3.4827586206897 1 1 1 1 1 Rating 3.48 (58 Votes)

 Exclusiva camarinas.eu: A Selección galega de balonmán xogará contra Portugal en Camariñas este Nadal

O gran partido entre as seleccións Portuguesa e Galega xogarase este nadal en Camariñas
O gran partido entre as seleccións Portuguesa e Galega xogarase este nadal en Camariñas

Segundo fontes da máxima solvencia ás que tivo acceso camarinas.eu, o xigante xornalístico da Costa Atlántica, este Nadal traerá como regalo anticipado de Reis para o noso Concello a disputa dun encontro entre a Selección Galega de Balonmán e a Selección de Portugal no Pavillón Municipal de Camariñas en data aínda por determinar. Desta forma a Federación Galega de Balonmán recoñece e premia a importante labor desenrolada neste deporte por un Concello como o de Camariñas, cáseque unha illa no sector das Rías Altas, que conta cun equipo punteiro no ámbito galego e cunha das canteiras máis prolíficas de Galicia da que saíron xogadores asiduos á nosa selección autonómica como Víctor Vigo ou Fabián Canosa.  Agora, debemos responder a este recoñecemento que se nos fai como se debe: enchendo ata os topes o Pavillón Municipal e levando en volandas á nosa selección cara unha victoria contundente. Que non se nos vaia a achacar unha hipotética derrota.


Engadir un comentario