4.4347826086957 1 1 1 1 1 Rating 4.43 (69 Votes)

Dúas victorias, unha derrota e un show

A volta á súa terra truxo consigo que Juanillo asumira as máximas responsabilidades en camarinas.eu
A volta á súa terra truxo consigo que Juanillo asumira as máximas responsabilidades en camarinas.eu

Nova xornada futbolística que en camarinas.eu tamizamos baixo a experta mirada do Mago de Corea, redactor en xefe da sección de deportes, que consigue como sempre a colaboración desinteresada na súa sección dos dous adestradores camariñáns Papi e Pepucho. Xornada a deste domingo que vío unha contundente victoria do Cerceda en Negreira, a derrota en Santa Comba dun Porteño mermado polas baixas, pero sobre todo a victoria do Camariñas no clásico da Costa da Morte diante do Fisterra nun encontro que se envenenou a falta de 15 minutos por unha polémica decisión arbitral que fixo incluso necesaria a intervención dunha patrulla da Guardia Civil. Como sempre as únicas do fotos do show montado no Estadio Hermanas Patiño en camarinas.eu. Como sempre, o mellor análise da man de Juanillo.

NEGREIRA 0-3 CERCEDA

Tres puntos moi importantes os que conseguimos onte en Negreira, pois o Deportivo B gañara o sábado o seu partido e non podíamos fallar porque si non íbanse a ir na táboa clasificatoria e desta maneira seguimos a tan só un puntiño deles e visítannos o vindeiro sábado.

Para min,o de onte foi o mellor partido que xogamos fora da casa no que vai de liga,pois desde o primeiro minuto de partido saimos a por todas e sin deixar que o Negreira fixese nada. Volveu a abrir o marcador Xaco, nun extraordinario golpe franco dende a frontal da área (xa van 4 nesta liga, e de tódolos xeitos e colores). Este gol dounos moita tranquilidade e dispuxemos de ocasións para amplialo antes de chegar ó descanso. A nivel defensivo o noso equipo non pasou apuros e todo o equipo defendeu de maravilla.
Xa no segundo tempo seguíamos co dominio pero non conseguíamos o gol da tranquilidade,este chegou cando despois dunha boa xogada colectiva, o balón chegou a Felipe e o máximo goleador do Cerceda (leva co de onte 8 tantos) non fallou.
O partido xa estaba visto para sentencia, pois o Negreira non chegaba a portería nosa e o Cerceda quería máis,e noutra xogada boa do equipo e despois de numerosos rechaces,caeulle o balón a Fran Castaño que cerca da área pequena rival fusilou o meta Nicrariense conseguindo o terceiro e definitivo gol para nós. 3 puntos que fan que desta forma sigamos a tan só 1 do Deportivo B, o actual líder. O vindeiro sábado en Cerceda,partido por todo o alto,pois xogamos contra o Deportivo B e esperemos desvancalos do liderato.

CAMARIÑAS 3-1 FISTERRA

Partido complicado o que tiñan os homes de Papi onte no campo Hermanas Patiño, pois recibían a un Fisterra que estaba en boa racha de resultados. Magníficos 3 puntos que sacou o Camariñas onte para seguir moi de preto ó líder, ó Zas que gañou en Lira con comodidade ó colista.

Dinos o adestrador Camariñán PAPI (teño que agradecerlle a súa colaboración novamente, pois sempre nos atende encantadísimo e de parte recoñecer a magnífica labor que está a facer) que o partido sacouse adiante con moito traballo e sacrificio por parte dos seus homes, pois en frente tiveron un rival moi difícil. Xa no primeiro tempo, o Camariñas consigue o primeiro gol por mediación de Antelo, e minutos despois, Ismael ampliaría a vantaxe para o conxunto da vila dos encaixes conseguindo un 2-0 que daba tranquilidade. Antes do descanso,o Fisterra acortaría distancias no marcador tras un saque de esquina no que o Fisterrán Mané consigue un gol olímpico no que o porteiro camariñán puido facer algo máis pero que non lle hai que reprochar nada,pois outros partidos danos puntos facendo moitas paradas (coméntanos Papi).
Tras o descanso o partido non ten un claro dominador,hasta que PAPI fai un cambio de posición nos seus xogadores e con moi boa visión do que estaba a pasar, coloca ó Muxián David en punta de ataque e éste respóndelle cunha magnífica xogada colocando o 3-1 no marcador.
Faltando 13 minutos, aparece unha xogada que desluciría todo o partido, pois despois dun córner a favor do Camariñas prodúcese unha contra por parte do Fisterra e según palabras do propio PAPI o gol era legal, pero o árbitro anúlao por fora de xogo e móntase "a de Dios", os fisterráns rodean ó árbitro e éste métese nos vestiarios suspendendo o partido.
Ten que chegar a garda civil para que se volte a reanudar, e o árbitro expulsa a 4 xogadores do Fisterra que acaban o partido con 7 homes. Lamentable o que sucedeu, pois é normal que os Fisterráns se enfadaran pero non se pode chegar a extremos que provoquen a suspensión do encontro e esperemos que esto non volte a suceder por parte de ningún equipo da liga da costa. O Camariñas visita ó San Lorenzo o próximo domingo nun partido moi complicado que esperemos saquen adiante os homes de PAPI.

