3.8703703703704 1 1 1 1 1 Rating 3.87 (54 Votes)

Lucha libre en As Somozas

A calidade innata de Juanillo sen dúbidas axudou a levar ao Cerceda ata o liderato da Terceira División
A calidade innata de Juanillo sen dúbidas axudou a levar ao Cerceda ata o liderato da Terceira División

Chegaba o Cerceda de Juanillo este domingo a xogar un partido de fútbol ás Somozas (onde queira que se encontren) pero atopouse metido de cheo nun combate de lucha libre robótica extrema que fixo que un dos seus xogadores acabara no hospital, outros dous sin dentes e con dous máis expulsados...por protestar.  Lamentable nivel o dunhas arbitraxes ás que estamos asistindo por estes campos galegos de Deus que xa máis que para chorar dan para reír. Por outro lado o Mago de Corea analiza a victoria solvente do Camariñas diante do Lira e a inexplicable derrota ante o Malpica dun Porteño que mandou ata catro balóns aos postes e que vío como no último minuto lle metían o 1 a 2 definitivo. Non están a ser xustos os Deuses do fútbol co espectacular traballo desenrolado por Pepucho no histórico conxunto da Ponte do Porto.

SOMOZAS 2-3 CERCEDA


Partido moi bronco o que disputamos onte en As Somozas diante dun rival que xogou ó límite do reglmaento e feito delo é que Antonio, compañeiro meu, acabou no hospital posto que lle reventaron o labio e tanto César Otero como Aitor, outros dous compañeiros, acabaron con un dente menos na boca tras recibir sendos codazos. Pero o Somozas acabou con 11 homes, e nós que non demos unha patada acabamos con 9 xogadores por protestar agresións de xogadores contrarios. Así están os árbitros nestes momentos, castigan máis unha simple protesta que un codazo ou puñetazo no rostro.
Gañamos por 2 goles a 3 un encontro que chegamos ó descanso perdendo por 1-0, nun campo que a Federación Galega de Fútbol tiña que prohibir posto que de ancho non chega as dimensións mínimas reglamentarias. Xa no segundo tempo e despois de que o mister Moure nos apretara as clavixas no descanso, salimos a por todas e non tardaríamos en empatar o partido por mediación de Franqueira. Despois dun libre directo dende fora da área, César Otero conseguía o 1-2 e sería como non, o noso goleador Felipe (leva 14 tantos esta tempada) o que acadaría o 1-3.
Tíñamos o partido controlado cando o árbitro expúlsanos a Óscar e pouco despois pítanos un penalti en contra que xa non quero nin mencionar, os cámaras da Televisión Galega no resumo que fai tódolos domingos dos partidos de terceira División deixan en evidencia a un colexiado que non debería de estar pitando na Terceira División e si na Terceira Rexional co cal o Somozas acorta distancias faltando 15 minutos para o final.
Expulsaríanos a Felipe momentos despois, quedando con só 8 xogadores de campo e pese a todo conseguimos manter o marcador e gañar un partido que nos sirve para continuar de líderes empatando co Depor B a puntos.
Semana de descanso, pois este domingo non hai liga e recibiremos o 3 de xaneiro ó Ordes, nun derbi que en terras cercedenses está esperando todo o mundo.

CAMARIÑAS 3-0 LIRA


Partido que os homes de Papi a pesar das baixas de Moriño, David, Dela e Iago entre outros, conseguiron acadar 3 puntos ante un rival, o Lira, que veu ó campo Hermanas Patiño a encerrarse e a intentar non levar moitos goles.
Dinos Papi que temía que neste tipo de partidos os seus homes se relaxaran pero non foi así, e dándolle paso a homes que non viñan contando habitualmente como é o caso de David do Correo, Tedín ou mesmo Rubén que debutou na portería local, conseguíose gañar un partido por 3-0 e que poideron ser algún gol máis se non o chegan a evitar os paus da portería.
Os goles camariñáns foron obra de Nico 1-0 resultado co que se chegaría ó descanso e xa no segundo tempo, David do Correo por 2 veces conseguiría o 2-0 e o 3-0 final.
Non descansarán os homes de Papi, posto que o próximo domingo xogarán en Sofán o partido que teñen pendente e que de gañalo colocará ó Camariñas a tan só 1 punto do líder o Zas que onte non fallou.

PORTEÑO 1-2 MALPICA


Din que en Galicia hai meigas e ten que ser verdade, sobre todo na Ponte do Porto e máis concretamente no campo de fútbol da Grixa. Hasta 4 tiros os postes tiraron os homes de Pepucho que según nos conta, poucas veces por decir que case nunca veu que a pelotiña en vez de ir ó fondo das mallas fose acabar pegando nos paus.
Moi mala sorte a que tuveron os home de Pepucho posto que de entrar só unha cuarta parte das ocasións que tiveron por mediación de  Robertito, Michel, Varela, Juan o vello, Manuel..... o resultado hubera sido ben distinto.
Cabe señalar que aínda para colmo dos colmos, o Porteño adiantaríase no minuto 75 por mediación de Valeiro pero na seguinte xogada do partido nunha falta lateral que saca o Malpica e que non chega a tocar ninguén a pelota entraba ma meta local. Sería no minuto 90, cando o Malpica conseguía o gol da victoría deixando ó equipo local con cara atónita ante o que estaba a pasar.
Non está sendo o fútbol xusto co equipo de Pepucho, pois merecía estar moito máis arriba na táboa clasificatoria por xogo e por ocasións. Esperemos que este ano novo a sorte cambie e esté máis do lado do conxunto Porteño. O seguinte partido do Porteño será o próximo 3 de xaneiro onde visitarán ó Fisterra.

P.D. Queremos desexarlles a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU un BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!!!!!!

 

Engadir un comentario