3.5777777777778 1 1 1 1 1 Rating 3.58 (45 Votes)

Veteranos Camariñas vs. Veteranos Cartagena

Un gran montón de achacosas rodillas veranse frente a frente este sábado gracias a Juanillo
Un gran montón de achacosas rodillas veranse frente a frente este sábado gracias a Juanillo

Unha apisonadora futbolística de primeira magnitude. En eso se está a convertir o C.C.D. Cerceda da man de Juan Cabrejo, Juanillo, o redactor en xefe da redacción de deportes de camarinas.eu, que este domingo nun ártico Estadio de Roxos pasou por enriba do Verín endosándolle unha goleada de seis goles. Polo demáis, novo empate do Porteño e nova suspensión polas malas condicións climatolóxicas do encontro que tiña que disputar o Camariñas contra o Sofán. Todo elo á espera do encontro que, tal e como adiantara en exclusiva camarinas.eu, disputarán este sábado as 11:00 no Estadio Hermanas Patiño os veteranos do Camariñas contar os veteranos do Cartagena. ¿Serán as nosas viejas glorias capaces de realizar a machada?

Image

CERCEDA 6-0 VERÍN

Partido no que se demostra a situación na tabla clasificatoria dun equipo e de outro. Comenzou o partido e pronto nos poñeríamos por diante no marcador a través dun gol conseguido por Louro e que nos serviria para afrontar o que restaba de partido con moita tranquilidade, porque ante un equipo que se encerra cerca da súa área o mellor é conseguir un gol pronto para desarticular todo o seu entramado defensivo. Antes de  que rematara o primeiro tempo, conseguimos 2 goles mais, por mediación de Louro e de Xaco, chegando así ó descanso do partido que nos veu moi ben para cambiar de roupa, pois entre o frio que facia e a chuvia que caeu tíñamos os pes conxelados.

No segundo tempo continuaría a tónica do primeiro tempo, dominio absoluto noso e deste xeito conseguiríamos 3 goles mais por mediación novamente de Louro que desta maneira faría o seu hat-trick e como non podía ser menos do noso goleador Felipe,que conseguiría 2 tantos máis para rematar o encontro con ese resultado final de 6-0. 3 puntos que nos veñen moi ben para seguir de preto ó líder, o Deportivo B que se verá beneficiado polo abandono da competición do Ciudad de Santiago (equipo que non voltará a competir máis, abandonaron porque non cobraron nin un peso) de maneira que se anularán tódolos resultados de tódolos equipos que se enfrentaron a éles e como o Depor B empatou, tan só lles quitan un punto e como nós entre outros gañamos pois quítannos 3 puntos, o que fai que quedemos segundos na tabla clasificatoria a 3 puntos do líder, o Deportivo B.
O xoves iremos ata Zamora para enfrentarnos o Villaralbo no partido de volta da Copa Federación, no partido de ida gañábamos por 2 goles a 1 e esperemos nos sirva esa ventaxa. Haberá parón ligueiro na terceira división o vindeiro fin de semana e voltará a competición o próximo domingo día 13 de decembro donde xogaremos en Ourense diante do equipo local.

PORTEÑO 2-2 MONTE LOURO

Voltaron os homes de Pepucho a fallar moitísimas ocasións e volveron a pagar cara esa falta de puntería. Dinos o preparador Camariñán do Porteño que o seu equipo saleu ben ó campo, e nunha desafortunada xogada debido ó mal estado do terreo de xogo o equipo visitante, o Monte Louro adiantaríase no marcador.

Empataría para o Porteño pouco tempo despois Juan o Vello, nunha expléndida vaselina acadondo o 1-1, hai que decir deste gran xogador que está realizando unha tempada impresionante e aparte de ser un dos mellores homes do seu equipo (para min o mellor) tamén é un dos mellores xogadores da liga da costa. Antes do descanso adiantaríanse no marcador os homes de Pepucho por mediación de Roberto colocando desta forma o 2-1 no marcador.
Chegaríase con ese resultado ó descanso, pero ben puido ser máis amplio si Varela e Robertito atinaran nas ocasións claras que tiveron. No segundo tempo empataría o Monte Louro colocando o definitivo 2-2 no marcador, resultado que non reflexa o que aconteceu no terreo de xogo, pois Michel non tivo o seu dia e fallou clarísimas ocasións. Empate do Porteño despois de 2 victorias consecutivas que lle sirve ó club da Ponte do Porto para seguir escalando postos na tabla clasificatoria.

SOFÁN-CAMARIÑAS

Novamente se suspende o partido do Camariñas polo mal estado do terreo de xogo do conxunto do Sofán, cousa que aproveitou o adestrador do Camariñas, PAPI, para ver no campo da grixa o Porteño-Lonte Louro. Terá que aproveitar o Camariñas eses 2 partidos aplazados para intentar achegarse ó lider, o Zas que perdeu na súa casa diante do Xallas.

Un saudo a tod@s usuari@s de CAMARINAS.EU

PD- O sábado, no campo hermanas Patiño as 11.30 da mañán, xogarase o partido de fútbol entre os Veteranos do Camariñas e os Veteranos do Cartagena, é gratis. ESTADES TODOS INVITADOS!!!!

 

Comentarios   

samsam
0 # samsam 01/12/2009 11:45
pepeluuuuuuuuuu uuuuuuuuuuuuuu. fas majas e o carallo
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 01/12/2009 21:31
Mago de corea eres único,suerte e que marquedes joles sin parar.
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 01/12/2009 23:15
No partido dos veteranos falta a figura juanillo jajaja,xa sabes quen e non?Non hay quen vos pare e o carallo seguide asi.
Responder | Denunciar ante o administrador
Puertollanero
0 # Puertollanero 03/12/2009 17:57
No sé si sabéis que el Mago de Corea tiene su canción en tono de chirigota, compuesta por Julián Ángel Vergel, alias Capote. Está en la página de la peña para todo aquél que quiera verla. Me consta que hay quien la tiene grabada, verdad Juanillo?.

saludos a todos desde Cartagena.

PD. Juanillo, a ver si haces la crónica de tu paso por Cartagena en Noviembre.
Responder | Denunciar ante o administrador