4.2 1 1 1 1 1 Rating 4.20 (5 Votes)

C.B. Camariñas 31 - Rasoeiro 32

O xaviñán Felipe foi un dos xogadores máis destacados do encontro contra no Rasoeiro
O xaviñán Felipe foi un dos xogadores máis destacados do encontro contra no Rasoeiro

Nun partido moi igualado (31-32) o Club Balonmán Camariñas deixou a victoria para o Rasoeiro que sigue na Copa. Todos os xogadores do Camariñas fixeron un bo traballo en equipo, pero o máis destacados foi Felipe Santos que cuaxou un gran partido. O seu talento nato para o balonmán estase a demostrar día a día nun campo como o de Camariñas que non está para tirar cohetes..de feito os seus tiros, xunto cos de Fabián (que foi expulsado neste partido) son os únicos cohetes que se tiran en Camariñas a día de hoxe. Para ver a galería especial deste partido PULSA AQUÍ

Actuación destacada tamén a de Alberto "Catalán" que estase a gañar a posición e anima ao resto de xuveniles a traballar para subir ao equipo grande. A semana que ven comeza a liga para o Club Balonmán Camariñas e xa empeza a batalla de verdade. Os vibrantes partidos na Olla a presión que ten que ser o Pavillón Municipal de Camariñas van a ser a tónica desta temporada.
Monchiño tamén estivo, coma sempre, moi loitador
Monchiño tamén estivo, coma sempre, moi loitador

 

Engadir un comentario