3.8387096774194 1 1 1 1 1 Rating 3.84 (31 Votes)

Este domingo partido contra un rival directo

O Balonmán Femenino Camariñas desplázase ata a fornteira con Portugal para xogar o seu próximo partido
O Balonmán Femenino Camariñas desplázase ata a fornteira con Portugal para xogar o seu próximo partido

Volve o Balonmán Femenino Encaixe de Camariñas ao Sur, volve ao terreno das súas últimas desdichas deportivas. Nesta ocasión o encontro que en Tui, a carón da fronteira portuguesa disputen as féminas camariñanas a partires das 12 e media da mañán será frente a un rival directo que empata a puntos na clasificación co equipo da Vila dos Encaixes.  Polo tanto esperemos que as nosas sexan capaces de superar a súa maldición sureña particular e volvan para a casa cun triunfo que contribúa a afianzar a súa posición na táboa clasificatoria. Partido cuia xornada previa é analizada polo muido na nota de prensa enviada polo clube balonmanístico camariñán.

O BM Femenino Encaixe-Camariñas visita ao BM. Tui

O Balonmán Feiminino Encaixe-Camariñas afronta a novena xornada da Primeira Autonómica Feminina medindose a domicilio ao BM. Tui, o encontro xogarase no Novo Pavillón de Tui o domingo ás 12:30 horas, os colexiados serán Andrés Rosendo e Águeda Bravo.
 
O Balonmán Feiminino Encaixe-Camariñas terá a oportunidade de puntuar na cancha dun dos seus rivais directos, xa que actualmente os dous equipos teñen a mesma puntuación, un dato a ter en conta é que as camariñanas xogaron dous partidos menos no que vai de liga, polo tanto augúrase un partido moi reñido e disputado.
 
As palilleiras chegan ao encontro despois dunha semana de descanso polo aprazamaneto do partido contra o Porriño; Bruno López, entrenador do Encaixe : “ non estamos a ter a continuidade que precisamos na competición, tivemos varios aparazamentos e unha xornada de descanso, ísto non nos beneficia para nada, ademáis o domingo pola mañá esperanos o desprazamento máis longo da tempada; de todos modos estou seguro de que o equipo vai responder positivamente e imos saír a por todas en Tui, poremos todo da nosa parte para que os dous puntos veñan para Camariñas; somos conscientes de que o rival máis complicado que temos na categoría somos nós mesmas, o domingo temos que saír con ambición e gañas para
acadar algo positivo ”.
 
As camariñanas contarán coa xa sabida baixa de Ana e a de Moni, que por motivos laborais non poderá desprazarse co resto do equipo, tamén é dúbida a participación no choque de Laura que segue con problemas no ombreiro, na convocatoria figuran: Sara –porteira-, Cris, Laura, Berta , Juana e Adriana – primeiras liñas- e Karina, Sheila, Aida , Alicia e Fátima – segundas liñas-.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.