar de esa superioridade o resultado foi demasiado abultado. Se a eso lle añadimos que o primeiro tiro a porta do Zas convértese en gol en propia meta pois batacazo que levan os homes de Pepucho e que fai que remen en contra da corrente nada máis empezar o partido. Pese a todo, o Porteño de Pepucho non lle perdeu a cara ó partido e tería ocasións para empatar o partido, e tamén como ocurre nas ligas de superior categoría, os árbitros barren para o equipo forte ante a dúbida e se non hai dúbida pois tamén, porque huobo 2 foras de xogo inexistentes que eran ocasións de man a man contra o porteiro do Zas. No minuto 44 o Zas conseguía o seu segundo gol e ahi rematou o partido. No segundo tempo, o Porteño intentouno todo e o Zas foi letal xogando á contra e acadando 2 goles máis chegando desa forma ó final do encontro co resultado de 0-4. Para a semana, os homes de Pepucho visitarán a cancha do Sofán. Pepucho recuperará  a Juan o Vello que esta semana estaba sancionado por acumulación de tarxetas e foi unha baixa moi sensible.

LIGA DE VETERANOS

Abrimos outro apartado na sección de deportes dedicada ós veteranos do Camariñas e desta forma tamén saberemos que fai o equipo no que xogan Pepucho, Tono do Atlántico, Arturo de Genucha, Manolo de Gelines, o Rubio, Berto, Diego do Snack, Vicente o Kiskel, Teodoro......e demáis.

VIMIANZO 0-2 CAMARIÑAS

Magnífica victoria a que acadou o Camariñas de Veteranos en terras vimiancesas e que lle permite ós homes que dirixe Gonzalo ir escalando posicións na tabla clasificatoria. Os goles do Camariñas foron acadados por Teodoro, con este tanto xa leva 20: é o máximo goleador da categoría e o segundo gol foi obra de Javier. Non pasou apuro o Camariñas nun partido que dominou e no que mereceu a victoria.

Esto foi todo canto dou a xornada, esperemos para a semana contarvos novas victorias dos nosos.

Un saudo a tod@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web líder, a das ideas orixinais.

Comentarios   

jose de marta
+1 # RE: A cronica do Mago de Corea 17-01-2010jose de marta 19/01/2010 17:52
Joder con ese campo non me extraña que te lesiones,cuidat e muito e recuperate o mais rapido posible juanillo.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.