Cando os titáns chocaron

O Expert Ameal non pudo superar ao Bar A Moleda no maior duelo de veteranos visto ata agora nesta liga
O Expert Ameal non pudo superar ao Bar A Moleda no maior duelo de veteranos visto ata agora nesta liga

"When Titans Clashed", cando os titáns chocaron, era un ensaio histórico escrito por David M. Glantz que analizaba o frente do Leste de Europa na II Guerra Mundial a través do choque entre os dous maiores colosos bélicos da historia: a Alemania de Hitler e a Unión Soviética de Stalin, o home máis bo e xeneroso de tódolos tempos segundo  recordaba o periódico comunista italiano L'Humanitá con motivo da súa morte en 1953. Pois  ben, queridos usuarios, algo parecido aconteceu este domingo no Pabellón do Areal cando se enfrentaron  o Bodegón A Moleda e o Expert Ameal, os dous líderes intratables da Primeira, Única e Auténtica Liga de Veteranos, nun combate sin cuartel do que ao final resultaron vencedores os de Buría cun Nando en plan xeneral en xefe que comandou as súas huestes cara a unha victoria decisiva que despexa o camiño dos buriáns cara ao Olimpo (futbolístico) dos Deuses.

Fai a súa aparición a primeira tarxeta amarela

Na xornada do 29 novembro, en concreto da quinta andanza de esta liga de veteranos sucedío algo que esperabamos con expectación desde que alá polo un de novembro comenzara a andaina de esta competición chamada por aljúns liga das potas vellas, a causa de tanta espera era nada máis e nada menos que a solución á duda e a tantas apuestas en corrilllos de malecóns de saber si era certo que o colegiado de esta liga tiña ou non tarxetas no seu peto, e si aljún día se atrevería a enseñalas sin pudor e medo aljún… Pois na quinta xornada, no tercer partido no que se enfrentaba o Victoria co Puerto Arnela, no minuto desaseis e trinta segundos do segundo tempo, na esquina de corner da grada sur do pabellón municipal do Areal sucedío o que nunca pensaron de ver estos ollos: nunha xogada na que o defensa extracomunitario Zacarías do Bar Victoria cubría un balón sin aparente peligro pa meta do arquero Molina entrou pola espalda o delantero do Arnela Jamela dándolle un pequeño empujón co corpo sin consecuencia aljuha pa a salud do defensor. Unha xogada sin relevancia de ninjún tipo, unha xogada como calquera si non fora que en ese momento o colegiado sacou de seu peto dereito, como conexo de unha chistera, unha cartulina amarilla, que foi a primeira tarxeta de esta histórica liga de veteranos, polo tanto o mérito e honor de pasar aos anales da historia como o primeiro en ver unha tarxeta recaeu sobre o pobre de Jamela, o cal pode presumir de ver o primeiro cabreo do colegiado máis famoso e comprometido ca causa de toda costa gallega e caribeña.

CRÓNICA DA QUINTA XORNADA LIGUERA

O partido estrella esperabase con ansiedade para ver aos primeiros da tabla, o Moleda – Ameal, pero o partido levouno con suma facilidad a Moleda da man de Nando que volvío a ser xunto con Jamela o mellor xogador da xornada. No segundo  partido, os Boliños sucumbiron diante do Punta Capelo que se arraiga aos puestos UEFA e que deixa aos Boliños fora de Champions. O Puerto Arnela ganoulle ao Bar Victoria e acércaselle pola popa, e finalmente o Carpintería Alberto ganou o seu primer partido nun vibrante duelo de colistas, no que decidio un gol no último minuto e en propia porta de un Lago Lin combativo e luchador que baixa na táboa de clasificación ao último puesto. Pechacancelas, que din na Televisión Jalleja.

RESULTADOS

Expert Ameal - Bar moleda 2-8
Os Boliños - Punta Capelo 1-3
Bar Victoria - Puerto Arnela 3-9
Lago lin - Carpinteria Alberto 3-4

CLASIFICACION

BAR A MOLEDA - 15
EXPERT AMEAL - 12
PUNTA CAPELO - 10
PUERTO ARNELA - 9
OS BOLIÑOS - 6
BAR VICTORIA - 4
CARP.ALBERTO - 3
LAGO LIN - 0
 

Engadir un comentario