A xornada do Mago de Corea

O experto análise do máis grande xogador de tódolos tempos da Costa Atlántica só en camarinas.eu
O experto análise do máis grande xogador de tódolos tempos da Costa Atlántica só en camarinas.eu

Xornada desigual a que analiza o Mago de Corea e que trouxo consigo a victoria fácil dun Cerceda que comandado por Juanillo presenta as súas credenciais para o ascenso á Segunda División B, a derrota inmerecida dun Camariñas que asoballou ao Malpica no seu propio estadio e o empate dun Porteño que non logra transformar o seu dominio territorial en victorias. O redactor en xefe da sección de deportes de camarinas.eu no seu repaso semanal ao acontecido na xornada ligueira ademáis de ofrecer aos nosos lectores en exclusiva os comentarios privilexiados de Papi e Pepucho, os adestradores dos equipos camariñáns, nesta edición conta como firma invitada con Marcos Bestilleiro da RTV CERCEDA que nos da a súa versión da espeluznante lesión sufrida polo meta do Cerceda ao impactar brutalmente cun dianteiro rival. Todo este luxo, só en camarinas.eu.

A Xornada do Mago de Corea

Image 

CERCEDA 3-0 CIUDAD DE SANTIAGO

Partido fácil o que tuvemos onte onde disfrutamos de moitas, moitísimas ocasións de gol para obter un resultado máis abultado. Os goles nosos foron conseguidos por Felipe (en duas ocasións) e Souto. Partido disputado nunha tarde chuviosa e na que o Cerceda saleu o campo ca intención de deixar o partido sentenciado dende os primeiros minutos o que motivou que as ocasións non tardaran en chegar pola nosa parte. Así, nos primeiros 45 minutos ademáis do gol tivemos moitas ocasións por parte miña, de Rodrigo, Xaco, Felipe e Souto, que de ter un pouco máis de fortuna farían que fósemos ó descanso cunha ampla ventaxa e non só cun gol a cero como fomos. O segundo tempo comenzaría igual que o primeiro, con moitas ocasíóns de gol pero fallando moito. Pero finalmente chegaron o 2-0 e o 3-0. Poideron ser moitos máis pois Louro, Noé, Felipe, Kelvin e Souto tiveron ocasións para ampliar o marcador ante un rival, o Ciudad de Santiago, que ainda non cobrou nin un mes e bastante fan os seus  pobres xogadores con saltar ó campo. En definitiva, 3 puntos que nos serven para seguir moi de cerca ó Deportivo B que volveu e gañar e que nos saca 1 punto e que dentro de 15 dias visitará Cerceda para enfrentarse a nós. Para a semana derbi en Negreira, que seguro nos vai a poñer as cousas moi difíciles.

MALPICA 1-0 CAMARIÑAS

Unha frase que resume moi ben o partido disputao polo Camariñas en Malpica, frase que nos decía o seu adestrador PAPI: "cando a pelotiña non quer entrar, non hai nada que faser". Para Papi o seu equipo mereceu moito máis nun encontro no que debido a un erro defensivo na marcaxe a saida dun corner perdeuse o partido. Dinos Papi que a partir dese minuto 16 do primeiro tempo só hubo un equipo no campo, o Camariñas, que foi o dono e señor do balón creándo moitas ocasións pero sen conseguir perforar a porteria rival. Xa no segundo tempo, Papi arriesga e coloca tan só 3 defensas no campo e comenza un acoso total sobre a portería malpicana que fai que o equipo local non saia da súa área e que o Camariñas cree numerosas ocasións de gol pero doña fortuna non estaba de lado do conxunto camariñán. Moitas ocasións pero a pelotiña non quixo entrar. Vaise con bo sabor de boca Papi deste encontro, pois a pesar da derrota o equipo da Vila dos Encaixes sempre dou a cara e mereceu unha mellor sorte. Esperemos que cambie a fortuna no vindeiro partido no que o Camariñas recibe ó Fisterra.

PORTEÑO 1-1 XALLAS

Continúa o Porteño de PEPUCHO sen gañar a pesar de ser mellor co rival. Voltaron a ser superiores os homes de Pepucho nun encontro no que voltaron a fallar numerosas ocasións. Dinos Pepucho que o seu equipo foi mellor co Xallas en tódolos momentos do partido agás nos últimos 15 minutos onde o equipo xalleiro a piques estivo de levarse os 3 puntos do  mítico Campo da Grixa. Para Pepucho o Xallas é un dos 3 mellores equipos da liga e os seus reservas do Xallas para él serían titulares en calquer outro equipo. Adiantaríase o Porteño no minuto 51 por mediación de Varela (gol de semi-volea e ¡¡ca perna dereita!!) pero no minuto 65 empataria o Xallas nunha falta directa donde o porteiro local poido facer algo máis.

Notou o Porteño o escaso acerto de cara gol, pois Juan o Vello en duas ocasións, David Toja, Michel e Valeiro tiveron claras ocasións de gol pero fallaron. E o que é o futbol, tanto perdonar e nos últimos 15 minutos, o Xallas perdonou 2 claras ocasións para levarse os 3 puntos. Merece máis o equipo de Pepucho que por fútbol e ocasións tiña que estar moito máis arriba. Para a semana o Porteño visita ó Castriz, esperemos contarvos unha victoria do conxunto de Pepucho.

PD-Un saudo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web das ideas orixinais.

Comentarios   

mantida
0 # mantida 03/11/2009 21:11
Non me justa o fubol, pero estaremos aqui siempre pa apoyarche Juanillo, como fixemos cando estabas no Cartagena,animo s a ti e os teus compañeiros .
Non sen como hoxe nos tempos que estamos non haxa personas preparadas pa unha emerjensia, que solusionen eso que ca vida de unha persona non se pode xojar.
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 03/11/2009 23:18
Muy boa roncero ,ahora xa traes a gaspart rosety tamen,eso e bo xa que teremos mellores cronicas co SPORT catalan jajajaja,ou eso espero.
Responder | Denunciar ante o administrador