4.1964285714286 1 1 1 1 1 Rating 4.20 (56 Votes)

Goles, barrigas e algún que outro neto

A Primeira e Auténtica Liga de Veteranos arrancou cun considerable éxito de público e participantes
A Primeira e Auténtica Liga de Veteranos arrancou cun considerable éxito de público e participantes

A xornada inaugural da Primeira Liga de Veteranos de Camariñas constituío un espectáculo visual de considerables proporcións e non tanto polo xogo desenrolado como polo impacto estético que supoñía a visión dos esculturais corpos dalgúns dos participantes no torneo. Pénsase xa, a semellanza do célebre trofeo da Cuchara de Pau que premia ao derradeiro clasificado no Torneo das Cinco (agora seis) Nacións de Rugby, en instituir un galardón que recoñezca a xesta do equipo cunha media de sobrepeso dos seus integrantes maior. O outro espéctaculo estético ven constituido polo resume da xornada, que nos remite a organización do torneo e que á semellanza das crónicas taurinas que antaño publicaba o diario ABC eleva a crónica deportiva á categoría de estilo literario. Para gozar de todo elo, o arte narrativo do cronista e o espectáculo visual inigualable de corpos atléticos en movemento, pulsa na imaxe.

Crónica da Xornada Inaugural

Non se vío un futbol de tiki-taka na xornada de apertura da 1º e auténtica Liga de Veteranos de Camariñas e arredores, tampouco se viron xogadas de galería como para grabalas e poñelas en youtube pa regocijo dos incondicionales fans domingueros. O único que se vío foron muitas janas de pasar as tardes tediosas dos domingos practicando o sano deporte do fútbol entre amijos e veciños, e muitas pernas blancas, barrijas, calambres, sudor e lágrimas por querer e non poder. Na grada mulleres, amijos, fillos e incluso aljún neto dos participantes
Aljunha que outra vieja gloria da historia do fútbol camariñán tamén se deixou ver na verde pista do pabellón. Así, citamos a un rejuvenecido Pepe de Fela, a un clásico Nando ou o elegante xogo de Javi do Catalán. Como xogador destacado da jornada de apertura sinalamos a Tono do equipo dos Boliños, pois na primeira parte debutou como porteiro salindo imbatido da portería norte do pabellón. Xa no segundo tempo xogou como ala subindo ao seu casillero particular dous goles de luchador de área tipo Salinas, capaz do mellor e do peor cerca do arquero contrario. Os resultados de momento non dan claros favoritos na candidatura ao titulo. Resultados:

Punta Capelo 1 - Expert Ameal 2
Bar Victoria 2 - Bar a Moleda 12
 Os Boliños 10 - Lago Lin 2
Puerto Arnela 4 - Carpintería Alberto 1

CLASIFICACIÓN
1 - BAR A MOLEDA: 3
2 - OS BOLIÑOS: 3
3 - HOTEL P.ARNELA: 3
4 - EXPERT AMEAL: 3
5 - PUNTA CAPELO: 0
6 - CARP.ALBERTO: 0
7 - LAGO-LIN: 0
8 - BAR VICTORIA: 0

Comentarios   

jose de marta
0 # jose de marta 02/11/2009 22:08
E unha cousa muy boa para pasar os domingos e de paso faser deporte e como ten que ser,si señor.
Responder | Denunciar ante o administrador
labordeta
0 # labordeta 03/11/2009 17:26
miña nai querida, pablo caracol e manuel de lin ca camiseta do barsa estes dous tolearon, que non e a camiseta a que gana que son os xogadores jajaja. asi me gusta a queimar os cubalibres.
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # zhúkov 03/11/2009 18:18
Efectivamente, Labordeta: o mismo pensei cando cheguei este domingo ao Pabellón Municipal e vin semejante cuadro. Realmente, teño que admitir que me caío a alma aos pes. Pero despois este home recapacitou, toda aquela enajenación mental transitoria pasou, enfundouse a glorioso entorchado blanco, colocou por riba un peto naranxa (foto 10) e entón si: entón si que o concurrido graderío o vío destilar as posiblemente últimas gotas de sabiduría futbolística que ainda posúen os seus talentosos borceguíes, jajajjj... Mira que poñer a camiseta do Barça, bueno en esta vida non se pode asegurar nada, pero eu creo que terían que matarme antes, jajaj...
Responder | Denunciar ante o administrador