Os veteranos do FC Cartagena homenaxearán a Juanillo cun encontro na súa propia terra
Ao longo da dilatada e turbulenta historia dos clubs profesionais de fútbol solen pasar centenares de xogadores que pronto caen no olvido, sobre todo cando despois de temporadas aciagas esos mesmos clubs entran na élite do fútbol. Pois incluso agora que o FC Cartagena tralo ascenso acadado en xuño de 2009 comanda como líder intratable a 2ª División A española a aficción e os xogadores acórdanse con nostalxia do que foi o mellor lateral esquerdo da historia do equipo albinegro e así segundo nos contan os nosos compañeiros de www.sportcartagena.es o equipo dos veteranos do FC Cartagena ten previsto realizar antes de final de ano unha xira por Galicia que inclúe unha parada obrigatoria no Estadio Hermanas Patiño para xogar un encontro en homenaxe ao redactor en xefe da sección de deportes de camarinas.eu, Juan Manuel Cabrejo Pasantes. Desta forma tamén queren os veteranos cartaxeneros honrar ao pobo de Camariñas polo impresionante apoio demostrado a través da web da súa alma ao Efesé na temporada pasada. En todo caso era algo xusto e necesario. Porque hai persoas que deixan huella.
Paréceme un grandísimo xesto por parte dos Cartaginenses(dise asi?)..Juanillo é unha gran persona,un camariñán dos que dan ejemplo por onde pasan e vese q os seus concidadáns de Cartagena captaron e valoraron moi afectuosamente a gran personalidad do citado....un saúdo Juanillo e demáis citados
Comentarios
Un saudo
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.