CASTRIZ 3-0 PORTEÑO

Non estaba contento PEPUCHO, o adestrador do Porteño polo resultado acadado en terras de Santa  Comba o sábado pasado. Moitas baixas no conxunto da Ponte do Porto, pois faltaban homes importantes como David Toja, Michel, Varela..... e iso nótouno o equipo de Pepucho

Dinos o adestrador camariñán que o seu equipo saleu ben o campo e que durante o primeiro tempo tiña controlado o partido, hasta que o árbitro do encontro sacouse da manga un penalty que ata sorprendeu ós xogadores do Castriz que o pitara,pois ninguén dos alí presentes sabe porque pitou ese penlty.Para PEPUCHO o árbitro saleu a perxudicar ó seu equipo,pois non se entende de outra forma a sua persecución durante a primeira metade e que acaba como antes mencionábamos sinalando no minuto 45 un penalty que suporía o 1-0 para o Castriz e que a postra acabaría co partido a pesar de que quedaba todo o segundo tempo.
No segundo tempo,hai un posible penalty a Juan o Vello que puido cambiar o resultado,pois si pitou o primeiro,o de Juan o Vello sería un penlty como unha catedral,pero o árbitro seguío as suas e a partir de ahí os xogadores de Pepucho(que tamén lle temos que agradecer e moito a súa colaboración con nós e que está a facer unha boa tempada a pesar de que os resultados non acompañan), descentraríanse e tan só habería un equipo no campo, o Castriz, que conseguiría o segundo e terceiro gol chegando así ´0 3-0 final.
Non estaba contento Pepucho con algún dos seus homes,pois faltaron a súa cita co partido a pesar de se xogar un sábado.Moitas complicacións está a ter Pepucho,pois por uns motivos ou outros,non hai partido no que non lle falle algún xogador e iso estao a notar o Porteño que de seguro vai a empezar a remontar postos na táboa clasificatoria moi pronto.

Un saudo a tódolos usuari@s de CAMARINAS.EU  e ata a semana-

PD- Adiantar que para o ano que ven, haberá un novo equipo, o Xaviña c.f. e tamén falaremos dos seus partidos como debe de ser. Ánimo a tódalas persoas que están a colaborar para sacar o proxecto adiante. Camarinas.eu, a web das ideas orixinais.....non todos fan o mesmo.....
 
{multithumbs}

 

Comentarios   

jose de marta
+1 # jose de marta 10/11/2009 18:18
Vale roncero ,como siempre o maximo jajajajajaja.sa les feo na foto jajajajaja.
Denunciar ante o administrador
Salaño
+1 # Salaño 10/11/2009 22:43
Bueno! unha pena que non vaia nunca ó fútbol! estiveches na miña terriña e eu sen decatarme! bueno bueno, e ademáis viñeches a gañarnos ven eh! se fora o Negreira de hai 3 anos que estivemos en segunda b!

En todo caso, se hai que perder que sexa contra o Cerceda! moita sorte para o que resta de tempada! saúdos!
Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # Beldoña 11/11/2009 16:34
Veña,Juanillo,q ue tí podes.Animo.

Jracias pola dirección que me deches pá concursar coas poesías.Pero,de momento,non estón interesado en concursar máis.Quero publicalas nún libro onde,có teu permiso,tamén aparecerá algunha dás que te adiquei.
Un saudo,amigo
Antonio
Denunciar ante o administrador
Mikel
+1 # Fas majas e puntoMikel 11/11/2009 21:27
esto é o teu artista do balón...saúdos
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.