3.75 1 1 1 1 1 Rating 3.75 (48 Votes)

A auténtica liga das Viejas Glorias

As viejas leyendas do fútbol camariñán están ante a última oportunidade de demostrar a súa valía
As viejas leyendas do fútbol camariñán están ante a última oportunidade de demostrar a súa valía

Primeiro foi a liga norteamericana dos anos 70 liderada polo Cosmos de Pelé, Cruyff ou Beckenbauer, viejas glorias todos; despois foi o Xapón de principios da década dos 90 creando unha liga que constituía un auténtico cemiterio de elefantes (Zico, Julio Salinas...) e finalmente un torneo mexicano que logrou aglutinar no Atlético Celaya a uns mui vidos a menos Michel, Hugo Sánchez e Butragueño ("El Caballero de la Cancha"). Pois ben, todo o anterior non será nada comparado ca 1ª Liga de Fútbol-Sala de Veteranos de Camariñas, que terá lugar no Pavillón Municipal os domingos á tarde nun torneo regular de ida e volta que empezará o próximo día 1 de novembro.

Nestes momentos xa están inscritos os equipos de Punta Capelo de Santa Mariña, Os Boliños, Hotel Puerto Arnela, Café Bar Victoria, Bar A Moleda, Lago Lin, Expert Ameal e Carpintería Alberto. Si algún equipo máis está interesado en participar pode facelo chamando ao teléfono 610972577 (Juan). As condicións son que os xogadores deben de ter máis de 30 anos excepto un por equipo que pode ser menor de esta idade e en ningún caso calquera dos xogadores pode participar noutra competición sexa do deporte que sexa. A directiva do torneo está composta por Juan José González Soto, José Alfredo Rodríguez e José Manuel Castro. O tema de arbitraxe será conta de Suso Lista.


Comentarios   

samsam
0 # samsam 24/10/2009 11:16
si señor xa era hora de que se fixera aljo asi, esperemos que a xente vaia velo.un salodo a todos
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # VIEJAS GLORIASBeldoña 26/10/2009 17:03
Viejas glorias,eramos nós,verdad JUAN JOSÉ ?... cando xojabamos naqueles campos de "patacas" resien cacheadas...E cun balón remendado polo sapateiro,que apenas ajuantaba con aire medio partido.
Pero bueno,para outros son tamén viejas glorias,eínda que sexan doutras épocas máis resientes.
Un cordial saúdo pá todos éles.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador