3.9411764705882 1 1 1 1 1 Rating 3.94 (68 Votes)

Un golazo de Juanillo convirte ao Cerceda en líder

Ao igaul que o día que nacera, o oitavo cumpreanos da súa filla Sofía, trúxolle a Juanillo un gol baixo o brazo
Ao igaul que o día que nacera, o oitavo cumpreanos da súa filla Sofía, trúxolle a Juanillo un gol baixo o brazo

O talento e a clase dun futbolista demóstranse nos partidos clave, aqueles que poden chegar a agarrotar as pernas (e as ideas) do xogador máis pintado. Partidos nos que está en xogo o liderato dunha categoría tendo como rival á futuras promesas que nun día non moi lonxano xogarán en equipos de 1ª División  e disputarán encontros de competición internacional  que serán retransmitidos aos cinco continentes. É nesa clase de partidos  cando un home acostumado a decidir duelos de todo tipo crécese e chega a marcar goles que levan ao seu equipo directo cara ó liderato. Ese home só pode ser Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o Mago e Corea, e quen queira ler as súas crónicas só poderá facelo en camarinas.eu. Porque este é o seu fogar.

CERCEDA 1-0 DEPORTIVO B

Partidazo por todo o alto a deste pasado sábado que nos enfrentaba ó líder, o Deportivo B en Cerceda no campo do Roxo. A mellor entrada da tempada con máis de 600 aficionados nas gradas e decir que o partido non os defraudou. Fomos mellores que o Deportivo B durante os 90 minutos e a victoria foi xusta e merecida, pero hai que decir que estes rapaces do Depor B teñen moi bo equipo e van a estar pelexando xunto a nós e 3 ou 4 equipos máis por conseguir entrar en postos de liguilla de ascenso ao final de temporada.

Partido no que durante o primeiro tempo dispuxemos de varias ocasións para marcar, por mediación dun Kelvin que fixo todo un partidazo a pesar de non conseguir premio con ningún gol. Tamén Fran Castaño nun libre indirecto dentro da área estivo a piques de marcar, pero chegamos ó descanso con 0-0 no marcador. No segundo tempo continuaría a tónica do partido, dominio noso pero o Depor intentou crearnos perigo con disparos lonxanos, pero Rafa estivo moi ben. Xaco estivo a piques de abrir o marcador pero non tivo sorte, tamén Rodri cun disparo lonxano, e o que son as cousa no minuto 77 recibín un pase de Rodri tirei a porta e sorte, moita sorte a que tuven para conseguir o ansiado 1-0 que á postre valeríanos para conseguir os 3 puntos e o liderato. Xa é raro que eu meta goles pero de vez en cando pasa e que llo adiquei a miña filla Sofía que cumplia 8 anos e que me trouxo moita sorte.

Para a semana visitamos Ponteareas para enfrentarnos ó Cultural de Areas, un partido que non poderei xogar posto que teño que cumplir un partido de sanción por cumplir un ciclo de 5 amarillas (as últimas 3 foron buscadas adrede posto que marcho para Cartagena o sábado e non podería xogar de ningunha maneira). Esperemos gañar e seguir co liderato.

PORTEÑO 5-3 BAIO

Importantes 3 puntos os conseguidos polo Porteño de Pepucho este domingo pasado ante o Baio que entrena o camariñán Tono do Atlántico que lle sirven para romper o racha negativa de resultados que non de xogo e ocasións que creaba e subir uns postos na táboa clasificatoria. Partido no que o Porteño foi superior sobre todo nos primeiros 45 minutos pero que pasaría algún apuro nos últimos 15 minutos. Robertito conseguía o 1-0 no minuto 15, sería Varela no minuto 38 o que acadaría o 2-0 ca mala fortuna que na mesma xogada por mor dun golpe no hombro tería que ser sustituido por Iván, que tan só levaba 5 minutos no campo e conseguía o terceiro gol para o Porteño.

Dinos Pepucho, que o seu equipo foi o claro dominador do encontro nestes 45 minutos como reflexa o resultado. Xa no segundo tempo novamente Iván no minuto 50 metía o 4-0 para o Porteño que parecía deixar sentenciado o partido si xa non o estaba. Marcaría Guillermo para o Baio colocando o 4-1 pero novamente Iván no minuto 58 lograba o quinto para o equipo da Ponte do Porto e o seu terceiro gol particular conseguindo un hat-trick de moito mérito. A partir de ahí o equipo de Pepucho relaxouse e o Baio por medición de Guillermo e Alberto colocarían o 5-3 e incluso durante os últimos 10 minutos dinos Pepucho que o seu equipo pasou algún apuro polos continuos ataques dun Baio que intentaba acadar máis goles para lograr un mellor resultado pero que ó final non poido acadar. Cabe destacar a actuación de Juan o Vello, quen a pesar de non conseguir ningún gol foi un dos máis destacados do seu equipo xunto co goleador Iván. A min persoalmente non me extraña, pois coñezo a Juan e é un xogador para estar nunha categoría superior. 3 puntos para o cadro de Pepucho que a vindeira semana, o sábado xogarán contra o Vimianzo. Esperemos que empecen unha boa racha de resultados.

SAN LORENZO -  CAMARIÑAS (aprazado)
Partido aprazado polo mal estado do terreo de xogo do San Lorenzo. O conxunto de PAPI  non xogou este fin de semana pero aproveitou o adestrador muxián do Camariñas para facer un entrenamento o sábado  e non perder o excelente estado de forma no que se atopan.


VETERANOS DO CARTAGENA
O vindeiro 5 de decembro os veteranos de Cartagena visitarán terras camariñanas para enfrontarse ós veteranos do Camariñas o sábado día 5 de decembro as 11 da mañán  no campo Hermanas Patiño. Pasarán uns días en Coruña e o martes 8 de decembro enfrontaranse ós veteranos do Cerceda no Estadio o Roxo. Xogadores da talla de Perico Arango que militou no Valencia moitos anos, Ricardo Ciudad (Alavés, Sevilla, Cartagena....).....e moitos xogadores máis, visitarán a nosa terra e desde camarinas.eu estamos agradecidos e estaremos a súa absoluta disposición.

Un saudo a todol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web das ideas orixinais!!!!!

 

Comentarios   

mantida
0 # mantida 16/11/2009 21:48
Asi me justa Juanillo,fas majas no equipo que estes, e sei que este ano no Cerceda vas a triunfar.
Tamen felisitar o porteño por esa vitoria.
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 16/11/2009 21:51
A magia do balón básase en dominalo,coñece lo e levar as espeldas toda a experiencia vivida con el.....Felicida des por ese gol que para ti sei que é normal pero realmente é moi dificil marcalo xogando na posición que xogas e ante semejantes profesionales,, ,o dito,no teu cerebro hai un balón pe......Cuidate campeón
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 16/11/2009 21:51
Golaso,mamalon, xa podias esperar por min para xogar contra os veteranos do cartagena jajaja.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 17/11/2009 11:29
pois asi juanillo fas majas tamen felicitar atua filla sofia que esta feita unha mosa ben wapa bueno suerte artista sefa eos pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 17/11/2009 12:53
Eu vin nún reportaxe dá TVG ó golazo teu.Tán só uns poucos poden facer o que tí fás: facer MAJAS.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador