- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 27 Outubro 2009 27 Outubro 2009
O mellor análisis da xornada en camarinas.eu

O Cerceda de Juanillo logrou un valioso empate nun díficil campo ante un vello clásico da Terceira División
As duras obrigas laborais impediron ao redactor en xefe da sección de deportes de camarinas.eu estar presente no seu querido Estadio Hermanas Patiño este domingo 25 de outubro para presenciar o tan apaixoante duelo entre o Camariñas e o Porteño porque a esa mesma hora o Cerceda de Juanillo desputaba un vital encontro en Cangas do Morrazo nun estadio ateigado (700 xiareiros) diante do Alondras, un clásico da Terceira División galega. Con todo o mellor xogador da historia da Costa da Morte cóntanos no seu experto análise do acontecido na última xornada de liga as principais conclusións ás que chegaron os dous máximos estrategas do clásico, Pepucho e Papi, tras un partido que por méritos propios xa pasou á historia dos derbys. Como sempre o mellor análise da xornada de liga narrado por Juan Manuel Cabrejo Pasantes. Só en camarinas.eu.
ALONDRAS 0-O CERCEDA
Partido moi complicado o que disputamos o pasado domingo en Cangas frente ó Alondras, un equipo moi agresivo e que sempre xogou ó límite. Foi un primer tempo para cada equipo, o primeiro foi de dominio do conxunto local que tivo máis posesión de balón e non nos deixou respirar facendo unha presión axfisiante sobre o noso equipo, que só lles creábamos perigo nas xogadas a balón parado. De todas formas non nos crearon moito perigo e tan só dispuxeron dunha ocasión clara que por sorte para nós non conseguiron materializar. O segundo tempo xa tivo outra cor, tivemos máis posesión de balón e o Alondras só nos creou algo de perigo a xogadas a balón parado. Foron nos últimos 15 minutos de partido cando tivemos as ocasións máis claras, Souto quedaba diante do porteiro e non conseguío batilo, tamén Rodri e Kelvin dispuxeron de boas ocasións pero non tivemos a sorte de cara e non conseguimos materializar ningunha. A xogada clave do encontro foi un clarísimo penalty cometido sobre o meu compañeiro Souto na que a única persoa que non o veu dentro do campo (había mais de 700 persoas) foi o árbitro que non sinalou nada ante a desesperación de todos nós. Ó final un punto que non nos sirve para manter o liderato, pero que nos vai dar moral para afrontar o próximo encontro que disputaremos o vindeiro domingo en Cerceda ante o Ciudad de Santiago posto que no campo do Alondras poucos equipos van a sacar puntos de alí.
CAMARIÑAS 2-0 PORTEÑO
Partido apasionante o disputado en Camariñas no que se enfretaban 2 equipos do concello nun derbi da segunda rexional que foi do interés de moitísima xente, pois rexistrouse unha gran entrada no campo Hermanas Patiño. Gañou o Camariñas con tantos conseguidos por David e Ismael. Un derbi que tuvo de todo como non podía ser menos, goles, ocasións falladas, expulsión, penaltis, pequenos encontronazos...................e quen mellor que os dous adestradores, PAPI por porte do Camariñas e PEPUCHO por parte do Porteño para contarnos as súas impresións. Para PAPI, o Camariñas salio moi metido no encontro e pronto se adiantou no mesmo con un gol conseguido por David. A partir de ahí o equipo de Papi e según a súa propia opinión desapareceu do campo e foi o Porteño o claro dominador do encontro, pero máis un dominio territorial que outra cousa pois Marcos o porteiro camariñán non pasou por moitos apuros. No segundo tempo prodúcese unha xogada clave: a expulsión do local David, según o seu propio adestrador unha expulsión correcta, o que supuxo que o Camariñas pasase a xogar ó contragolpe, e tivo Brais unha ocasión clarísima para conseguir o segundo gol pero fallou. Tamén dispondría Ismael da mellor ocasión do encontro, pero fallou un penalti que non creou dudas sobre a súa xusticia, e o que son as cousas, despois de que o Porteño perdoase unha clara ocasión o Camariñas na seguimte xogada por mediación de Ismael conseguía o segundo gol que que remataría o partido. Papi non estaba contento ca xogada do segundo gol, pois cree que Ismael foi egoísta e tiña un compañeiro mellor situado para marcar. Pero ao fin e ao cabo estaba contento Papi co resultado do seu equipo, sen embargo non lanza as campanas ó aire, pois dinos que queda moita liga e hai que ter os pes no chan. A semana que ven o Camariñas de Papi xogará en Malpica, esperemos que siga sumando de 3 en 3 para continuar arriba.
PEPUCHO, o adestrador do Porteño, laméntase das moitas ocasións desperdiciadas polo Porteño tanto no primer tempo como no segundo. Notouse a falta dun dos seus mellores homes senón o mellor, Juan o Vello, que non pudo xogar por estar sancionado. Esto notouno o equipo de Pepucho que recorda como despois do 1-0 para o Camariñas o seu equipo dispuxo de innumerables ocasións para empatar, pero Robertito, Iago e David Toja non foron quenes de acertar diante da portería defendida por Marcos. Pepucho tamén veu moi clara a expulsión do xogador local David, e sigue insistindo en que no segundo tempo tiveron unha das ocasións máis claras do partido, pero non conseguiron acadar gol e na seguinte xogada, tras un erro de Manuel, o Camariñas conseguía o segundo gol e acabaría cas esperanzas do Porteño de empatar o encontro. Está contento Pepucho co fútbol realizado polo seu equipo, pero lamenta a falta de puntería dos seus xogadores non só neste partido, senón tamén en partidos anteriores. Esperemos que acabe ca mala racha ante o gol o Porteño e que no próximo partido no que reciben ó Xallas no seu Campo da Grixa podan conseguir 3 puntos que lle fagan subir ós homes de Pepucho algunhas posicións na táboa clasificatoria.
Un saudo a tódolos usuarios e usuarias de Camariñas.eu e hasta a próxima
Comentarios
Un saludo desde la Peña O mago de Corea de Cartagena a todos los usuarios de Camariñas eu...especialme nte a Diego y Zhukov.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.