3.9428571428571 1 1 1 1 1 Rating 3.94 (70 Votes)
O Punta Capelo e o Bar Moleda teñen tres xornadas por diante para saldar as súas contas e ser campeóns
O Punta Capelo e o Bar Moleda teñen tres xornadas por diante para saldar as súas contas e ser campeóns

Sagradas tardes de fútbol dominguero

Decía a canción pachanguera: "Me gusta el furbooo... lo domingo pola tarde la maioooó de mi afisioneeeeé". Corrían os tempos de cando ás 17:00 horas de cada domingo un país formado por 40.000.000 de almas quedaba paralizado co sonido envolvente e hipnótico procedente dun destartalado transistor made in Taiwan ou Hong-Kong. Ata o día no que as televisións, o pay-per-view, a modernidade en definitiva chegaron para enviar as sagradas sobremesas deportivas do Día do Señor ao limbo do tedio máis soporífero. Foronse apagando pouco e pouco. E un día non moi lonxano chegará un artista e rodará o que a crítica cinematográfica dará en chamar "un western crepuscular sobre as tardes de domingo futboleras". Pero mentras tanto, para encher o oco insustituible deixado polo balompié dominguero, chegou entre o clamor das multitudes a Primeira, Única e Auténtica Liga de Veteranos, cas súas bancadas repletas e un suspense hitchcockniano que o deixa todo para decidirse nas tres últimas xornadas. No va más, señores.

ANTECRÓNICA

SIN PRISA PERO APURANDO, este era o lema dun conocido contratista camariñán que a cada momento dicíallo aos seus albañiles á hora de darlles a tarea diaria. Así pódese definir o que ten que ser o xogo dun equipo que participa en unha liga de veteranos: as carencias dos anos acumulados transforman en lentitud de reflejos e falta de reprise aquelo que os anos dorados da juventud brindaban. Aplicando este lema de non ter prisa pero apurar e correr desde o pitido inicial hasta o pitido final equipos nos que seus xogadores na vida xogaron ao fútbol nin nada que se lle parecera están dando soberanas palizas a equipos que atesoran nas súas pernas miles de kilómetros feitos polos campos da costa e arredores. Homes, que non rapaces, que empezaron a xogar a este deporte internacional do fútbol mediando os trintatantos e  que a cousa máis redonda que viran fora o xeo dos cubatas, están demostrando que a forza de voluntad pode máis que a experiencia, taconeos, piruletas, regates e demáis malabarismos de xente que xogou toda vida ao fútbol. As carencias tácticas súplenas co esforzo físico, e cando os outros fan correr o balón eles fanse correr a tutiplén. Xogadores de toda vida tíranse dos pelos cando tres casi jubilados fanlle frente na cancha donde se practica a máis igualada liga de veteranos de toda a Costa Atlántica e arredores. É que o demo sabe máis por vello que por demo, e por eso a frase célebre de nonsenquén que é tan sencilla como colosal di: -El fútbol es grande, porque cualquier equipo pequeño y humilde le puede ganar al más grande y poderoso-.

CRÓNICA  - 11ª XORNADA

O Expert Ámeal janou a jatitas ao Victoria nun duelo igualadísimo como xa sole ser habitual en esta liga, donde máis o menos calquera lle jana a calquera. Os da Moleda volveron a patinar no seu camiño a liderar a liga, esta vez diante  dos Boliños, estes puxéronlle os pes no suelo aos pupilos de Panki que xa recordan fantasmas pasados de ligas ganadas antes de empezar. O Lago Lin caío diante do Arnela mentras que o Capelo sumou outros tres puntos a costa do Carpintería Alberto e queda a tan solo un punto do líder .
En esta xornada non se vai nombrar a ningún xogador cinco estrellas, sinón que o título en cuestión dámosllo ao colegiado Suso Lista, polo que nadie apostaba un peso dudando da súa continuidade e responsabilidade, ao que el respondío con feitos e non palabrerías de malecón facendo calar a máis de un. Para el e para os seus dous cojones van as cinco estrellas semanales.

RESULTADOS

EXPERT AMEAL - BAR VICTORIA 4 - 3
F.DARIO/BAR MOLEDA - OS BOLIÑOS 4 - 4
LAGO LIN - PUERTO ARNELA 5 - 9
PUNTA CAPELO - CARP. ALBERTO 6 - 3

CLASIFICACIÓN

FRIO DARIO/BAR MOLEDA - 26
PUNTA DO CAPELO - 25
OS BOLIÑOS - 19
PUERTO ARNELA - 16
EXPERT AMEAL - 16
BAR VICTORIA - 11
CARPINTERIA ALBERTO - 09
LAGO LIN - 06

Engadir un comentario