4.0441176470588 1 1 1 1 1 Rating 4.04 (68 Votes)

Ataque a un humilde

O redactor en xefe dos deportes de camarinas.eu clama na súa sección contra o despropósito arbitral
O redactor en xefe dos deportes de camarinas.eu clama na súa sección contra o despropósito arbitral

Como si de unha das plagas do antigo Egipto se tratara, o espíritu da Audiencia Nacional transmutouse ata a Costa da Morte. Por designio dalgún oscuro feitizo maldito, todos aqueles rasgos que convertiron en xuiz superestrela a Baltasar Garzón (chulería, imprudencia, afán de protagonismo, ignorancia oceánica dos principios elementais do Dereito, sin mencionar o ánimo de lucro, obviamente) reencarnáronse nos destartalados árbitros desta desolada Costa Atlántica para arrasar na primeira xornada do ano que empeza aos equipos camariñáns e en especial, por aquelo da reincidencia, ao máis humilde dos tres: o CF Porteño. A este paso camarinas.eu verase obrigada a tomar medidas e ir aos partidos do histórico conxunto da Ponte do Porto acompañada das cámaras da TELE-TÉ (tal e como rebautizaron os nosos queridos compatriotas de Buría e Xaviña á TDT) para retransmitir ao mundo este vergonzoso episodio de ignominia e asoballamento dun humilde.

XORNADA PÉSIMA, 3 PARTIDOS E 3 DERROTAS

CERCEDA 0-2 ÓRDENES

Partido no que todo foi negativo desde o principio, lesioneime ós 5 minutos de partido nun salto de cabeza no que o contrario agachouse e fixo que caera de costado provocándome 2 fisuras en 2 costillas pero por suerte non é nada grave. Non sólo eso: 15 minutos despois (Javier Cabrejo que lee estas crónicas e sempre me di que falo dos árbitros pero é normal que fale, non é excusa, estannos acribillando) expulsounos a Xaco por non facer nada, como recoñecería o xogador do Órdenes e a partir de ahí non demos unha a dereitas e en 2 minutos recibimos 2 goles chegando  ó descanso con 0-2 e todo o segundo tempo  por diante. Certo que estábamos xogando mal e igual con 11 homes poderíamos ir perdendo pero notouse moito a expulsión. No segundo tempo saímos a intentalo todo pero non era o día do Cerceda e por máis que queríamos non podíamos crear perigo e ó final o Ordenes despois de tirar 2 tiros  a porta gañou por 0-2, a máxima efectividade. O peor é que para o próximo domingo perdemos a Xaco pola súa expulsión e a Antonio por acumulación de terxetas pero recuperamos a Felipe e a Oscar para enfrontarnos ó Pontevedra B en Cerceda o vindeiro domingo esperando conseguir 3 puntos que son os que actualmente nos leva o Deportivo B.

MUROS 5-1 CAMARIÑAS

Tremendo varapalo o levado polo Camariñas de Papi, que non mereceu caer goleado de tal forma e de non ser pola actuación dun colexiado prepotente e que expulsou no minuto 18 do primeiro tempo ó camariñán Brais por decirlle que deixara a lei de ventaxa o resultado sería outro. Ata ese momento o resultado era de 1-1, o gol de Camariñas era conseguido por Ismael nun lanzamento de falta que entrou pola escuadra. Pero nunha contra do Muros que o Camariñas defende moi ben e recupera o balón, Alejandro dille ó árbitro que o dianteiro do Muros está en fora de xogo sempre e o árbitro pita falta en contra do Camariñas e nesa xogada o Muros adiántase no marcador chegando ó descanso con 2 a 1. No tempo de lecer tanto Papi como os directivos camariñáns dinlle ó árbitro que desa maneira vale a pena abandonar, e o árbitro dilles con prepotencia que a porta téñena ahí cerca e que se poden largar. O segundo tempo sobraría, os xogadores do Camariñas estaban desquiciados e xa estaban no campo por estar e desa maneira chegaría a goleada do Muros. Resaltar que no polos nosos debutou Roco, o xogador fisterrán recentemente fichado e co cal Papi estaba moi contento pola súa actuación. Ademáis o colexiado amonestou ata en 9 ocasións a xogadores do Camariñas co cal 4 deles perderanse o próximo encontro diante do Esteirana. Esperemos que esta derrota non afecte a excelente traxectoria que están a levar os homes de Papi e sigan loitando nos postos altos da tabla clasificatoria.

FISTERRA 1-0 PORTEÑO

Pois máis do mismo para os homes de Pepucho, non se merece un club humilde como o Porteño unha persecución arbitral que xa está durando demasiado e que os homes de Pepucho están a notalo en demasía. Transcurría o encontro polo camiño da normalidade no que os homes de Pepucho tiñan o partido controlado sen pasar apuros e así chegábase ó descanso con 0-0 no marcador. No segundo tempo, cando transcurría o minuto 20 o colexiado empeza o seu recital e expulsa a Piti por decirlle "que pitas" 2 veces, amonestándoo en 3 segundos con 2 tarxetas amarelas e desquiciando por completo ó conxunto da Ponte do Porto. Pouco tempo despois marcaría o Fisterra o que a postre sería o único gol do partido, pero o colexiado tomaría unha decisión que ata deixou perplexo ó propio público local, pois estaba Juan o Vello dentro da área máis preto da área pequena que da grande cando lle fan un penalti clarísimo e o colexiado sinala falta dende fora da área. Un colexiado moi noviño ao que lle pudo a presión de pitar en Fisterra e que non debería de estar en segunda rexional e si cos xuveniles. Para colmo ó final do partido escribe na acta que un xogador do Porteño o amenazou co cal chegará a conseguinte sanción que mermará aínda máis ó equipo de Pepucho que xa de por si conta con moitas baixas. Esperemos que pare esta persecución arbitral que está a levar a cabo o estamento arbitral contra o Porteño e que polo menos respeten a un club con moita historia.

Un saudo a tod@s @s usuari@s> de CAMARINAS.EU, a web orixinal e de ideas propias


Comentarios   

jose de marta
0 # jose de marta 06/01/2010 23:29
Espero que podas xogar xa o domingo juanillo,muita suerte e veras que alogo colledes o depor.Sodes mellores.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
0 # diegoalfr 07/01/2010 12:00
Ánimo Juanillo!! a cuidarse e recuperarse pronto dese golpe. un saludo compañeiro!
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 07/01/2010 12:22
Non pasa nada JUANILLO, que índa queda moita liga por diante.Ante as inxusticias, ún crecese máis,pero doen, e no fútbol,ganan ou perden quenes decian os árbitros;triste pero real.
Unha aperta
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 07/01/2010 14:55
Estimado primo......unha persona luchadora,con coraje,calidad e personalidad dentro e fora dun campo de fútbol como TI,non hai obstáculo que o pare,polo menos mentres o corpo resista...Deséo che unha pronta e boa recuperación que é o máis importante....p olo resto,os árbritos,sabes mellor ca min que por ahi,polo norte,están as escolas deles entre outras e sempre terán que facer das súas e vérselle o plumero...deber ian ser como os demáis mortales,si fallan estrepitosament e,,castijo,,per o non é asi...hai un silencio absoluto no q rodea a árbritos e Federación incluida...Mafi a en estado puro....pero q a ilusión e o bo facer teu siga siempre o seu curso...Mago de Corea......Que se recuperen esas costillas e a sejir dando jerra......
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 07/01/2010 21:33
Juanillo,espero que te recuperes e que empeses a xojar pronto.
Responder | Denunciar ante o administrador