3.4210526315789 1 1 1 1 1 Rating 3.42 (38 Votes)

Derrota do Encaixe-Camariñas ante o Lavadores

Nova derrota do Encaixe de Camariñas que seguro lles valerá para aprender dos errores cometidos
Nova derrota do Encaixe de Camariñas que seguro lles valerá para aprender dos errores cometidos

Definitivamente o sur de Galicia non lle senta nada ben ás xogadoras do Encaixe de Camariñas. Serán os seus aires tropicais, o clima máis benigno, a maior potencia industrial ou o afastamento do fogar, pero o caso é que este fin de semana trouxeron na mochila dende Vigo outra pequena tundiña ante un Calfoncal Lavadores que se impuxo con holgura a unhas xogadoras camariñanas ás que lles pasou factura o parón ligueiro da semana pasada e a falta de adestramento, vital nun equipo de recente construcción no que a aclimatación e compenetración entre xogadoras deberá levar o seu tempo. Si aínda sucede esto en equipos futboleiros  con superestrelas que custan 90 millóns de euros e que cotizan a Facenda (ahora xa non) a tipos impositivos muito menores, ¿cómo non ía suceder cun humilde conxuntiño dunha vila perdida alá nos portalóns do Atlántico?

O BALONMÁN FEMININO ENCAIXE-CAMARIÑAS  MOSTROU A SÚA PEOR CARA ANTE O CALFONCAL LAVADORES

O Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas caeu derrotado ante o Calfoncal Lavadores nun pésimo partido das visitantes, por un contundente 30-12. As camariñanas presentáronse en Vigo tras unha difícil semana, xa que non pudieron adestrar ningún día por mor das condicións climatolóxicas, iso sumado a que o equipo estivo afastado da competición durante quince días por esixencia do calendario e un aprazamento, máis ás consabidas baixas de Moni, Ana e Laura (en tarefas ofensivas), desencadenaron no fatal desenlace.

As da Costa da Morte comenzaron ben nos primeiros compases do encontro, pero puco despois, os erros de lanzamento e a pouca verticalidade con respecto á portería contraria remataron pasando factura ás palilleiras, que se vían sorprendidas polos rápidos contragolpes das viguesas. As perdas de balón sen oposición desquiciaron ás visitantes, o cal desencadenou en evidentes problemas defensivos, permitindo boas situacións de lanzamento ás locais; a partir de ahí, o encontro quedou sen historia.

Bruno López, adestrador camariñán: “ xogamos moi mal, sabía que ía ser difícil puntuar e máis despois de non poder adestrar durante toda a semana, pero o do sábado non ten xustificación, teño claro que eu son o principal culpable, pero tamén teño claro que imos saír adiante. Os equipos fanse nas derrotas, e para min, o modo de xestionalas determina o modo de conseguir as victorias, o equipo está ferido pero non morto”.

Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas: Sara, Cris (5), Sheila, Alicia, Fátima (2), Karina, Tati (1), Yessy, Aida (3), Laura, Juana (1) e Adriana.

Calfoncal Lavadores: Estela, Raquel (2), Sheila (1), Cintia (4), Victoria, Andrea (2), Yolanda (3), Vanesa, Yolanda R., Silvia (3), Silvia P. (2), Naír (8), María (5).

Árbitros: Iván Meijide e Alberto Fernández. Non influíron no resultado.

A vindeira semana o Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas recibirá ao líder da categoría : o Balonmán Porriño.


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.