3.85 1 1 1 1 1 Rating 3.85 (40 Votes)

Victoria axustada nun partido vibrante

Os xogadores, técnicos e directivos do CB Camariñas celebran a victoria ante o Mecalia Atlético Novas
Os xogadores, técnicos e directivos do CB Camariñas celebran a victoria ante o Mecalia Atlético Novas

Aínda baixo o impacto da exclusiva publicada este venres por camarinas.eu, os xogadores do Club Balonmán Camariñas saltaban á pista do Pavillón Municipal de O Areal conscientes do recoñecemento que se facía a importante labor desenrolada polo seu club no ámbito do balonmán galego e non defraudaron: nun vibrante encontro no que tivemos que esperar ata os derradeiros momentos para ver para que lado se decantaba, os camariñáns tiraron de raza para impoñerse aos pontevedreses do Mecalia Atlético Novaspor un axustado 25 a 24, nun encontro no que destacou o cancerbeiro Lalá no día do seu cumpreanos. Pulsa na portada paar ler a crónica e ver as 75 imaxes que retratan á perfección unha nova victoria do Conservas Boya.

Victoria axustada nun partido vibrante

PARTIDO DA MÁXIMA TENSIÓN O DISPUTADO ESTE SÁBADO 7 DE NOVEMBRO NO PABILLON DO AREAL DE CAMARIÑAS ENTRE O CONXUNTO DO CONSERVAS BOYA E O MECALIA ATLETICO NOVAS (PONTEVEDRA). O PARTIDO RESULTOU VIBRANTE DENDE O COMEZO ATA O DERRADEIRO SEGUNDO DE ENCONTRO, RESOLVÉNDOSE CUN APRETADO 25-24 A PROL DOS DA VILA DO ENCAIXE. O ENCONTRO TRANSCURRIO CON ALTERNATIVAS DE AMBOLOS DOUS EQUIPOS E CON VENTAXAS DE DOUS E TRES GOLES A FAVOR DOS CAMARIÑANS. ASÍ, AO DESCANSO CHEGOUSE CUN APRETADO 16-15 A FAVOR DOS LOCAIS. XA NA SEGUNDA METADE CONTINUOU SENDO UN TOMA E DACA ENTRE DOUS RIVALES PARELLOS NA CLASIFICACION E CON OPCIONS DE POÑERSE NA SEGUNDA FASE DA LOITA POLO TITULO. ASÍ CHEGAMOS AOS INSTANTES FINALES, ONDE O CONSERVAS BOYA COMPLICOUSELLE UNHA VICTORIA QUE TIÑA NAS SUAS MANS, DANDOLLE OPCION AO ATLETICO NOVAS DE ACERCARSE A TAN SÓ UN GOL NO MARCADOR E CON CINCO SEGUNDOS PARA PODER EMPATAR. AHI FOI ONDE OS CAMARIÑANS SACARON A RELUCIR TODA A SÚA RAZA E NON  SE DEIXARON EMPATAR.O  MELLOR POR PARTE DO EQUIPO LOCAL FOI O SEU PORTEIRO LALÁ , QUE CELEBROU O SEU CUMPREANOS CUN EXCELENTE PARTIDO. O VINDEIRO ENCONTRO DOS CAMARIÑANS SERA DIANTE DOUTRO RIVAL PARA POÑERSE NA LOITA POLO TITULO: O CARBALLAL DE VIGO.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.